Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua
banner
ctnl.gal
Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua
@ctnl.gal
Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua.

#traballandoenlingua desde 1996!

linktr.ee/ctnl
📖 Número 42 de "Cadernos de Lingua" da @realacademiagalega.bsky.social dedicado case monograficamente a traballos do Seminario de Sociolingüística: datos do IGE, mapa sociolingüístico escolar de Compostela etc.

publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/Ca...
January 7, 2026 at 11:34 AM
Os vídeos da última edición do #LGx15 cada vez máis preto!!

A partir do 12 de xaneiro na nosa canle do YouTube.

i.gal/canlectnl
January 7, 2026 at 8:33 AM
Feliz Aninovo! Feliz 2026!!! 🎉

Na CTNL faremos 30 anos #traballandoenlingua día a día!

Iremos debullando os meses con algún destes tres calendarios!

i.gal/apego2026 (proxecto Apego)
i.gal/anl2026 // @uvigo.bsky.social
i.gal/dac2026 (Deputación da Coruña)
January 1, 2026 at 10:25 AM
Un encontro achégalle a representantes políticos as conclusións do foro participativo Un país coa súa lingua do @consellocultura.bsky.social.

consellodacultura.gal/noticia.php?...
December 16, 2025 at 10:40 AM
Xeira "As linguas, tamén o galego. Horizontes da filoloxía galega: retos e futuro", organizada pola ANL da @uvigo.bsky.social.

📅 17 de decembro, na Facultade de Filoloxía e Tradución.

simp.filgal.webs.uvigo.gal/index.html
December 15, 2025 at 1:10 PM
🛠️ En liña o manual "Curso de introdución á lingua e á cultura galegas", publicado pola Secretaría Xeral da Lingua.

libraria.xunta.gal/es/curso-de-...
December 2, 2025 at 8:47 AM
Parabéns para A Grileira, Aqueladas e Nós Televisión, empresas gañadoras da XXVI edición dos Premios Manuel Beiras do @concellosantiago.bsky.social.

santiagodecompostela.gal/gl/noticias/...
December 2, 2025 at 7:34 AM
XXI Xornada de Normalización Lingüística de Escolas Católicas Galicia.

📅 21 de novembro, na sede do @consellocultura.bsky.social.

www.escolascatolicas.es/xornada-dina...
November 11, 2025 at 5:10 PM
Nova edición dos Premios Manuel Beiras que recoñecen o compromiso das empresas co uso do galego como lingua de comunicación, confianza e identidade. @concellosantiago.bsky.social

📅 Prazo aberto ata o 21 de novembro.

www.premiosmanuelbeiras.gal/novas/aberta...
November 11, 2025 at 12:37 PM
Primeira xornada do obradoiro "Da idea á forma"!

#traballandoenlingua
#formación
November 7, 2025 at 4:12 PM
📙 "Identidades e ideoloxías perante a diversidade lingüística", editado por Elisa Fernández Rei, Estela Fidalgo-Garra e Miguel Guisantes-Alonso (@consellocultura.bsky.social & @ilgusc.bsky.social).

consellodacultura.gal/noticia.php?...
November 4, 2025 at 7:55 AM
Comeza novembro!! 🌰🍂

Calendario da ANL da @uvigo.bsky.social a cargo do Bichero.

👉 Dispoñible en i.gal/ano2025
November 1, 2025 at 9:00 AM
Se non fuches ao #LGx15, velaquí unha mostra do que perdiches! Se fuches, velaquí o que non viches!!

Da man de Nuria Grandío, o #LGx15 por dentro!!
October 30, 2025 at 10:22 AM
Simposio ILG 2025. A intelixencia artificial e a lingua galega: oportunidades e riscos. @ilgusc.bsky.social

📅 18, 19 e 20 de novembro

Inscricións abertas ata o 13 de novembro.

ilg.usc.gal/gl/actividad...
October 29, 2025 at 7:27 AM
Con esta foto despedimos unha nova edición do #LGx15. Grazas ás persoas participantes, ao persoal técnico, ás entidades colaboradoras e ao público que nos acompañou nesta tarde marabillosa. En canto teñamos os vídeos dispoñibles, espallade as ideas para o futuro da lingua.
October 25, 2025 at 10:24 PM
E velaquí a mensaxe final de María Maroño neste #LGx15:

Loitemos desde as aulas por un presente en galego!

#galegofalanteCompostela
October 25, 2025 at 6:14 PM
#LGx15

Para Fátima o galego é o fío invisible que a une coa casa, coa súa esencia... Estea onde estea, faga o que faga... É a súa maneira de mirar o mundo. E non é unha frase dunha cunca.

"Yo si te empiezo a hablar en castellano, ya no soy yo...", ironiza.

#ComuniCanto
October 25, 2025 at 6:09 PM
#LGx15

Porén, hai uns anos Fátima Pego volveu ao seu colexio facer unha reportaxe: de 25 nenos/as tan só un par deles falaba en galego (e porque na casa lle dicían de falalo coa avoa ou coa avó; non era un galego en plan "e que comprouno, que traballo lle ía dar").

#ComuniCanto
October 25, 2025 at 6:08 PM
#LGx15

E a derradeira charla en marcha!! Fátima Pego no escenario: "ComuniCanto en galego"

#ComuniCanto
October 25, 2025 at 6:02 PM
#LGx15

Desde aquel día Artur Trillo tivo claras dúas cousas:
1️⃣ non ía facer a "mili", e
2️⃣ ía defender o seu nome con todo. Berrándoo ben alto como facía Lela de Franco!!

#vernáculo
October 25, 2025 at 6:01 PM
#LGx15

Aquilo de vernáculo a Artur Trillo doeulle. Ao chegar a casa mesmo colleu un dicionario para confirmar a definición: '“Propio e característico do país de que se trata ou ao que se pertence”.

#vernáculo
October 25, 2025 at 6:00 PM
#LGx15

Foi nos anos oitenta cando, por facer teatro, lle regalaron un libro: "Amor de Artur" de Méndez Ferrín.

Aí descubriu que así se dicía o seu nome en galego: e como sería que o sabía Lela de Franco? 🤔

#vernáculo
October 25, 2025 at 5:54 PM
Seguimos no #LGx15 con Artur Trillo: "Vernáculo"
October 25, 2025 at 5:42 PM
#LGx15

Volvemos ao principio:
👧 Lauren perdeu o medo a falar en galego e gañou seguranza;
👧 Emma sempre se mostrou moi implicada e ilusionada co proxecto (é neofalante e quere ser mestra como Mariña Lema)

#vitaminaG
October 25, 2025 at 5:38 PM
E velaquí temos os protagonistas desta historia que Mariña Lema nos trouxo ao #LGx15! #vitaminaG
October 25, 2025 at 5:37 PM