Dioivo
banner
dioivo.bsky.social
Dioivo
@dioivo.bsky.social
Dúo de metal extremo en galego, formado en Vigo no 2016 por Dani e Jacobo 🌾⚙️⭐
Hai 2 anos presentamos Cara os Ceios Incrementes en Vigo, no Transy, cun feixe de colabos xeniais ❤️‍🩹 Por exemplo, esta con Aida de Her Anxiety e Jorge de Her Anxiety e Mileth. Agora estamos xa a piques de anunciar a data de saída do noso novo álbum, ganazas de compartilo convosco!
December 23, 2025 at 9:39 PM
A noite do venres superou todas as nosas expectativas 💞 Mil grazas, de verdade, por vir vernos con Sicixia e Os Barbosas no Transy. Agora imos estar uns mesiños sen tocar por Vigo, que vos debemos un descanso, pero van vir cheos de novidades!

Fotazas de Lain Romasanta Quintana para Clock & Roll 📸
December 17, 2025 at 6:26 PM
No conci de hoxe ás 21:00 no Transy tocaremos un repertorio especial dos nosos dous primeiros discos, para preparar o 10 aniversario de Dioivo 🎂 Cancións como esta "Ao lonxe" que tocamos noutro dos nosos concertos de decembro, en 2017, gravada por David Figueroa. Mil grazas!
December 12, 2025 at 3:04 PM
Os nosos concis de decembro no Transy, como o que temos este día 12 con Sicixia e Os Barbosas, son unha tradición navideña para nós e honrámola cada ano 🎄 Neste de 2023 colaboramos coes cracks de Aida e Jorge de Her Anxiety, e foi gravado por Marko Otero. Ganazas de repetir!
December 6, 2025 at 4:33 PM
Xa queda menos para volver tocar en Vigo, no Transy o 12 de decembro! Lembrade que faremos un repertorio diferente, só dos nosos dous primeiros discos. Deixámosvos con este video do conci na Master, gravado pola xente de Metal Nostrum e con son de Milo Sonido, para abrir boca 🔊
November 27, 2025 at 9:00 PM
En 2017 tamén estivemos na final do Xuventude Crea, esta vez na Espina de Gandarío, Bergondo. Foi outra experiencia chula na que volvimos conseguir o segundo premio compartido, que foi de moita axuda neses primeiros anos de Dioivo 🔙 Vídeo completo na nosa canle de Youtube! youtu.be/xwvDJXuO2Ek
November 20, 2025 at 8:17 PM
Hai 9 anos tivemos a sorte de participar por primeira vez na final do concurso Xuventude Crea 😊 Foi na extinta discoteca Factory Room de Melide, e CorreoTV inmortalizou o momento entrevistándonos como "Dioibo"... Non foi a variante máis rara coa que nos teñen chamado!
November 18, 2025 at 8:05 PM
Xa queda menos dun mes ⏳ Mil grazas a Musik Attack, Metal Nostrum, Vigo Metalheads, Vigo Rock Crew e Raposos Crew por apoiar o bolo, ao Transy por acollelo e a Sicixia e Os Barbosas por compartir escenario unha vez máis. Collede a vosa anticipada por 7€ falándonos por privado!
November 13, 2025 at 6:29 PM
Hai dous anos colliamos o avión para tocar no Extreme Division Mallorca, festivalazo que acaba de celebrar a súa VI edición, con parada primeiro no Entre Darts Rock de Madrid ❤️‍🔥 Foi unha das nosas mellores experiencias como banda. Mil grazas a BravoRock polas fotos!
November 10, 2025 at 7:15 PM
Ó tocar en Baranbio, Amurrio, o outro día, non puidemos evitar lembrar a nosa primeira vez nese municipio, no Burubio Kultur Elkartea en 2017 ❤️‍🔥 Foi o noso primeiro bolo fóra de Galicia. Mil grazas aos amigos de Nakkiga por ternos levado daquelas e por vir apoiarnos na Garrastatxu tamén!
November 4, 2025 at 7:35 PM
Xa que nun par de meses facemos 10 anos de Dioivo, no conci do 12 de decembro no Transy tocaremos só cancións dos nosos dous primeiros discos 🔙 Será un set diferente e moi especial para nós, co que acompañaremos os bolazos de Sicixia e Os Barbosas. Collede as vosas anticipadas!
November 3, 2025 at 6:39 PM
Aquí van uns vídeos do noso paso polo CS L'Apiaderu de El Remediu e a Garrastatxu Txosna de Baranbio, gravados poles amigues de From Ashes to Dust e Kogío con Pinsa 💙 A seguinte parada é na casa, no Transylvania o 12 de decembro, e aínda temos moitas sorpresas que contarvos...
October 31, 2025 at 8:15 PM
Hai 5 anos Bea Gutiérrez fíxonos a nosa primeira entrevista para a TVG. Mil grazas pola oportunidade! Foi en plena pandemia, despois de sacar o noso álbum Dioivo II con Darkwoods e antes de sacar o EP Dioivo III. Non esquezades mirar o video completo en Youtube ▶️ youtu.be/dCpY9jmqK2E?...
October 25, 2025 at 6:22 PM
Que pasada de finde 💞 Mil grazas a Kogío con Pinsa e From Ashes to Dust por compartir estrada connosco, ao CSA L'Apiaderu e a Garrastatxu Txosna por darnos un espazo onde tocar e á xente de Errekaleor por acollernos. Ganazas de voltar por Asturies e por Euskal Herria!
October 22, 2025 at 4:02 PM
Mañá saímos de Vigo para tocar no CSA L'Apiaderu de Nava e a Garrastatxu de Amurrio, pero queremos aproveitar para anunciar unha nova data na nosa cidade: o 12 de decembro no Pub Transylvania con Sicixia e Os Barbosas! Reservános xa por MD a túa anticipada a 7€ 💸
October 16, 2025 at 7:35 PM
Esta finde tocamos por primeira vez no CSA L'Apiaderu de El Remediu (Nava, Asturies) e na Garrastatxu de Baranbio (Amurrio, EH). Ganazas de compartir quilómetros con Kogío con Pinsa e From Ashes to Dust 💙 As fotos son de Santi Rosales Durán noso último conci, coa FAVEC. Mil grazas!
October 14, 2025 at 8:07 PM
Euskal Herria! O 18 de outubro, despois de pasar por Asturies, voltaremos tocar por Amurrio, esta vez na Garrastatxu Txosna de Baranbio. Temos moitísimas ganas de volver por alí, esta vez xunto a Kogío con Pinsa e From Ashes to Dust. Vémonos alí ás 19:30 ❤️‍🔥
October 11, 2025 at 1:03 PM
Temos dúas novas datas por anunciar, unha fóra e outra para rematar o ano en Vigo, que vai ser moi especial ⏳ Mentres tanto, deixámosvos con estes vídeos do noso concerto na Master o pasado xuño polo Manieterno de Raposos Crew. Axiña teredes novidades!
October 9, 2025 at 6:27 PM
Sorpresa! O 17 de outubro estaremos por primeira vez tocando en Xixón, Asturies, no CSA L'Apiaderu coa xente de Kogío con Pinsa e From Ashes to Dust ❤️‍🔥 Temos moitas ganas de ir por alí. E aínda quedan un par de bolos moi especiais por anunciar, non o perdades...
October 7, 2025 at 6:23 PM
Hoxe, o noso primeiro EP cumpre 9 anos 🥳 Foi autoeditado en 2016 e reeditado con temas extra por Darkwoods en 2020. Deixámosvos con estas fotos do noso primeiro concerto (mil grazas a Laura Puch Alonso por sacalas!) e coa reedición completa aquí: youtu.be/cR-TX9WNLq0
October 4, 2025 at 6:05 PM
En poucos concertos tocamos tan rápido como no do sábado no mercantil! Mil grazas á FAVEC por contar connosco por segunda vez e polo seu labor no movemento veciñal da nosa cidade. E, por suposto, tamén a Caveira Sons polo seu traballazo no son do evento. Vémonos na seguinte ❤️‍🔥
October 3, 2025 at 6:57 PM
Mil grazas por achegarvos á medianoite do sábado a Bembrive para vernos tocar no festival da FAVEC 💙 Foi xenial compartir táboas cos cracks de GxN e Quarzum. En nada anunciamos datas moi especiais para estes últimos meses do ano en diferentes lugares, ficade atentes!
October 2, 2025 at 5:25 PM
Hai 6 anos dimos un dos nosos concis máis peculiares, na praza da Constitución de Vigo 🔙 Este sábado tamén imos a un sitio pouco habitual para nós, o Mercantil, en Bembrive, para participar do festival da FAVEC. Aproveitade, que será de balde e actuarán tamén Quarzum e GxN!
September 25, 2025 at 8:28 PM
Hai un ano sacamos o videoclip de "O rei", con imaxes do noso paso polo festival Extreme Division Mallorca ❤️‍🔥 Mil grazas Deathlight Music por ter contado connosco e a Tuco Martín por gravar os vídeos! Lembrade, o sábado vémonos en Bembrive. Mentres tanto: youtu.be/3ZVK4-chgaw
September 23, 2025 at 5:36 PM
Sorpresa! O vindeiro sábado 27 tocamos por primeira vez en Bembrive, no Mercantil, como parte do festival da FAVEC (mil grazas por contar con nós). Conpartiremos escenario cos cracks de Quarzum e GxN a partir das 21:30 e será de balde. Non o perdades, que vai ser boa festa 🥳
September 20, 2025 at 11:24 AM