Fundación Érguete-Integración
@fundacionerguete.org
36 followers 92 following 160 posts
Traballamos pola inclusión social e laboral de persoas en risco ou situación de exclusión, proporcionando apoio, orientación, formación e acompañamento.
Posts Media Videos Starter Packs
fundacionerguete.org
💪No #DíaDoTerceiroSector, queremos recoñecer o esforzo e o compromiso de quen traballa a diario neste eido, loitando polos dereitos das persoas máis vulnerables, a promoción da igualdade e a construción dunha sociedade máis xusta.
fundacionerguete.org/lanzamento_o...
#OrgulloTerceiroSector
fundacionerguete.org
🔵Onte tivo lugar a inauguración do curso que impartimos no #ConcelloDeOia ao abeiro do #programaEmpregoInclusivo
👉Participaron Paula Bouzós, deputada de Igualdade e Benestar Social da Deputación de Pontevedra; Cristina Correa, alcaldesa de Oia; e Ana Álvarez, directora da Fundación Érguete
Operacións básicas de loxística e distribución, a nova formación de Emprego Inclusivo en Oia
Doce persoas participan no curso, impulsado pola Fundación Érguete-Integración coa colaboración da Deputación de Pontevedra e o Concello de Oia
www.fundacionerguete.org
fundacionerguete.org
🟪 Retomamos a actividade con forza tras o parón do verán, poñendo en marcha a elaboración dun Mapa de Recursos para mulleres con adiccións que sofren violencia de xénero.
#traballoenrede #vigo #pontevedra
fundacionerguete.org
📌 Onte iniciamos as formacións online para profesionais que participan no proxecto #ComunidadesGPS, que desenvolvemos na provincia de #Pontevedra da man de
@unadenred.bsky.social e @diversitas.bsky.social.
fundacionerguete.org
💻 Precisas axuda co teu CV, cunha candidatura en liña ou para mellorar as túas competencias dixitais?
🌰 Achégate á nosa aula de #Ciberemprego! Este més de outubro poderás facelo no seguinte horario:
#octubre2025
fundacionerguete.org
🏘️ As políticas de vivenda seguen sen ser suficientes para facer fronte ás necesidades de milleiros de persoas que quedan sen acceso a un fogar digno.
👉 Explícao Javier Hermida, vicepresidente de @eapngal.bsky.social, entidade da que formamos parte.
#EmerxenciaVivenda #DoceMesesDoceDemandas
eapngal.bsky.social
Galicia ten un ínfimo parque de vivenda social (0,4%). O obxectivo da Xunta de duplicar o parque existente e as actuacións de goberno e concellos, son insuficientes.

👉Precisamos maior implicación política e actuar fronte a emerxencia.

#EmerxenciaVivenda #DoceMeses#DoceDemandas
fundacionerguete.org
🤩Arrinca o #proxectoOlimpia, no que convidamos ás participantes a descubrir a súa sexualidade dende unha mirada positiva, ampla e respectuosa; colaboramos na mellora do seu benestar emocional e sexual e ofrecemos un espazo seguro e de apoio.
🔗https://buff.ly/ODwuvAg
#ConcellodeVigo
fundacionerguete.org
📿No taller de xoiería creativa que realizamos no C.P. de Pereiro de Aguiar, as participantes elaboraron as súas propias pezas.
👀Coincidindo co Día da Mercé, puidemos amosar este traballo nunha pequena exposición dentro do centro.
#proxectoEVA #mujeresenmediopenal #joyeríacreativa
fundacionerguete.org
✊Hoxe, #23S, conmemoramos o Día Internacional contra a Explotación Sexual e o Tráfico de Mulleres e Crianzas
💜Dende @FErgueteIntegr compartimos a voz dunha muller que pasou por esta barbarie: “Ninguén nace para ser vendida"
#StopHumanTrafficking
fundacionerguete.org
💐Velaquí o resultado dos arranxos florais que estivemos elaborando nun dos nosos talleres con persoas privadas de liberdade para o Día da Mercé, que se conmemorou o pasado venres no CIS da Coruña.
#CISCoruña #IRPF #DiaDeLaMerced
fundacionerguete.org
💡 Sabes que é o Terceiro Sector? Entidades de @eapngal.bsky.social saímos á rúa para preguntar á cidadanía.

🤔 A maioría descoñecían este concepto. E ti? 👉 Queda ata o final do vídeo para sabelo e comparte 🔄 para que máis persoas o descubran!

#OrgulloTerceiroSector
fundacionerguete.org
🟢Hoxe estivemos presentes nos actos celebrados no C.P. Pereiro de Aguiar e no CIS da Coruña polo Día da Mercé, unha conmemoración que pon en valor o traballo en prol da inclusión social da poboación privada de liberdade.
#FundaciónÉrguete #CISCoruña #PereiroDeAguiar #DíadelaMerced
fundacionerguete.org
🙌 Estamos de volta!
A partir de mañá, mércores 17 de setembro, abrimos novamente o #Ciberemprego 🖱🖥
Un espazo 100% gratuíto no que atoparás:
🌐 Ordenadores e conexión a internet
🤝 Apoio das nosas técnicas
📄 Axuda na procura de emprego, formación, xestións en liña…
#Septiembre2025
fundacionerguete.org
⏰Canto tempo pasas co móbil cada día? A maioría non o sabemos… pero o teu teléfono si!
🔍Grazas á función #BenestarDixital, podes descubrir canto pasas conectado, que apps usas máis e incluso poñer límites para desconectar un pouco👉Contámoscho nun novo #Ciberconsello!
#Ciberconsellos #tipsdigitales
fundacionerguete.org
💚Onte desfrutamos dunha xornada inesquecible en equipo: unha visita ás Illas Cíes!
👣Nesta paraxe única, tivemos tempo de facer un roteiro guiado, descubrir a biodiversidade que acolle o arquipélago e incluso darnos un mergullo nas augas da Praia de Rodas.
www.fundacionerguete.org/xornada_conv....
As Illas Cíes, escenario dunha xornada de convivencia para o equipo da Fundación Érguete-Integración
Un encontro no que reforzar os lazos e fomentar a motivación entre o persoal da entidade
www.fundacionerguete.org
fundacionerguete.org
📣Xa está aberto o prazo de inscrición nas probas libres para obter a certificación galega de competencias dixitais ComDix, no seu nivel de iniciación.
💻Superando estas probas poderás acreditar o teu nivel no uso das tecnoloxías dixitais e mellorar a túa empregabilidade.
➕ info en cemit.xunta.gal
Inicio | CeMIT
1
cemit.xunta.gal
fundacionerguete.org
🔵Pechamos a convocatoria 2024/2025 do noso #ServizodeOrientaciónLaboral con cifras excepcionais: 362 persoas atendidas, 835 citas, 295 itinerarios de inserción e unha valoración de 9,18 sobre 10!
🔗https://fundacionerguete.org/datos_orientacion_laboral...
#FundaciónÉrgueteIntegración #érguete
fundacionerguete.org
📚Hoxe arrinca de novo o cole e, no CEIP Raquel Camacho da Coruña, a cativada comeza as clases cunha sorpresa moi especial: unha nova mesa para merendar e xogar en grupo, elaborada por persoas privadas de liberdade que participan no noso proxecto #EntrePatios.
#vueltaalcole #InicioDeClases #Coruña
fundacionerguete.org
📢Abrimos proceso de selección para a formación de “Auxiliar de Vendas e Atención á Clientela”.
✔️270 h de formación
✔️Prácticas non laborais en empresas
✔️Inclúe manexo de carretilla elevadora e carné de manipulación de alimentos e alérxenos
#formaciónparaelempleo #Vigo #formaciónGalicia
fundacionerguete.org
🐾Durante os meses de agosto e setembro estamos a desenvolver unha nova edición do taller de Terapia Asistida con Animais no centro penal da Lama, no que participan nove mulleres privadas de liberdade.
🔗 fundacionerguete.org/terapia_cani...
#programaItínere #mujeresenmediopenal
O centro penal da Lama acolle unha nova edición de Terapia Asistida con Animais
Nove mulleres privadas de liberdade participan nesta actividade impulsada pola Fundación Érguete-Integración
fundacionerguete.org
fundacionerguete.org
🚜O Concello de Oia acolle este curso de 190 h de duración, que conta co módulo de carretilla elevadora e prácticas en empresas da zona.
☎️Aínda estás a tempo de anotarte chamando ao 986 253 176 ou enviando un correo electrónico a [email protected] fundacionerguete.org/seleccion_em...
Oia acolle un curso gratuíto de loxística e distribución, con prácticas en empresas da zona
�A formación diríxese a persoas con dificultades para atopar emprego ou que desexen mellorar a súa situación laboral
fundacionerguete.org