O Dosi Veiga
banner
dosiveiga.bsky.social
O Dosi Veiga
@dosiveiga.bsky.social
Físico, astrónomo amador, hostaleiro accidental e plantador de castiñeiros.
Proxectos actuais: www.CeosGalegos.com (ten BlueSky) e www.LeirasDeProgo.com
Paseino ben, perdín fío 2 veces (máis ensaios!), sobre a marcha metín algunha cousiña máis e penso que á xente lle gustou. E que hai material para un monólogo "redondo".

Imaxe final, as "alianzas das estrelas".

Grazas ás amigas @lorek7.bsky.social @mcastigarcia.bsky.social @felixstdp.bsky.social
February 13, 2026 at 7:11 PM
Pois xa estamos. Preparando.

Seica vai haber un cento de persoas.

coruñacomunicaciencia.es/home-es/#pro
February 12, 2026 at 3:19 PM
O meu asesor de guión dándome azos 😍
February 11, 2026 at 1:19 PM
Non é a 1ª vez que falo en público.

Non é a 1ª vez que quero ser divertido falando de ciencia.

Non é a 1ª vez que "actúo" nun teatro.

Non é a 1ª vez que comparto cartel con xente moito máis preparada ca min.

É a 1ª vez que se dá todo iso xunto, nun lugar tan grande e que cobran entrada!!

Medo?😎
February 10, 2026 at 9:17 PM
Hoxe fixen 2 traballos de "excavacións" propias de operario de retro. Poden parecer sinxelas, pero estou orgulloso.
- sendas pistas para acceder coa Besta® ás árbores para regar e outros traballos

- entrada a outra leira, cun tubo para que pase ao auga por baixo. A ver se vai ao proba de carga🥴
February 10, 2026 at 8:29 PM
Bah, non puido ser. Empreguei unha chave inglesa pequena para afrouxar a válvula, apertei a roda cos pala pero non din metido ben a goma. Cada manobra achegoume máis ao barranco. Chamo mañá aos técnicos.

Fun encalar outra leira.

De fondo, cantas de Bach e a poesía do Miguel Hernándwz.😊
February 8, 2026 at 5:28 PM
5ª vez que me pasa en 4 anos. A cuarta xa puiden arranxalo eu, que para ser un físico teórico tenvos bastante mérito. A ver como se pon hoxe.🥴
February 8, 2026 at 12:22 PM
Non movín a mini-retro; aborrezo a patinaxe na lama. Mañá cubrirei ben de terra e a seguir plantando.

Hoxe deixei ao vello ao quente no bar (enganado porque díxenlle que "como vou plantar coa que está caendo"🤣).

Aproveitei que parou ás 18:00 para algo de motoserra: uns postes🥳

A Besta® portouse😊
February 7, 2026 at 7:00 PM
Sinceramente, alguén pensaba que o feito de chover ía impedir facer o que debo?

"Síndrome de incompletitude"? 🤔

Antronte páter máis eu deixaramos tapados con terra 2 mañuzos de 10 concheiras; non dera tempo de plantar. Así que, a aixada e brazo, hoxe ficaron plantadas as 20 😎
February 7, 2026 at 7:00 PM
A meteoroloxía local évos unha cousa... A predición era que a borrasca traía choivas menos intensas ca anterior. Desde hai 5 horas non parou e non puiden plantar unha maldita concheira.

Decidín vir xa e agardar no carro para plantar a man en canto poida algo. A mini-retro non a vou mover 🥴
February 7, 2026 at 2:56 PM
Se é por carro, aporto o meu. Son barato.
February 7, 2026 at 2:18 PM
Día de descanso (deplantar árbores) para unha cousiña 😅

Falo de ciencia ficción, astroloxía, mitoloxía, medicina, alquimia... Ah, e algo de ciencia. Polo momento xa levo ofendidos 4 colectivos científicos. E algo de auto-parodia, claro. 😊

E ti, xa mercaches a túa entrada? Na Coruña, xoves 12.
February 6, 2026 at 7:42 PM
Aquí, vendo chover. Agardando para plantar 30 concheiras, que a IA non as vai plantar.

#LeiraOCabezo #LeirasDeProgo
February 5, 2026 at 4:08 PM
Buf... Máis longo ca un día sen pan.

Saír da casa 8:30. Ducha quente e looonga ás 20:30, arrequecida coa leña apañada ano pasado 😍

#LeiraAMontán, a primeira do proxecto, aló quedou; repostos 60 castiñeiros que secaran. No solpor, levar mini pola cañada ata #LeiraOCabezo. 30 min de viaxe

Mañá máis
February 4, 2026 at 8:25 PM
Comezar o día de plantar outros 40 castiñeiros co Carmina Burana na radio.
😍
February 4, 2026 at 9:04 AM
Pois xa está.

A #LeiraOBarreiro, arrendada este ano a un veciño, queda plantada con 29 castiñeiros. O ano que vén meterémoslle unha ducia máis. Queda encalar e estercar.

E a ver se o lindeiro norte colle ciúmes e quere o mesmo 🤔

Coa máquina a outra leira 🥳
February 3, 2026 at 9:09 PM
O hit musical de hoxe chámase:
Planting🎶
in the snow🌨️

Pero en vez de zarrapicar auga vos pés baixo o paraugas arrastramos as botas e a máquina cheas de lama🥴

Non callou, desta volta.
February 3, 2026 at 11:23 AM
Non se ve no encadre, pero ese señor ten 84. E aí o está, pegando da estaca mailo castiñeiro para que o fillo lle bote a terra

Hoxe deixamos unha ducia da variedade Parede semi-plantados. Mañá caen os outros 20 e pico nesta #LeiraOBarreiro.
February 2, 2026 at 7:11 PM
Para os desconfiados: iso na herba, luminoso, é o Sol; contrasta coa sombra que proxecta o edificio onde traballo.

O Sol é unha bola de luz no ceo e á que non debedes mirar de fite, agás na eclipse total do 12 de agosto no intre da totalidade.

Info meteorolóxica e astronómica no mesmo chío😎
January 31, 2026 at 10:13 AM
As 20:00 é bo momento para deixalo. 2000 m² "desbrozados".

O luns planto
January 30, 2026 at 7:01 PM
Leira nova!!

Nas #LeirasDeProgo vou plantar a #LeiraOBarreiro (déixama un veciño dos bos e xenerosos). Hoxe é unha xesteira a 200 m das casas; 1600 m² de lombeiro (terra pouca fonda) que vou desbrozar.

E, a semana que vén, plantar castiñeiros. 🥳
January 30, 2026 at 1:55 PM
Egregia alumna aventajada de su profesor e inspirador.

"Los grandes gestores", les gustaba llamarse.🤷
January 29, 2026 at 11:12 PM
A culpa ë miña por poñer a app en galego. 🥴
January 29, 2026 at 9:44 PM
Pois innovando... Desta volta, despois de 8 anos, deixei á rapazada uns minutos para que escolleran a súa foto favorita. E a charliña foi a partires das fotos que escolleron.

Ciencia na natureza, homenón.
January 29, 2026 at 10:22 AM
En Chantada, honrando unha tradición anual. Visitas guiadas á exposición que montei no Centro Xove de Chantada. 3 grupos nunha mañá.
January 29, 2026 at 8:44 AM