fpgalicia
fpgalicia.bsky.social
fpgalicia
@fpgalicia.bsky.social
Dirección Xeral de Formación Profesional
Consellería de Educaciín, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Mañá, en ExpoCoruña, vaise celebrar a I Feira da Educación, Formación e Emprego, coa participación de @fpgalicia. Poderás asistir en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00h.
May 14, 2025 at 7:37 AM
Este xoves e venres teremos un encontro co profesorado galego da familia profesional de Transporte e Mantemento de vehículos. Alí nos veremos!
Máis info en FProfe.
May 7, 2025 at 6:37 AM
Estase a celebrar a primeira edición da Feira Educativa de Ourense en Expourense. Hoxe contou coa presenza do Conselleiro de Educación, Román Rodríguez. @fpgalicia contou coa representación de 5 centros de FP
April 3, 2025 at 2:06 PM
Noraboa a Nerea Casas e Mario Fernández, estudantes de FP Dual intensiva no CIFP Carlos Oroza de Pontevedra, que gañaron o 1º e 2º premio no VI Campeonato de Escuelas de Cocina Protur Chef celebrado en Mallorca. Ademáis do premio en metálico acadaron un contrato de traballo como parte do premio!
April 2, 2025 at 10:05 AM
Do 26 ao 28 de marzo, na Cidade da Cultura, Congreso FP Innova 2025. Esperámoste!
March 22, 2025 at 11:06 AM
Hoxe, no Auditorio de Ferrol, desenvolvéronse as VI Xornadas de orientación da comarca de Ferrol, organizado polo CIFP Leixa. O evento contou coa presenza do Conselleiro de Educación, Román Rodríguez, e a directora xeral de @fpgalicia, Eugenia Pérez
March 20, 2025 at 4:43 PM
Publicada a relación de proxectos presentados á convocatoria de Espazos de tecnoloxía aplicada na FP 2025. Máis información no portal de @fpgalicia.bsky.social
February 27, 2025 at 12:34 PM
Hoxe, no Auditorio de Vilagarcía de Arousa, celebrouse a 3ª edición de (In)fórmate, Xornada técnica sobre formación e futuro laboral. Participaron todos os centros educativos da comarcas, ademáis de diversas empresas e entidades, entre as que estivo @fpgalicia.
February 21, 2025 at 2:41 PM
Hoxe rematou o Campionato de Baristas e Cata de Cafés no IES de Foz coa entrega de premios ao gañador e gañadoras Izaro Garro (Vitoria), Paula ÁLvarez, do CIFP Vilamarín e Ángela Roque do IES Sanxillao. O acto contou coa presenza da directora xeral de @fpgalicia, Eugenia Pérez.
February 20, 2025 at 2:01 PM
Onte celebrouse a I Feira de Orientación académica e profesional de Padrón nas instalacións do IES Macías o Namorado, que organizou o evento. @fpgalicia tamén tomou parte representado pola sua directora xeral, Eugenia Pérez.
February 19, 2025 at 7:18 AM
Alumnado do CIFP Montecelo e do IES de Chapela visitan as instalacións da empresa biofarmacéutica Zendal no marco do programa EduTecEmprende, nas que a directora xeral de @fpgalicia comprobou persoalmente o elevado nivel de desenvolvemento tecnológico co que conta a empresa.
February 17, 2025 at 3:10 PM
O pasado xoves, no CIFP Carlos Oroza de Pontevedra, tivo lugar a entrega de premios de SOMM TALENT FP, o XI Campionato Internacional de Xoves Talentos de Sumillería, Premios Suso Dominguez, que contou coa presenza da directora xeral de @fpgalicia, Eugenia Pérez.
February 17, 2025 at 2:58 PM
O 13 e 14 de febreiro @fpgalicia participou dentro do proxecto SHOREWINNER nunha produtiva Conferencia Temática e Asemblea Xeral na cidade italiana de Ancona
Este proxecto trata de achegar á FP ao sector emerxente da enerxía eólica mariña
@shorewinner
February 17, 2025 at 11:23 AM
Hoxe celebrouse no Auditorio de Verín a I Feira de Orientación Profesional, na que participaron centros educativos da bisbarra así como diversas empresas e entidades. O acto inaugural contou coa presenza da directora xeral de @fpgalicia Eugenia Pérez.
February 13, 2025 at 1:16 PM
Hoxe, no Museo Centro Gaiás na Cidade da Cultura de Galicia, celebrouse a segunda xornada de #Innovart25, que contou coa presenza do Presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e dos Conselleiros de Educación, Román Rodríguez e de Cultura, José López, e a Directora Xeral de @fpgalicia, Eugenia Pérez.
February 7, 2025 at 3:46 PM
O primeiro día de #InnovArt25 contou coa presenza do Conselleiro de Educación, Román Rodríguez, e da directora xeral de #fpgalicia Eugenia Pérez, quen destacaron o compromiso e a excelencia das ensinanzas artísticas, deportivas e de idiomas que se imparten en Galicia. #InnovArt25 #fpgalicia
February 7, 2025 at 9:44 AM
Publicada a listaxe de centros admitidos e excluidos aos Premios a proxectos de innovación de @fpgalicia. #fpinnova #innovación
February 6, 2025 at 9:16 AM
Hoxe celebrouse o I Concurso de panadería e pastelería Memorial Eneas no IES Sanxillao de Lugo, que contou coa presencia da Directora Xeral de @fpgalicia, Eugenia Pérez. #fpgalicia #iessanxillao
January 30, 2025 at 3:25 PM
Aberto o prazo de inscrición para GaliciaSkills 2025, o 8° Campionato Galego de FP que terá lugar en Silleda, no recinto da Feira Internacional de Galicia Abanca durante os días 29, 30 e 31 de outubro. Mais información en no portal de @fpgaliciA. #galiciaskills
January 29, 2025 at 7:49 AM