OUFF · Ourense Film Festival
banner
ouffestival.bsky.social
OUFF · Ourense Film Festival
@ouffestival.bsky.social
📆 26 de setembro ao 5 de outubro.
3️⃣0️⃣aniversario!
📍 Ourense
https://ouffestival.gal/gl/
🎉 30 anos de cine e anécdotas recollidas nun só libro!

Hoxe presentamos “Trinta historias e un festival. Memorias dun proxecto coral", a obra de Sonia Torre que homenaxea ao OUFF e a tódalas persoas que o fixeron posible ao longo da súa traxectoria.

Non quedes sen el!

#OUFF30
November 13, 2025 at 2:44 PM
Mañá temos unha nova cita!

📍 O Centro Cultural Marcos Valcárcel acolle, ás 12 horas, a presentación de "Trinta historias e un festival. Memorias dun proxecto coral", o libro que celebra os 30 anos do festival.

Cine, emocións e encontros recollidos nun volume único!

Non o perdas!

#ouff30
November 12, 2025 at 10:31 AM
September 29, 2025 at 4:53 PM
🏆Galicia Calidade súmase ó #OUFF30 para premiar o mellor do cinema galego!
O festival colaborará con Galicia Calidade,marca que distingue produtos e servizos galegos pola súa excelencia, orixe e calidade. Entregarase o Premio Galicia Calidade á mellor dirección da Sección Oficial Panorama Galicia.
September 25, 2025 at 10:31 AM
🗓️ A programación do #OUFF30 xa está dispoñible na web!

Proxeccións, exposicións, actividades paralelas e moito máis, todo ao teu alcance cun só clic.

🎥 Do 26 de setembro ao 4 de outubro, Ourense énchese de cine!

Accede á descarga 👉 ouffestival.gal/gl/programa/

Vémonos pronto!
September 24, 2025 at 2:12 PM
🌟 O #OUFF30 arranca con forza! 🌟

As entradas para a gala inaugural están ESGOTADAS 🎟️💥
Se quedaches sen a túa, non te preocupes! A festa do cinema continúa toda a semana con proxeccións, encontros e moita emoción 🎬💫

Grazas pola acollida! 🎬💙

#Ourense #filmfestival
September 24, 2025 at 8:36 AM
🎬 Inauguramos! Desde hoxe ás 20 horas e ata o 2 de novembro, o Centro Cultural Marcos Valcárcel convértese nun escenario de película coa exposición do #OUFF30 Making Movies.

Descubre obxectos orixinais de filmes míticos como Star Wars, Indiana Jones ou Alien. 🎟️ A entrada é de balde.
September 18, 2025 at 11:44 AM
⏱️ A conta atrás xa comezou... En só 15 días, Ourense volverá converterse na capital do cinema con estreas, convidados especiais, actividades únicas e moitas sorpresas máis.

💥 Esta edición vén cargada de novidades… E ti, estás preparadx para vivila?

#Ourense #filmfestival #OUFF30
September 11, 2025 at 7:48 AM
Así é a nova Calpurnia! 🗿✨

Para celebrar o #OUFF30, presentamos un redeseño cheo de significado da escultura do festival.
Obra de Manuel Buciños, esta nova Calpurnia está inspirada no rostro dunha actriz do que sae unha fita de cinema que envolve o corpo. 🎞️👩

Un tributo á arte, á beleza e ao cine!
September 9, 2025 at 2:03 PM
🎬 #OUFFTheRecord: Dani de la Torre, dobremente premiado

En 2004 🎥, o director gañou o premio do público pola curta "Lobos" e en 2020 levou o ‘Premio Ourense’ pola súa traxectoria. Do curto ao recoñecemento maior… unha carreira que empezou en casa!

#Ourense #filmfestival
September 8, 2025 at 1:51 PM
🎬 #OUFFTheRecord: Alfredo Landa, talento máis alá da pantalla

Durante a homenaxe póstuma a Juan Antonio Bardem no OUFF, Alfredo Landa sorprendeu a todos nunha cea no restaurante San Miguel: arrincouse a cantar e tocar a guitarra, deixando pampos aos comensais.

#Ourense #filmfestival
September 5, 2025 at 10:52 AM
💛 O #OUFF homenaxea a Angela Lansbury, os días 27, 30 setembro e 2 outubro, e a Carmen Martín Gaite, o 28 setembro, en Agarimo, unha sección que celebra o legado cultural con proxeccións de balde 🎬📚.

Toda a info 👇
ouffestival.gal/gl/noticias/...

#Ourense #filmfestival
September 4, 2025 at 10:19 AM
📍 O Balneario de Laias acollerá do 28 ao 30 de setembro o III Encontro Estatal da Plataforma Audiovisual de Productoras (PAP).
O Obxectivo: reforzar alianzas, definir estratexias comúns e potenciar o impacto no OUFF.

Un paso máis cara a un sector audiovisual unido!
🔗 ouffestival.gal/gl/noticias/...
September 2, 2025 at 9:55 AM
🎬 #OUFFTheRecord: 🍷🎬 Bardem, Tosar… e unha visita sorpresa
Durante a rodaxe de "Los lunes al sol", Javier Bardem e Luis Tosar deixáronse ver —de incógnito— no Pequeno Cinema de Ourense. Despois, víuselles pola zona de viños e a Praza do Ferro, como dous cinéfilos máis.

#OUFF30 #Ourense
September 1, 2025 at 1:30 PM
🎬 #OUFFTheRecord

🧐 Un dato ben curioso sobre os inicios do OFF/OUFF vén da man dos seus premios. E é a que a mítica Calpurnia, o trofeo por excelencia do festival, non apareceu ata a segunda edición, en 1997.

Sabíalo?
August 29, 2025 at 12:13 PM
✨ A Calpurnia renóvase polo #OUFF30!

O trofeo do OUFF foi redeseñado polo seu creador orixinal: o escultor Manuel Buciños.
En poucas semanas presentarase a nova Calpurnia para celebrar 30 anos de cine en #Ourense e reforzar o vínculo coa alma cultural da cidade.

Nova imaxe, mesma esencia!
August 28, 2025 at 11:09 AM
🎬 #OUFFTheRecord: o comezo do OUFF
Iniciamos unha serie de anécdotas sobre o festival!

Naceu en 1996 como OFF - Festival de Cinema Independente e impulsouno Eloy Lozano, referente do cinema galego, cando case non había festivais “indie” no país.
Ata o mismísimo Krzysztof Zanussi presidía o xurado!
August 27, 2025 at 11:22 AM
⏳ Faltan só 31 días para o OUFF!

A conta atrás comezou para a festa do cinema ourensán! 🥳
Prepárate para gozar co mellor do audiovisual galego, estatal e internacional , para descubrir novas voces e mesmo para dar renda solta á túa creatividade.

Tes todo listo? 🍿

#Ourense #filfestival
August 26, 2025 at 7:16 AM
📽️ Un plan perfecto para compartir en #familia!

O 27 de setembro, o Auditorio Municipal de #Ourense acollerá a película "La Luz de Aisha", de Shadi Adib.

Merca nalgún dos 140 comercios do CCA Ourense Centro e consegue unha entrada dobre (adulto + neno/a).

Vémonos na butaca! 🍿

#cineenfamilia
August 19, 2025 at 11:37 AM
Faíscas agasalla con tempo!

Agora tes ata o 7 de setembro para participar.👇
August 11, 2025 at 12:11 PM
🎬✨ Récord absoluto para o #OUFF30! Máis de 1400 obras de 89 países queren entrar na Sección Oficial 🎉

👇
August 5, 2025 at 1:23 PM
🎥 Descubre os espazos de rodaxe máis emblemáticos da provincia cos Roteiros de Cine do #OUFF30!

👇
July 31, 2025 at 11:08 AM
👉 Inscríbete agora e sé parte de Faíscas antes de que se esgoten as prazas!

⏳Tes ata o 15 de agosto!

#Ourense #filmfestival #festivaldecine #escueladecine
July 30, 2025 at 9:16 AM
📽️ Sabías que en Ourense celébranse ata catro festivais de cinema co apoio dá Deputación de Ourense? Xuntos, impulsamos a industria cultural na provincia e apoiamos o talento local. 🔝

Se tes oportunidade, non te perdas ningún 👇

#Ourense #FilmFestival #FestivalesDeCine
July 18, 2025 at 9:51 AM
Se es de #Ourense e queres amosar o teu traballo no #OUFF30, xa sexa amateur ou profesional, non esquezas inscribirte en Made in Ou.
👇
July 16, 2025 at 11:37 AM