David Damo
banner
davidamo.bsky.social
David Damo
@davidamo.bsky.social
Unha persoa de fiar segundo Punsetes.
Ai, nin vira o citado. Si, moi oficialista non é a teoría, entra no saco de reinterpretar as cancións un mínimo ambiguas ou abstractas coma o Mary Jane de Tom Petty, pero é a referencia mais aprox que se ven a cabeza sempre na CCR.
January 22, 2026 at 9:17 AM
Aquí poderías meter "Lookin' out My Back Door", que sempre existíu a teoría de que a culler voadora, as viaxes e a porta traseira aberta e a dianteira pechada eran alusións o crack, o ácido e os "dealer". Ten un carácter denostativo cara as drogas, pero cumpre o requisito de mentalas.
January 22, 2026 at 8:55 AM
Eu engadiría que primeiro lle de un toque a algo de Jackie Wilson, por non ir a pao seco.
January 16, 2026 at 9:04 AM
Eu coñezo un amigo que vendoa entendeu a subtrama da paradoxa física que plantexa, pero non entendeu nin papa da trama principal ata que a veu por segunda vez 😂. Tamén porque a historia vaina construíndo a inversa dende o desenlace no pasado en troques de no futuro.
January 1, 2026 at 12:31 PM
Que ben condensada a trama da reversión da frecha do tempo pola inversión de entropía na segunda lei da termodinámica. "Raiada cara atrás" e ben mellor sinopse neste caso 😂.
January 1, 2026 at 12:15 PM
É un 11? Ostia, despistaronme os faros, o de meu pai era o modelo bifaro, teño ese na cabeza. Moito mais chulo entón.
December 31, 2025 at 5:55 PM
Ben bonito ese maquinote indie vintage de Renault 21, que recordos do Renault 11 que tiña meu pai cando cativo.
December 31, 2025 at 5:39 PM
Cun par de explosións polo medio, e algunha bandeira yankee, firmacho Michael Bay.
December 30, 2025 at 3:41 PM
A súa vida privada tampouco é mala película, entre a lenda urbá de que o seu irmán maior Jonathan escribiu só a maioría dos guións con coautoría, e que o maior estivese acusado por secuestro e asasinato por encargo en Costa Rica, usando de alias "Oppenheimer" e se fugase a posteriori.
December 30, 2025 at 3:40 PM
Bueno, así polo menos se o administrador web da páxina ten BlueSky, xa sabe tamén en quen cagarse pola sacudida ao porcentaxe de uso de memoria do servidor co parseado sen limitar 😂.
December 30, 2025 at 12:04 PM
Bastante mais útil este uso que o que lle daban aos analisis de datos contra Json os meus compañeiros no choio, a verdade. O códec xa é de ointe musical pro.
December 30, 2025 at 11:50 AM
Que mellor maneira de controlarlle os ingresos que ser o seu pagador, pensarían na xunta directiva.
December 30, 2025 at 11:42 AM
Home si, pero non é indicativo de nada contextual, hai un agravio comparativo non reflexado cos outros dous items, non se ten en conta a diferenza en curva de aprendizaxe, nin inversión inicial en hardware, ademais de que ChatGPT non esixe un gasto per se pra o seu uso. É un dato en bruto ao final.
December 29, 2025 at 3:57 PM
Non sei a partir de que datos fixeron a gráfica, pero hoxe en día colan algún motor de IA nalgunha funcionalidade de case todo. SkyScanner, por exemplo, usao en "Drops" pra monitorear as caídas de prezos. Terían que separar usuarios "forzosos" pra que fose algo mais honesta esa gráfica.
December 29, 2025 at 11:44 AM
Padrastro segundo ou terceiro. Ou primeiro cabaleiro da madrastra consorte emérita que é mais longo, pero soa mais distinguido.
December 17, 2025 at 3:57 PM
Esta é das opinións contidas no sometimes wrong.
December 17, 2025 at 12:39 PM
Boff a mellor sensación do mundo cando os rapaces dun compañeiro aboado a Agosto e nadal sairon da idade que lles outorgaba preferencia, e puiden tirar da carta de antigüedade.
December 14, 2025 at 5:11 PM
Parece un pouco unha mistura entre estar no parking da Tonos e no de Lavacolla.
December 12, 2025 at 5:33 PM
Agora que o dis, tal cual 😂.
December 12, 2025 at 1:35 PM
Pode ser que se ensine tamén nas facultades de medicina e farmacia?
December 12, 2025 at 12:54 PM
As reunións de veciños todas por Teams. Desconectar a cámara e o micro, tirar o portatil no sofá e as dubidas polo chat, melloraría bastante a producción de cortisol media deses trances.
December 12, 2025 at 12:41 PM
Mira que non me gusta a música electrónica, pero cando facía cardio tiña unha playlist de cabeceira de dubstep pros auriculares. Non me imaxino como debe ser unha clase dirixida co ritmo de Bunbury. "Ahora cuando no le dejen aire que respirar a Enrique damos pedalada fuerte y culo arriba".
December 12, 2025 at 11:21 AM