Facultade de Ciencias da Comunicación
facom-usc.bsky.social
Facultade de Ciencias da Comunicación
@facom-usc.bsky.social
Benvidx á Facultade de Ciencias da Comunicación da @usc.gal 🗞📺🎥 #FacomUSC
Arrancamos decembro cun novo #lunsdesementar 🌱

"O Zoar" é unha curtametraxe de ficción académica e independente creada por Uxía Gerpe e Borja Vila, alumni de Comunicación Audiovisual (🎓 2025) que decidiron desenvolver este proxecto no marco do seu TFG.
December 1, 2025 at 9:54 AM
Atención estudantado! Xa está aberto o prazo para que presentedes as vosas candidaturas para as eleccións de representantes na Xunta da Facultade e no Consello de Departamento 🗳️
November 28, 2025 at 2:18 PM
🎟️ Remata o FaCom Fest con obras de alta calidade, éxito de participación e o impulso de novas seccións e actividades
November 28, 2025 at 1:52 PM
👇 Isto pode interesarche!

🌎 O mércores 3 de decembro terá lugar unha xuntanza informativa para dar a coñecer a convocatoria #ERASMUS para o curso 2026-2027.
November 27, 2025 at 8:43 AM
Grazas, María, por compartir tanto coñecemento e achegar inspiración ao noso estudantado sobre as posibilidades profesionais no ámbito audiovisual galego. 👏

#EstudantadoFaComUSC
#ProfesoradoFaComUSC
#AlumniFaComUSC
November 25, 2025 at 11:19 AM
Hoxe é #LunsdeSementar 🌱

💡Presentamos o proxecto "Entre corpos e clics", unha reportaxe multimedia de Laura Fresneda Muíña (Grao en Xornalismo).
November 24, 2025 at 1:36 PM
⚠️ Lembra! ⚠️

👉 Hoxe remata o prazo para que os egresados de Grao e Máster valoren a súa satisfacción coa docencia recibida.

💡Coñecer a opinión do estudantado é fundamental para seguir mellorando a nosa docencia.
November 21, 2025 at 8:10 AM
⚠️ Xa está aberto o prazo para que o alumnado valore o seu grao de satisfacción coa docencia recibida no 1º cuadrimestre.

ℹ️ A data límite para cubrir as enquisas é o 10 de decembro.

💡Coñecer a opinión do estudantado é fundamental para seguir mellorando a nosa docencia.
November 20, 2025 at 2:43 PM
🎓 O luns 17 recibimos a visita de María Jesús López Elvira, xefa do Servizo de Arquivo e Documentación da CSAG, no 2º curso de Xornalismo.
November 19, 2025 at 9:30 AM
🎓 O alumnado das materias de Comunicación Organizacional (3º de Xornalismo) e de Información e Comunicación Organizacional Audiovisual (3º de Comunicación Audiovisual) recibiu a visita de tres profesionais que compartiron experiencias e coñecementos clave sobre diferentes ámbitos da comunicación.
November 18, 2025 at 9:46 AM
Nova edición dos #LunsdeSementar 🌱 

📽️ Presentamos “La de los tres monos”, unha curtametraxe de ficción dirixida por Gael Trujillo Quiroga (Grao en Comunicación Audiovisual).

🎬 Esta peza aborda unha realidade non tan ficticia: romances de instituto e os seus caóticos desenlaces.
November 17, 2025 at 9:10 AM
Desde hoxe, o profesor Enrique Castelló é Catedrático da FaCom. Esta mañá presentou no visionado 1 o seu proxecto investigador, que contou co visto e prace do tribunal.

Parabéns 👏🏽

#profesoradofacomusc
November 14, 2025 at 12:03 PM
🎓 No marco da materia Estratexias para a Xestión da Comunicación Online de 4º de Xornalismo, impartida por Miguel Túñez e Juanma Prieto, o alumnado asistiu á charla de Lorena Iglesias Andrade, alumni de Xornalismo (2021) e actual responsable de Comunicación do Cluster Saúde de Galicia (CSG).
November 13, 2025 at 12:22 PM
🎓 O estudantado da materia ‘Laboratorio de contidos xornalísticos audiovisuais e multimedia’, impartida polo profesor Rubén Rivas de Roca, recibiu a visita online do profesor José Luis Rojas Torrijos, da Universidad de Sevilla.
November 13, 2025 at 11:10 AM
Hoxe é... luns de sementar! 🌱

📖 "A ti, meu Cambados" é un fanzine dedicado á vila de Cambados, inspirado polas verbas de Ramón Cabanillas.

🏡 A súa autora, Iria Varela Carro (Dobre Grao en Xornalismo e Comunicación Audiovisual), quería renderlle homenaxe á súa propia terra.
November 10, 2025 at 9:32 AM
📢 A profesora Fabiana Piccinin, da Universidade Federal de Santa Catarina, realizou unha estadía na Facultade de Ciencias da Comunicación e participou nas aulas de 📊 Audiencias e consumos informativos do Máster Universitario en Xornalismo e Comunicación Multimedia.
November 10, 2025 at 9:19 AM
📢 O estudantado da materia Laboratorio de Innovación Xornalística (4º de Xornalismo), impartida pola profesora Sara Pérez Seijo, recibiu a visita de Cintia París, alumni de Xornalismo.

#alumnifacomusc 
#estudantadofacomusc
November 5, 2025 at 3:58 PM
A Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia oferta un contrato formativo na categoría de locutor/a de radio 🎙️
🎓 Graduado/a en Xornalismo nos últimos 3 anos
🗓️ Presentación de solicitudes ata o 10 de novembro
ℹ️ Para máis información: https://www.crtvg.gal/documents/d/crtvg/si08018010105450-2-pdf
November 4, 2025 at 9:26 AM
Luns de sementar! 🌱

"Rebote ao pasado" 🏀 é unha reportaxe multimedia sobre a historia da selección nacional masculina de baloncesto entre o 2000 e o 2015, a denominada "Xeración Dourada" ⛹🏻‍♂️. Trátase do TFG de Sara Jiménez Barreiros, alumni do 🎓 Dobre Grao en Xornalismo e Comunicación Audiovisual.
November 3, 2025 at 9:13 AM
👉 Visita na FaCom! 

💬 Patricia Orozco, Project Manager & Content en DualThink, e Iago Salgado, Account Executive en TheGarage), alumni da FaCom, visitaron Estratexias para a Xestión da Comunicación Online para ofrecer unha visión práctica e honesta do traballo nas axencias.
October 31, 2025 at 2:04 PM
📣 Temos gañadoras do Concurso de Pitching en Galego da FaCom:

🥇 Aira Portos Rey - Kike, o queique
🥈Carlota Álvarez Feijoo - Ciudá de ladrillo

Noraboa, rapazas, polo voso traballo!👏👏

🎊 Parabéns tamén ás sete persoas que chegaron á final e que defenderon, con alta profesionalidade, o seu proxecto.
October 31, 2025 at 12:12 PM
📢 O estudantado da materia Tecnoloxías Audiovisuais e Multimedia (1º de Comunicación Audiovisual), impartida polo profesor Roi Méndez, recibiu a visita dun grupo de representantes do Club de Foto Facom.
October 30, 2025 at 1:56 PM
📢 Mañá celébrase a Gala do Concurso de Pitching en Galego, organizada pola Comisión de Normalización Lingüística da FaCom e financiada polo Servizo de Normalización Lingüística da USC.

🗓️ A Gala terá lugar a partir das 16:30 no Auditorio da FaCom.
October 28, 2025 at 4:19 PM
📢 Hoxe celébrase a Gala do Concurso de Pitching en Galego, organizada pola Comisión de Normalización Lingüística da FaCom e financiada polo Servizo de Normalización Lingüística da USC.

🗓️ A Gala terá lugar a partir das 16:30 no Auditorio da FaCom.
October 28, 2025 at 1:04 PM
⚠️ Atención estudantado egresado da @FaComUSC! ⚠️

Ábrese o prazo para valorar o grao de satisfacción co Grao ou Máster que remataches.
October 28, 2025 at 12:34 PM