Manuel Gago
@magago.bsky.social
2.1K followers 130 following 1.1K posts
Director de @culturagalega.bsky.social no Consello da Cultura Galega e profesor na Universidade de Santiago de Compostela. Xornalista, escritor e comisario de exposicións. Podcast: https://open.spotify.com/show/0gS1jq3ITle9QFTwQEqoz1
Posts Media Videos Starter Packs
magago.bsky.social
…e tamén este sábado vémonos á tardiña na Casa da Cultura de Cee da man da Fundación Fernando Blanco de Lema para mergullarnos nos detalles máis saborosos da revolta irmandiña e o seu impacto na sociedade galega!
magago.bsky.social
Este sábado en Redondela participo nunha xornada ben gorentosa: celebrar, entender e explorar o poder social e comunitario das festas. Eu falarei sobre as festas de nova creación e o que contan da sociedade de hoxe.
Reposted by Manuel Gago
tinosantiago.bsky.social
Moi recomendable análise de @magago.bsky.social que, como as boa literatura, vai máis aló das polémicas sobre a novela histórica. Parabéns
magago.bsky.social
Pero no canto de mascotas, con ordenadores, non? 😁
magago.bsky.social
Español con algunhas frases en galego polo medio.
magago.bsky.social
Pois a verdade é que me gustou a serie Animal, de Luís Zahera
magago.bsky.social
As homenaxes a Manchán na portada do Irish Times. Partindo tamén na foto cara as illas, como vedes.
magago.bsky.social
Non puido ser, pero a semente prendeu.

Falamos moito Manchán e máis eu:

De monxes navegantes
Do sabor da terra dos agros de patacas
Da xenética das árbores
De vellas corredoiras
De linguas encantadas
E das illas do Alén.

Cara elas navega agora cos petos cheos de seixos.
magago.bsky.social
Manchán estaba moi sereno e ao tempo planificaba os esforzos e os tempos con determinación. Tiñamos un proxecto fermoso: facer dialogar o léxico e as expresións mariñeiras galegas e irlandesas. El xa fixera unha primeira achega marabillosa en gaélico.
hakaimagazine.com/article-shor...
To Speak of the Sea in Irish | Hakai Magazine
A new dictionary project aims to safeguard coastal Irish words and the unique perspectives they provide.
hakaimagazine.com
magago.bsky.social
Manchán e máis eu tiñamos moito contacto electrónico e intercambiabámonos moitos materiais. En marzo estivemos reunidos en Dublín nunha febril xuntanza, dándolle voltas a proxectos para conectar a cultura galega e irlandesa. Só uns días antes lle comunicaran que tiña un cancro.
magago.bsky.social
Acábome de enterar dunha nova moi triste. Morreu Manchán Magán, unha figura central da cultura irlandesa e defensor da súa lingua e cultura ancestral. Toda Irlanda está conmovida porque era unha figura moi popular, cos seus libros e documentais. E teño que contar algo.
magago.bsky.social
Fondo: Departamento de Patrimonio e Arquivos de Morbihan (Bretaña).
magago.bsky.social
Vilagarcía de Arousa.
magago.bsky.social
Redondela e proximidades. Mirade as rapazas da primeira foto, que deben estar subidas a algo, tan 'casuais'.
magago.bsky.social
Ferrol. Encántame a primeira foto. Ata coloreada queda bonita.
magago.bsky.social
Non sabemos que estaban mirando, pero moito lles sorprendía. A foto é parte dun marabilloso álbum dunha familia bretoa. Un dos seus membros visitou Galicia ese ano e obtivo fotografías marabillosas e felices das xentes do país.
magago.bsky.social
#Venres
"No camiño de Redondela" (1902)
magago.bsky.social
O pasado medieval galego tamén é unha historia de liberdades civís, democracia e símbolos que lembran os espacios nos que se decidía colectivamente o futuro. Recuperalos é conectar a Historia cunha sociedade galega madura e diversa.

www.lavozdegalicia.es/noticia/barb...
A Pobra tuvo su árbol para tomar las grandes decisiones como Guernica
Era un gran olivo y estaba situado en el atrio de la iglesia de Santiago do Deán
www.lavozdegalicia.es
magago.bsky.social
Este martes 7 de outubro participo nos Foros Grial Galicia 2050, ao redor das oportunidades e desafíos da cultura galega no novo escenario da rede. Será na Fundación Penzol ás 17 h.
magago.bsky.social
Eu téñoo ben claro.
magago.bsky.social
“Debemos felicitar á persoa que se lle ocorreu dispoñer na comisaría da Coruña os paquetes de droga para a fotografía de prensa como se estivera ordenando a casa ante a inminente visita da sogra”

www.lavozdegalicia.es/noticia/barb...
A foto
Eu penso que non debe quedar ninguén na comarca do Barbanza que non teña comentado a descarga de droga nas idílicas praias da Pobra do Caramiñal
www.lavozdegalicia.es
magago.bsky.social
Pola contra, parece que ao público estadounidense e británico lle encanta a serie. Eu levo dous capítulos e a min House of Guinness paréceme un absoluto despropósito.