Trapabocha
banner
trapabocha.bsky.social
Trapabocha
@trapabocha.bsky.social
Fiat Multipla appreciator.
📍Ferrolgrado
Non metades gomas milán nata nos radiadores que son moi malas de sacar do parqué e podedes acusar sen fundamento aos vosos gatos de ghomitación indebida
January 29, 2026 at 9:43 PM
O misterio de por que non fundiu antes (levamos case 10 anos nesta casa) é igual de prosaico: Fai dúas semanas reparamos a caldeira e houbo que poñela a todo filispín. Nunca tan quentes estiveran os radiadores, parecían solistas españois dos 70.
January 29, 2026 at 9:43 PM
A xurisdicción da Investigación © foi expandida ao resto de radiadores e resulta que había bastante patrimonio
January 29, 2026 at 5:45 PM
Xa non era recoñecible e xa non quedaba moita, despois da ghomitada inicial. Sabemos que era unha destas porque nun extremo do radiador había outra metida, tostada pero enteira.
January 29, 2026 at 5:45 PM
Que era a movida? Unha puta goma Milán 430 verde (no tan meconio) de fai 15 ou 20 anos, dos donos anteriores da casa.
January 29, 2026 at 5:45 PM
A Investigación © consistiu en pechar un ollo e mirar co outro polas ranuras do radiador iluminando o asunto coa linterna do móvil e baixo a supervisión da gata que tamén estaba moi intrigada.
January 29, 2026 at 5:45 PM
Total, que non quedou outra e houbo que facer La Investigación ©
January 29, 2026 at 5:45 PM
Hoxe apareceu un novo pegote, moito máis pequeno. A min lémbrame ao pé de elefante de Chernobyl pero en cute.
January 29, 2026 at 5:45 PM
A orixe non estaba na gata, que era o importante, e semellaba máis ben unha silicona dura ou algo así epoxy.
January 29, 2026 at 5:45 PM
Aquí ninguén rematou de ver de Bricomanía así que fundamentalmente raspamos o asunto e quedamos un pouco así
a close up of a man wearing glasses and a wig .
ALT: a close up of a man wearing glasses and a wig .
media.tenor.com
January 29, 2026 at 5:45 PM
Imaxinade a sorpresa cando intentando recoller a desfeita con papel de cociña atopei que o asunto era sólido e estaba totalmente adherido ao chan.
January 29, 2026 at 5:45 PM
*Remolcanosa 5
January 5, 2026 at 9:10 PM