@raioto.bsky.social
84 followers 610 following 79 posts
Hoxe son, mañá xa veremos. Ocupado neso que chaman vida... ||||| Today I am, tomorrow we'll see. Busy in that thing called life...
Posts Media Videos Starter Packs
raioto.bsky.social
Nación de Breogan con Palestina
raioto.bsky.social
É no CHUS, en Compostela. Chamoume a atención que entre veciños de habitación (sen se coñecer previamente) falábanse en galego, mais logo coas enfermeiras pasaban ao castelán. Foi chamativo xa que ía paseando pola planta e foi nas habitacións seguidas unha tras outra.
raioto.bsky.social
Curioso, nas habitacións do hospital tódolos visitantes son galegofalantes (polo que escoito ao pasear pola planta). É a lingua algo asociado aos coidados ou a saúde?
raioto.bsky.social
Na nosa terra sempre coidei que a muller era moito máis respectada que no resto da península. Vexo que me trabuquei
raioto.bsky.social
Tomando algo mentres agardo que un colega saia de quirófano. Dous homes nunha mesa, galegofalantes, falando nun volume "Boomer" sobre o feminismo e coma as mulleres chegaron demasiado lonxe. Vergoña allea... Agradecería que falasen noutra lingua, to be honest
raioto.bsky.social
A familia mantivo "as formas" e non "demos de que falar"
raioto.bsky.social
E eiquí chegamos, miña tía, a pesares dos anos pasados, quere ir con el. Que que dirán se vai có resto da familia e non có seu home.
Non sei, ao escoitar o que me contaban onte, pensaba "Of course Celtic"
raioto.bsky.social
O conto é que ninguén da nosa terra sabe que pasou, nin que o nóso avó non quería que o meu tío mesturase osos có resto da familia. Ninguén falou mal de nós...nin del.
raioto.bsky.social
Co que ao final os da funeraria pediron permiso para metelo noutro panteón que estaba á venda.
E aí segue, o cabrón.
Nun panteón que finalmente mercou miña tía.
raioto.bsky.social
A xente que veu ao sepelio sorprendida porque o cadaleito non entrase (tivo efectos secundarios e, nos meses a seguir, houbo varios panteóns "tuneados' para aumentar as dimensións do burato)
raioto.bsky.social
Lembro que teimaron por acadar que entrara de dous, tres xeitos pero, imposible, meu (cabrón de) tío non entraba no panteón.
raioto.bsky.social
Pois onte descubrín que aconteceu de verdade:
O curmán "X" (nada que ver cós GAL), cós da funeraria, fixeron que o ataude do meu tío non collera no panteón familiar. Non había xeito, para arriba, abaixo, ladeado..
raioto.bsky.social
Ao día seguinte, cando ían a meter o ataude do meu tío no panteón familiar onde estaba o meu avó, descubriron que non había xeito de metelo no burato.
Lembro estar no sepelio coma se fóse onte. Debía de ter 13/14 anos daquelas.
raioto.bsky.social
O día antes do sepelio do noso tío chamou aos da funeraria para lles pedir que mudasen as pedras da parte superior do panteón por outras máis grandes, e que non dixeran nada...
raioto.bsky.social
O caso é que outro curmán noso (miña nai eran 13 irmáns + 1 de palleiro) sabía o que pedira coma última vontade o noso avó: non quería partillar burato con alguén coma o nóso tío.
raioto.bsky.social
Meu avó morreu nas festas de Ourense do 88... Isto daría para outro fío. O meu tío finou un ano despois, mentres eu vía un episodio de V, ou o último filme de Cantinflas (cultura popular disque).
raioto.bsky.social
Era un fillo de p*ta que non merecía estar cos "alcume da miña familia".
raioto.bsky.social
O caso é que o meu tío (e padriño) era un fillo de p*ta que ao longo da súa vida batía na miña tía. O meu avó, un par de meses antes de finar, dixo que non quería que o meu tío estivese no mesmo panteón que o resto da familia.
raioto.bsky.social
Eu "nin pucha" (moi boomer, I know). Isto deulle pé para lembrarme o sepelio do noso avó e mailo noso tío... Cousas de finais dós 80.
raioto.bsky.social
O caso é que, mentres agadabamos en facenda para cuñar un pacto de mellora en vida da herdanza, o meu curmán dime: "sabes polo que o noso tío non está no pateón da familia?"