Sabias Galicia
banner
sabiasgalicia.bsky.social
Sabias Galicia
@sabiasgalicia.bsky.social
🦋 As mellores curiosidades da nosa terra.
🌐 mtr.bio/sabiasgalicia
Sabías que tal día coma hoxe do ano 1886 nacía en #Rianxo Alfonso Daniel Manuel Rodríguez #Castelao. Comprometido coa terra e co país, está considerado o pai do nacionalismo galego e a figura máis importante da cultura galega do século XX. #Galicia 👇🏼
January 29, 2026 at 8:30 PM
Sabías que en #Lugo existe un círculo de pedras con máis de 5700 anos de antigüidade. Trátase do Círculo lítico A Roda (#Barreiros), un conxunto de pedras que forman unha circunferencia de 35m de diámetro. Pénsase que tiña unha función social, relixiosa ou incluso astronómica 👇🏼
January 27, 2026 at 8:30 PM
Sabías que dende 2019 Ponte Maceira (#Negreira) forma parte da rede de localidades mais bonitas de España. É a primeira localidade coruñesa que se inclúe na lista, onde tamén están Mondoñedo (#Lugo) e Castro Caldelas (#Ourense). ¿Cal é a vosa favorita? #Galicia
January 21, 2026 at 8:30 PM
Sabías que o can de palleiro é unha raza autóctona de #Galicia. Este can, sempre asociado ao pastoreo, comparte orixe con outros cans coma os pastores alemáns, holandeses ou belgas. No 2001 a Xunta de Galicia recoñeceuno como can autóctono para evitar a súa desaparición.
January 20, 2026 at 8:30 PM
Sabías que a rúa mais estreita de #Galicia está en #Santiago. A rúa da Oliveira, con tan só 70cm de ancho nun dos seus extremos álzase tamén co título da segunda mais estreita de España, por detrás dunha rúa en Urriés (Zaragoza), con só 41cm de ancho.
January 19, 2026 at 8:30 PM
O Castiñeiro Milenario de Entrambosríos (Parada de Sil, #Ourense) é unha árbore incluída no Catálogo de Árbores senlleiras de Galicia. Con 15 m. de altura e máis de 9 de perímetro, localízase nun souto entre castiñeiros centenarios e muíños tradicionais dende hai máis de 700 anos
January 18, 2026 at 8:30 PM
Sabías que #Luar é o 2º programa máis lonxevo da historia da tv en España. Emitindose dende 1992, só por detrás de Informe Semanal de TVE, que leva dende 1973.Luar é único programa do mundo gañador de 7 Best International Format Awards na categoría de cadeas de ámbito non estatal
January 15, 2026 at 8:30 PM
Sabías que tal día coma hoxe do ano 1998, a plataforma de perforación petrolífera móbil Discoverer Enterprise rachaba as estachas de madrugada debido ao temporal e batia contra a Ponte das Pías, deixando a #Ferrol sen a súa principal vía de comunicación #Galicia #BoaNoite 👇🏼
January 13, 2026 at 8:31 PM
Sabías que tal día coma hoxe de 1950 morría Alfonso Rodriguez #Castelao. O 7 de xaneiro de 1950 finaba en Bos Aires (Arxentina) un dos pais do galeguismo e a figura mais importante da cultura galega do século XX. #BoaNoite #Galiza
January 7, 2026 at 8:30 PM
Sabías que Federico García Lorca tamén escribiu en galego. O poeta e dramaturgo andaluz, considerado o poeta español mais lido de tódolos tempos, publicou a obra Seis poemas galegos en 1935. Unha homenaxe á paisaxe e a lingua de #Galicia. Morreu fusilado o 18 de xullo de 1936.
January 5, 2026 at 8:30 PM
Sabías que en 1965 #Galicia contaba co hotel máis grande do mundo. O Burgo das Nacións (#Santiago) creado para o Ano Santo Xacobeo de 1965 e con cerca de 4000 prazas, foi tamén o primeiro parador da cidade por diante do Hostal dos Reis Católicos. 👇🏼
January 2, 2026 at 8:30 PM
Despedimos o ano desexándovos o mellor para o 2026. Aqui seguiremos o ano que vén 😊. Moitisimas grazas.🎉🎉 #Galicia #FelizAninovo #Feliz2026 #felizanonovo #FelizAno
December 31, 2025 at 8:30 PM
Amigos e amigas, pasade unhas moi boas festas. E que vos traia moitos agasallos quen sexa o que lle escribades as vosas cartas, pero sen dúbida moito mellor agasallos do noso #Apalpador . Unha aperta forte #Galicia #Nadal #BoNadal #Navidad
December 24, 2025 at 8:30 PM
Sabías que en #Catoira existen uns muiños únicos en Europa. Trátase dos Muiños de Abalo, que contan cun peculiar sistema de dobre aspa único en Europa. O seu emprazamento permite disfrutar dunhas espectaculares vistas á ría de #Arousa. #Galicia
December 23, 2025 at 8:30 PM
O Cemiterio dos Ingleses situado no concello de Camariñas, debe a sua orixe ao naufraxio do buque escola inglés The Serpent, na noite do 10 de novembro de 1890. Crese que as principais causas da traxedia debéronse a un temporal e á deficiente luz do antigo Faro Vilán👇🏻
December 22, 2025 at 8:30 PM
Sabías que Rosalía de Castro é a unica muller xunto con Isabel a Católica que foi retratada no anverso dun billete. Foi no último billete de 500 ptas antes de ser moeda, e incluía no reverso a Casa Museo de #Rosalía e uns versos de Follas Novas coa súa caligrafía. #Galicia
November 26, 2025 at 8:30 PM
Sabías que unhas das adegas consideradas máis antigas da península estan en #Galicia. Trátase das Adegas de Vilachá, case medio cento de construcións cubertas por tellados de pizarra a dúas augas, construcións que están catalogadas de Interese Turístico. #PobradoBrollón
November 25, 2025 at 8:30 PM
Sabías que Galicia é a segunda comunidade tras Canarias con mais xacementos termais, e unha das zonas con máis recursos termais de Europa. A maioria estan en Ourense e Pontevedra, polo sistema de fracturación do subsolo, máis denso que o das provincias do norte.
November 24, 2025 at 8:30 PM
Sabías que hoxe cúmprense anos do nacemento do rei Afonso X "O Sabio". No ano 2021 fixo 800 anos do seu nacemento.Recoñecido pola súa obra literaria, inlcuso en lingua galego-portuguesa, como nas súas famosas Cantigas de Santa María, realizando unha grande achega á lingua culta do momento. #Galicia
November 23, 2025 at 8:30 PM
Sabías que os grovenses son coñecidos como mecos. O seu nome débese á lenda do Meco, un señor feudal cacique que os grovenses colgaron dunha figueira no Monte Siradella fartos dos seus abusos. Todos os veciños se inculparon da sua morte, quedando así impunes, #Galicia #OGrove
November 19, 2025 at 8:30 PM
Hoxe cúmprense 23 anos do maior desastre ecolóxico nas nosas costas. Pasaron 23 anos do afundimento do #Prestige. Sempre orgullosos do pobo galego e de todos os voluntarios valentes que loitaron para limpar a nosa costa. #NuncaMais #Galicia
November 13, 2025 at 8:30 PM
Sabías que a Praza da Quintana de #Compostela construiuse enriba do antigo cemiterio medieval da cidade. Divídese en duas partes: A parte superior, Quintana de Vivos e a parte inferior, coñecida como Quintana de Mortos que é onde se atopaba o cemiterio. #Galicia
November 12, 2025 at 8:30 PM
Sabías que tal día coma hoxe do ano 1712 nacía na #Coruña Teresa Herrera. Ademais de fundar o primeiro hospital da Coruña, utilizou a súa casa familiar para dar acubillo a mulleres enfermas sen recursos. O actual Hospital Materno leva o seu nome como homenaxe. #Galicia
November 10, 2025 at 8:30 PM
Sabías que a Festa do Pemento de #Herbón leva celebrándose dende 1998. Cada primeiro sábado de agosto os veciños friten centos de quilos de pementos para os que se achegan ata a Carballeira do Convento. No ano 2001 acadou o recoñecemento de Festa de Interese Turístico. #Padron
November 6, 2025 at 8:32 PM
Sabías que #Coristanco é coñecida como a Capital da Pataca en #Galicia. O nome de Coristanco está asociado dende hai anos ao cultivo deste tubérculo. Así é que nesta vila se celebra a Festa da Pataca dende hai máis de 40 anos. #BoaNoite
November 3, 2025 at 8:30 PM