C. S. A Desviada
cs-adesviada.bsky.social
C. S. A Desviada
@cs-adesviada.bsky.social
Centro Social cuir vigués, con xestión comunitaria e independente, no que a comunidade LGBT+ pode ter un espazo propio e seguro.

Correo: [email protected]

Av. De Fragoso 47
Pinned
Actividades de xullo 🏳️‍🌈🏳️‍⚧️

Temos un mes cheo de actividades diversas para pasalo ben con xente cuir. Anímate a participar!
Achégate este venres 8 de agosto ao Centro Social A Desviada para participar no derradeiro Viño Pinto! Esta actividade artística leva acompañándonos desde que abriron as portas do centro social, pero agora déixanos para dar espazo a outras aventuras creativas.
August 5, 2025 at 4:50 PM
O próximo sábado temos unha nova cea temática! Desta volta viaxamos a Italia, así que prepara o bandullo para os seus manxares

Formulario de inscrición: docs.google.com/forms/d/e/1F...
August 3, 2025 at 2:44 PM
Achégate este luns 28 á asemblea do C. S. A Desviada para participar na toma decisións sobre a xestión do Centro social. Esperámoste!
🗓️ 28-7-2025
🕗 19:00
📍 Av. de Fragoso, 47
July 23, 2025 at 5:57 PM
Reposted by C. S. A Desviada
Asemblea aberta de xullo 📢🏳️‍🌈🏳️‍⚧️

Este domingo reunímonos de novo no @cs-adesviada.bsky.social ás 19h. Achégate!!

📍Avenida Fragoso, 47
July 23, 2025 at 5:48 PM
Reposted by C. S. A Desviada
Este sábado volvemos a investigar outro caso! Achégate e axudanos a resolver os asasinatos que Holmes non acepta. Vémonos no @cs-adesviada.bsky.social !
July 22, 2025 at 2:10 PM
Non tes nin idea de música e gustaríache saber que raio é unha corchea? Tes o ritmo no corpo e queres divertirte un ratiño entre amigues? Tes curiosidade polos novos proxectos musicais do centro social? Pois esta actividade é para ti!
July 17, 2025 at 1:30 PM
Reposted by C. S. A Desviada
Este 23 de xullo viviremos una tarde de xogos e diversión no parque de Castrelos as 19:00. Xogaremos ao fut-ioga e o brilé nunha xornada chea de actividade.
July 16, 2025 at 7:26 PM
NOVO EVENTO: AMIGOTEO
Vén a coñecer xente coma ti, xente queer, co a encantadora Karnä Ekilátera dinamizando! Haberá xogos, picoteo, queeras, música e unha drag! qué mais se pode pedir?
Esperámote o venres 18 de xullo ás 21:00 h no Centro Social.
É unha actividade non mixta, só pode vir xente LGBT+
July 14, 2025 at 2:30 PM
Reposted by C. S. A Desviada
O próximo sábado 19 teremos no @cs-adesviada.bsky.social a nosa cea temática, esta vez centrada na comida Hawaiana. Anímate a compartir connosco os pratos tradicionais do paraiso Hawaiano!!
Anótate na ligazón da bio!
July 12, 2025 at 6:29 PM
Reposted by C. S. A Desviada
Tres horiñas no taller de pintura de camisetas de @avantevigo.bsky.social no @cs-adesviada.bsky.social
July 11, 2025 at 7:51 AM
Reposted by C. S. A Desviada
Volve o obradoiro de escritura creativa! 🖋️
O xoves 17 ás 19:00 reunirémonos no @cs-adesviada.bsky.social para aprender a crear personaxes e liberar a nosa imaxinación en grupo. Non faltes!
July 10, 2025 at 4:27 PM
O luns 15 realizaremos outra xornada de traballo para deseñar a imaxe corporativa do Centro Social. Sabes de deseño? Tes algunha idea sobre como debería ser a imaxe de A Desviada? Achégate a participar!
July 9, 2025 at 2:53 PM
Reposted by C. S. A Desviada
Vén con nós á praia! O domingo 20 ás 16:30 iremos á praia o grupo de Dexenerades! Se queres vir escríbenos e dirémosche o lugar de encontro. Tamén se queres vir máis tarde podes escribirnos para preguntar onde estamos.
É unha actividade non mixta, só poden vir persoas trans e NB 🏳‍⚧💛🤍💜🖤
July 9, 2025 at 12:30 PM
Esta tarde!
Se tes unha camisola á que lle queiras dar un toque, axéndate o 9 de xuño, ás 19:00h, pois quedamos no @cs-adesviada.bsky.social para pintar camisolas. Farémolo principalmente a través de plantillas Stencil e o único que terías que traer é a camisola que queiras pintar. Vémonos aló!
July 9, 2025 at 11:16 AM
A finais deste mes imos reformar parte do local, e toca facer plans. Se es fan de Bricomanía ou simplemente queres axudar, pásate este xoves 10 de xullo ás 17:00 polo Centro Social A Desviada para participar na xornada de traballo. Esperámoste!
July 8, 2025 at 9:28 PM
Reposted by C. S. A Desviada
O próximo sábado día 12 voltamos aos xogos de mesa! Achégate a compartir connosco uns momentos de diversión ao redor dun taboleiro!
July 5, 2025 at 8:49 PM
Reposted by C. S. A Desviada
O próximo sábado 05/07 as 20:00h proxectaremos no @cs-adesviada.bsky.social a película 20.000 especies de abejas. Achégate a vela e comentala connosco.
🗓 5-7-2025
🕗 20:00
📍C. S. A Desviada, Av. de Fragoso 47
July 2, 2025 at 10:07 AM
Este venres 11 temos unha actividade nova: Terror Cuir. Este mes falaremos de Entrevista con el vampiro, un filme xa clásico protagonizado por Brad Pitt e Tom Cruise. Achégate para coñecer o seu contexto cuir e a historia LGBT+ tras esta obra.
🗓️ 11 de xullo
🕛 21:00
📍 Av. de Fragoso, 47
July 4, 2025 at 1:14 PM
Reposted by C. S. A Desviada
Este xoves, 10 de xuño, volvemos con outra edición do café desviado! A nosa actividade de debate sosegado no que aprendemos unhas das outras. Desta volta debateremos sobre o capitalismo rosa. Vémonos no @cs-adesviada.bsky.social en Fragoso 47 ás 20:00 h.
July 4, 2025 at 10:46 AM
Reposted by C. S. A Desviada
O vindeiro 24 de xullo ás 20:00, conversaremos no noso clube de lectura no @cs-adesviada.bsky.social sobre un texto fundamental do pensamento contemporáneo: El género en disputa de Judith Butler, e reflexionar xuntes sobre identidade, xénero e política desde unha mirada crítica e colectiva.
July 3, 2025 at 1:23 PM
Reposted by C. S. A Desviada
Se tes unha camisola á que lle queiras dar un toque, axéndate o 9 de xuño, ás 19:00h, pois quedamos no @cs-adesviada.bsky.social para pintar camisolas. Farémolo principalmente a través de plantillas Stencil e o único que terías que traer é a camisola que queiras pintar. Vémonos aló!
July 3, 2025 at 12:54 PM
Actividades de xullo 🏳️‍🌈🏳️‍⚧️

Temos un mes cheo de actividades diversas para pasalo ben con xente cuir. Anímate a participar!
July 2, 2025 at 10:23 AM
Achégate este luns 30 á asemblea do C. S. A Desviada para participar na toma decisións sobre a xestión do Centro social. Esperámoste
🗓️ 30-6-2025
🕗 19:00
📍 Av. de Fragoso, 47
June 30, 2025 at 2:10 PM