Vicente Abelleira Cambeiro
vicenteabelleira.bsky.social
Vicente Abelleira Cambeiro
@vicenteabelleira.bsky.social
Nacín en Outes, nas terras de Francisco Añón Paz e Nicolasa Añón Paz...
08-01-1919 Morre en Vigo o inventor Antonio Sanjurjo Badía, pioneiro na protección dos traballadores dos seus talleres.
January 8, 2026 at 1:52 AM
07-01-1950 Morre en Bos Aires Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
January 7, 2026 at 1:06 AM
06-01-1905 Nace na Coruña a pintora María Dolores Díaz Baliño, gran debuxante e acuarelista.
January 6, 2026 at 1:34 AM
06-01-1912 Nace en Celanova Celso Emilio Ferreiro, expoñente da corrente socialrealista da poesía de posguerra.
January 6, 2026 at 1:28 AM
05-01-1961 Sae do prelo "Memorias dun neno labrego", de Xosé Neira Vilas.
January 5, 2026 at 12:29 AM
04-01-1809 Nace Louis Braille creador do sistema de escritura e lectura para cegos.
January 4, 2026 at 2:27 AM
03-01-1874 Curros Enríquez publica "A fouce do avó" en "El Heraldo Gallego", periódico fundado por Valentín Lamas Carvajal.
January 2, 2026 at 11:28 PM
02-01-1866 Sae do prelo "El Brigantino", periódico editado en Ferrol até 1880.
January 1, 2026 at 11:14 PM
01-01-1889 Nace na Coruña Mª Luz Morales Godoy, a primeira directora dun xornal no Estado español, "La Vanguardia".
January 1, 2026 at 1:10 AM
31-12-1952 Nace o debuxante, humorista gráfico, deseñador e guionista Xesús Campos Álvarez, "Chichi Campos".
December 31, 2025 at 12:50 AM
30-12-1932 Nace Anisia Miranda Fernández, escritora cubano-galega e fundadora, en Bos Aires, da editorial "Follas Novas".
December 30, 2025 at 12:12 AM
29-12-1872 Nace o político e investigador Rodrigo Sanz López, inpulsor de numerosas iniciativas a prol da nosa cultura.
December 29, 2025 at 1:34 AM
28-12-1916 Fúndase "Cántigas da Terra", coro que tiña por obxecto defender a arte galega en todas as súas manifestacións.
December 28, 2025 at 1:49 AM
27-12-1935 Sae do prelo da editorial "Seis Poemas Galegos", de Federico García Lorca, con prólogo de Eduardo Blanco Amor.
December 27, 2025 at 3:17 AM
26-12-1942 Morre "Prado Lameiro", autor teatral poeta e figura destacada do rexionalismo galego de principios do XX.
December 26, 2025 at 1:14 AM
25-12-1912 Nace Celsa Pérez Moreiras, colaboradora do Seminario de Estudos Galegos e profesora de Farmacia na USC.
December 25, 2025 at 1:30 AM
24-12-1927 Sae do prelo "Margarida a da sorrisa d'aurora", de Evaristo Correa Calderón, primeiro conto infantil galego de autpr.
December 24, 2025 at 3:11 AM
23-12-1999 Morre o escritor Jenaro Marinhas del Valle firme defensor do carácter universal e lusófono do galego.
December 23, 2025 at 1:08 AM
22-12-1911 Nace en Mondoñedo o polifacético escritor Álvaro Cunqueiro, un dos autores máis importantes das nosas letras.
December 22, 2025 at 1:08 AM
21-12-1121 Dona Urraca, raíña de Galiza, entrega a Xelmírez as Torres do Oeste, que gardan o fondo da ría de Arousa.
December 21, 2025 at 2:30 AM
20-12-1907 O Himno Galego é interpretado de xeito oficial por primeira vez. Ocorreu no Gran Teatro da Habana.
December 20, 2025 at 12:48 AM
19-12-1911 Nace en Ferrol o filólogo e escritor Ernesto Guerra da Cal, defensor da integración de Galiza na lusofonía.
December 19, 2025 at 1:13 AM
18-12-1895 Nace en Lugo o poeta Luis Pimentel, cuxa obra é unha síntese da vangarda de dentro e de fóra de Galiza.
December 18, 2025 at 1:56 AM
17-12-1900 Nace en Laxe o químico e xeólogo Isidro Parga Pondal, autor do primeiro mapa xeolóxico de Galiza.
December 17, 2025 at 12:15 AM
16-12-2015 Morre na Coruña o escritor e xornalista Xosé Fernández Ferreiro, membro do grupo "Brais Pinto".
December 16, 2025 at 1:42 AM