Plataforma Defende Mos
defendemos.bsky.social
Plataforma Defende Mos
@defendemos.bsky.social
Plataforma veciñal en defensa do territorio do noso concello ante as infrastruturas que o ameazan.
Actualmente loitando contra o novo trazado da A-52.
Viva Mos! Viva Bembrive! Xunt@s pararemos esta desfeita!
March 30, 2025 at 10:57 AM
Neste perfil iremos compartindo futuras accións que se realizarán para paralizar esta desfeita, como a recollida de alegacións, a cal estívose facendo nos meses pasados, e a creación dunha comparsa reivindicativa que estivo desfilando polos entroidos da zona.
March 30, 2025 at 10:57 AM
Por isto, a veciñanza das parroquias de Mos, tras algo menos de vinte anos, volvémonos xuntar arredor desta plataforma para reivindicar o noso territorio. +
March 30, 2025 at 10:57 AM
Todo isto, cando unha autopista, a AP-9, xa está construída e que, de estar liberada, podería cumplir a función que pretenden que cumpla este novo trazado da autovía. +
March 30, 2025 at 10:57 AM
Trátase dun novo tramo da A-52 que implicaría a destrución de vivendas e a afección de moitas outras; a tala masiva de árbores; a construción dun túnel que xeraría moitos metros cúbicos de escombro que iría a parar aos nosos montes, ademais da afección a 7 comunidades de augas. +
March 30, 2025 at 10:57 AM
O pasado decembro do 2024, a veciñanza do concello de Mos e de Bembrive (concello de Vigo) enterámonos de que unha nova infraestrutura rompería o noso concello e a parroquia viguesa. +
March 30, 2025 at 10:57 AM