Rodri Gil
rogilce.bsky.social
Rodri Gil
@rogilce.bsky.social
Educador social . Activista a favor da #RendaBásica e os medios comunitarios. Unha man máis na Marea Atlántica. Socio de @cuacfm . The Office como forma de vida.
Dale Dé!!
May 11, 2025 at 11:05 AM
O que me gusta a min unha foliada non ten nome...

Viva Elviña viva!
May 1, 2025 at 10:48 PM
Este sábado, todo o mundo á rúa.
April 3, 2025 at 4:03 PM
Coma todos os anos, hoxe facemos a asemblea de arranque de ano de @cuacfm.org , na que eliximos a nova Xunta Directiva.

Máis de 50 persoas decidindo o rumbo da asociación e da nosa querida emisora.

📻🎙️🎚️❤️‍🩹
March 22, 2025 at 12:15 PM
Na presentación do informe "El municipalismo en España. Aprendizajes de un ciclo político", de @rfeenstra.bsky.social e @juanmerida.bsky.social no que participou a @mareatlantica.bsky.social .

Cómpre entender o que pasou nos últimos anos en termos de democratización a través do municipalismo.
March 13, 2025 at 6:27 PM
Mañá a Educación Social galega estará nas facultades berrando que a precariedade laboral mata.

Por unha profesión segura, por unhas administracións que protexan a quen sostén o sistema de protección social.
March 12, 2025 at 12:58 PM
Felices festas, xentiña 🙃
December 25, 2024 at 1:01 PM
Grazas por tanto, Carlos. Fuches unha persoa que sempre empurrou a favor das causas xustas. Incansable en Acampa, @cuacfm.org , Mundo Sen Guerras...moitos os frentes e sempre boa disposición.

Deixas aquí a un montón de xente que che recordará como alguén bo e xeneroso. Grazas.
December 19, 2024 at 3:40 PM
Marabilloso documental de Nós Televisión sobre o trinta aniversario do movemento Bravú. Conseguir resumir trinta anos de cultura revolucionaria galega é todo un reto 💕

Enorme concerto da Orquestra Bravú Xangai 😍
November 22, 2024 at 9:30 PM