maxestoso
banner
maxestoso.bsky.social
maxestoso
@maxestoso.bsky.social
Birder | Microcaderno de campo
Algúns fungos nun paseo matinal: Armillaria mellea, Russula fragilis, Hypholoma fasciculare e Hygrocybe virginea 🍄
December 11, 2025 at 7:08 PM
December 9, 2025 at 8:12 PM
Hoxe, Jorge Rodríguez Ben atopou un papamoscas real (Ficedula parva) a dez minutos da nosa casa. O que ía ser unha tarde de descanso acabou sendo unha sobremesa de carreiras e adrenalina. Pero logramos ver a ave, o décimo rexistro en Galiza desta especie.

📸: Jorge Rodríguez Ben
December 9, 2025 at 6:42 PM
O cogomelo Helvella crispa, adquire formas extraordinarias. Unha especie moi distintiva con talos e sombreiros engurrados. Un cogomelo lixeiramente tóxico que realiza un gran traballo descompoñendo a follaxe.
December 8, 2025 at 9:34 PM
🎵 🎶 Os recibimos, americanos con alegría 🎶
Pluvialis dominica e Actitis macularius hoxe na Coruña. A xornada incluíu tamén Fringilla montifringilla, Pluvialis apricaria, Turdus pilaris, Falco columbarius… Non vai mal a ponte!
December 7, 2025 at 9:11 PM
Unha espléndida mañá observando a gaivota das pradarías (Leucophaeus pipixcan) que leva uns días en Xove, outro dos bombazos que nos trouxo este outono. Unha xornada na que tamén vimos Chroicocephalus philadelphia, Aythia collaris e Gavia stellata, entre outras cousas.
December 6, 2025 at 8:42 PM
Din os xaponeses que “o sol ve o teu corpo e a lúa a túa alma”.
December 5, 2025 at 12:02 PM
Vida portuaria nunha mañá de chuvia.
December 3, 2025 at 7:33 PM
Non todo van ser luces no Nadal de Vigo.
December 1, 2025 at 9:13 PM
Andamos algo despistados este ano cos fungos, pero estas Armillaria mellea non permitiron que as ignorásemos.
November 30, 2025 at 9:31 PM
Esta foto é do inverno pasado. Desde entón está máis dificil velo, instalouse na ría unha peixeira que mantén a gaivotada a raia.
November 24, 2025 at 8:16 PM
Sábado de frío, chuvia, rarezas e escasezas: pentumeiro careto (Melanitta perspicillata), gaivota de Bonaparte (Chroicocephalus philadelphia) e píllara rubia (Eudromias morinellus).
November 22, 2025 at 8:23 PM
Vós tamén vedes cada vez máis Bidens aurea por todas as partes? Non está mal lembrar que está catalogada como invasora…
November 20, 2025 at 9:41 PM
LCO, o ibis eremita que pasou o inverno pasado na Foz do Miñor, está de volta. Hoxe fixémoslle unha visita de cortesía con @xabiervp.bsky.social
November 17, 2025 at 9:06 PM
Eu diría que anunciar albatros na Costa da Morte pode crear unhas expectativas algo desmesuradas, pero por optimismo que non quede.
November 16, 2025 at 10:59 PM
Tremendo achado de Javier Escuredo, Esku, onte en Vigo: unha reinita coroada, Setophaga coronata! Segunda cita na península; a primeira tamén foi en Galiza, en 1982, de Rabuñal. Sen dúbida, unha das citas do ano.

Déixovos unha foto de Vítor Cabaleiro, porque co subidón fun coa cámara sen batería 🤦🏻‍♂️
November 14, 2025 at 9:56 PM
Pouco antes do temporal, a garzota e o corvo mariño asociábanse para rendibilizar ao máximo a xornada de pesca.
November 11, 2025 at 7:47 PM
Fin de semana gaivoteiro nunha das nosas cidades favoritas: Porto. Unhas mil gaivotas no esteiro do Douro 🤗
November 9, 2025 at 7:44 PM
Os dous Branta bernicla hrota que levan días na ría do Burgo. Unha subespecie que aparece con cada vez máis frecuencia por Gz.
November 3, 2025 at 8:20 PM
Este papoazul sorprendeunos hoxe en Rinlo. Ademais, pica de Richard, escribenta das xunqueiras, gaivota arxéntea… En Punta Frouxeira, paso de mascatos de máis de 500 ex/hora, máis algunhas pardelas balear, cincenta, escura e encapuchada.
November 2, 2025 at 6:28 PM
Pasamos o día polo Grove, e non hai queixa: 1 Aythya collaris, 2 Pluvialis dominica, Anthus petrosus, os cinco flamengos que andan por alí, centos de anátisos e limicolas… E de agasallo, dúas lontras e un espectacular solpor.
November 1, 2025 at 9:03 PM
Ás veces o que buscamos está a carón da casa.
October 30, 2025 at 9:15 PM
Hoxe había moito vento e moita confusión, así que volvemos cedo para a casa. Este ano, o noso grande inimigo foi sempre o vento.
October 26, 2025 at 9:55 PM
Estupenda peláxica hoxe no Chasula, cunhas 150 Ardenna grisea, 400 Ichthyaethus melanocephalus, 60+ Ardenna gravis, 240+ Puffinus mauretanicus, 400+ Morus bassanus, ademais de Melanitta nigra, Puffinus puffinus, Calonectris borealis, Hydrobates pelagicus, Stercorarius skua, etc.
October 25, 2025 at 8:04 PM
Onte a nosa humilde camara non conseguiu facerlle unha foto decente ao Tringa flavipes que anda pola desembocadura do Umia, pero si a estes tres flamengos que apareceron por sorpresa en metade da chuvia.
October 21, 2025 at 3:07 PM