Komorevi
banner
komorevi.bsky.social
Komorevi
@komorevi.bsky.social
Eva Agra | she/her/ela
ENG | GAL | ES

🌿 Illustration | Murals ✨
💜 I stream on Twitch
📍Galicia (Spain)

https://linktr.ee/komorevi | [email protected]
Deséxovos a todes un 2026 cheo de aprendizaxe, arte e dunha rede de afectos que vos sosteña 💜
December 30, 2025 at 3:20 PM
Participei en proxectos colectivos de fanzine e autoedición como o de @edicionsmalafera @tazalunarbooks ou @cobrafem

Estou segura de que se me queda atrás moita xente á que mencionar e moitas iniciativas e eventos que citar. Grazas de corazón 🫂
December 30, 2025 at 3:20 PM
Asistín a eventos profesionais onde coñecín compañeires de profesión marabilloses e compartín momentos emocionantes coa equipa da @agpilustracion da que formo parte.
December 30, 2025 at 3:20 PM
Ilustrei ‘Bonecas’ de Raquel Castro editado por @galaxiaeditorial e tamén saiu á venda ‘O misterio de Xacarandá’ de @elena_oses editado por @editorial_bululu
December 30, 2025 at 3:20 PM
Participei na residencia artística Artistea e iso deume a oportunidade de levar un proxecto de BD á revisión de portafolios de BDra Gráfica e de Viñetas desde o Atlántico. E estou a traballar nun proxecto que verá a luz o ano que vén.
December 30, 2025 at 3:20 PM
Fun a un bo número de mercados en Vigo, Allariz, Teo, Compos e Pontevedra.
December 30, 2025 at 3:20 PM
Especial mención ao Centro Xove de Creación Cultural do Concello de Santiago, que confía no noso traballo e xa é un segundo fogar para nós.

As dúas tamén participamos no proxecto de realidade aumentada #ARRUAR grazas a @despunte.makers
December 30, 2025 at 3:20 PM
Este ano desenvolvín obradoiros de ilustración e sinalética feministas, de upcycling textil e de creación de adornos de Nadal con materiais reutilizados xunto á miña compa Festa de As Paxaras, ademais de varios murais. Traballamos en Touro, Baiona, Trazo, Vilaboa, Allariz e Compostela 🐦‍⬛
December 30, 2025 at 3:20 PM
Dedicarte á arte e á cultura non é sinxelo neste país. Porén síntome afortunada de poder seguir traballando e achegando a creación artística á miña comunidade. Isto só é posible grazas a vós, ás mecenas do meu #Kofi aos meus clientes, á miña familia, amigues e parella 🫶🏻🌿✨
December 30, 2025 at 3:20 PM
Reposted by Komorevi
🔸Rematamos a xornada co habitual xantar de confraternización

@lachicadelacinta.bsky.social @deica-creacions.bsky.social
@oictioscopio.bsky.social
@komorevi.bsky.social
Laura Caneira
Dicus Rodrigues
Augusto Metzli
Laura Romero
Bruno Elerre
Luis Sendón
November 13, 2025 at 4:08 PM
Non prometo continuar co reto, pero polo menos esta ilustración desfruteina moito 💜

#cursedrelics #Komorevi #moonlightscythe #necromancer #jester #agpi #octoberchallemge #illustrationchallenge
October 6, 2025 at 10:00 AM
Por 1€ podes descargarte estas recompensas en alta calidade e de paso axudas a esta pequena artista a sobrelevar a suba da cota de autónomos que vén o próximo mes 👉 ko-fi.com/komorevi

Coidádevos moito queridiñxs! 💜
Support Komorevi
Support Komorevi
ko-fi.com
September 30, 2025 at 8:14 AM
Para celebrar este mes subín a #Ko-fi dúas recompensas: ilustración do mes de setembro do meu calendario 2025 para honrar o espírito de vivir paseniño e unha pegatina para usar en WhatsApp ou onde queiras que nos lembra que 'emosido engañado' na nosa vida adulta. 👇
September 30, 2025 at 8:14 AM
📍Onde? @centroxove Rúa Proxecto Vagalume, 2

📩 Máis info e inscricións en [email protected]

Non o penses máis, que as prazas voan!
September 18, 2025 at 8:07 AM
✏️ Curso de Cómic e Deseño de Personaxes | Todos os martes de outubro a xuño | 13.00h a 14.00h
🎵 Curso de Deseño Gráfico para Proxectos Musicais | Todos os xoves de outubro a xuño | 13.00h a 14.00h
🎨 Clube de Upcycling Téxtil terceiro xoves do mes | 19.00h a 20.30h
September 18, 2025 at 8:07 AM
E ademais desfrutei da compañía das miñas amigas, que facía moito que non vía e aproveitei para sacar do armario un dos meus vestidos lolita favoritos, que facía mil que non me poñía 🦇
September 17, 2025 at 4:23 PM
Flipei co talento dxs artistas que tamén estaban a vender as súas cousiñas 😍 Quería mercar todo!
September 17, 2025 at 4:23 PM