FADEMGA Plena inclusión Galicia
banner
fademga.bsky.social
FADEMGA Plena inclusión Galicia
@fademga.bsky.social
Federación gallega de asociaciones en favor de las personas con discapacidad intelectual
🤝 Este convenio permite que calquera órgano xudicial poida solicitar a adaptación de documentos cando o procedemento afecta a persoas con discapacidade intelectual, do desenvolvemento ou con dificultades de comprensión lectora.
February 6, 2026 at 12:44 PM
Animámoste a informarte, compartir e apoiar iniciativas que contribúen a unha sanidade máis humana, accesible e inclusiva para todas as persoas.

Podes atopar máis información do proxecto Aténdeme-Enténdeme aquí: www.fademga.org/gl/grupos/pr...
February 2, 2026 at 10:12 AM
As barreiras comunicativas poden provocar incomprensión, inseguridade e unha atención de menor calidade.

Mellorar este aspecto non é un complemento: é unha responsabilidade compartida e unha cuestión de dereitos.
February 2, 2026 at 10:12 AM
A comunicación é un elemento esencial da atención sanitaria, pero non sempre é accesible para todas as persoas.
February 2, 2026 at 10:12 AM
Porque a cultura é un dereito, non un privilexio.
📣 Os museos públicos deben ser espazos onde todas as persoas poidan acceder, participar, comprender e gozar do patrimonio cultural en igualdade de condicións!
January 28, 2026 at 4:20 PM
Entre as propostas:
✔️ Accesibilidade física, sensorial, cognitiva, comunicacional e dixital.
✔️ Comunicación accesible (subtitulado, lectura fácil…)
✔️ Persoal formado en accesibilidade e diversidade.
✔️ Participación das persoas con discapacidade na gobernanza museística.
January 28, 2026 at 4:20 PM
O acompañamento faise con respecto, confidencialidade e ao teu ritmo, adaptándose ás túas necesidades en cada momento.
Se cres que este servizo pode axudarche, chámanos ao 681 21 29 86.
Non estás soa.
Acompañámoste e apoiámoste.
January 21, 2026 at 5:30 PM
É un servizo pensado para momentos nos que:
– tes dúbidas sobre relacións, igualdade ou dereitos sexuais e reprodutivos
– necesitas información clara e alguén que te escoite
– gustaríache ir acompañada a unha cita médica, facer trámites...
– simplemente non queres facelo soa!
January 21, 2026 at 5:30 PM
Podes ler toda a información sobre a iniciativa na nosa web: fademga.org/gl/novas/fad...
Tamén en lectura fácil!: fademga.org/gl-ea/novas/...
January 16, 2026 at 10:45 AM
☀️ Grazas a Edicións Fervenza por incorporar a mirada inclusiva dende o inicio!
Porque todas as nenas e nenos teñen dereito a formar parte da cultura que lles pertence!
Se ti tamén cres nunha lectura máis inclusiva, comparte este fío. 💬
January 16, 2026 at 10:45 AM
👦 Os libros están pensados para público infantil e xuvenil, e falan de pazos, museos e música galega.
Pero sobre todo, falan de accesibilidade.
De facer que a lectura sexa posible para todas as persoas!
January 16, 2026 at 10:45 AM
🟢 A guía está pensada para profesionais da discapacidade, do ámbito das adiccións, equipos educativos e sociais, familias e persoas coidadoras.

Porque a prevención tamén debe ser inclusiva, realista e respectuosa cos dereitos das persoas 💚

Descárgaa aquí: infoadicciones.org/wp-content/u...
January 15, 2026 at 11:10 AM
💡 Por iso nace esta guía, elaborada por @progestion.bsky.social e financiada polo Ministerio de Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030.

Un recurso para axudar a mirar máis alá, dende unha perspectiva comprensiva, ética e centrada na persoa. ⬇️
January 15, 2026 at 11:10 AM