#HistoriaDaCoruña
Gustaríache facer un percorrido turístico pola Coruña de fai cen anos? Imos a sumerxirnos nunha guía turística da cidade de 1924.

#Coruña1924 #HistoriaCoruñesa #GuíaTurística #DescubreACoruña #TurismoCoruña #HistoriadaCoruña #bestudoslocais
August 4, 2025 at 11:03 AM
Hoxe o Mercado de As Conchiñas celebra 50 anos! Un espazo que naceu para dar servizo a 40.000 veciñ@s e que hoxe segue a ser o corazón do Agra do Orzán. Pero… sabías que a súa inauguración en 1975 estivo chea de luces e sombras?

Dentro fío! 🧵

#MercadoDeAsConchiñas #AgraDoOrzán #historiadacoruña
March 1, 2025 at 1:11 PM
Na Biblioteca de Estudos Locais, conservamos parte da historia deste edificio a través de facturas do Banco Anglo-Sud Americano, que nos transportan a unha época de esplendor e actividade económica na cidade.

📷 1915-1925 #BEstudoslocais

#Arquitecturacoruñesa #HistoriadaCoruña
February 4, 2025 at 9:09 AM
Hoxe este espazo continúa como fogar de comercios, aínda que a súa última ocupante, @pprimor pechou tras 15 días de funcionamento por discrepancias co
@ConcelloCoruna pola restauración da fachada que tivo que volver a orixinal para acadar a licenza de apertura.

#HistoriadaCoruña
February 4, 2025 at 9:09 AM
Ao longo dos anos, o edificio albergou diferentes institucións financeiras, desde o Banco Anglo-Sud Americano ata a Banca Española de Crédito (Banesto), e finalmente foi absorvido polo Santander en 2013.

#Arquitecturacoruñesa #HistoriadaCoruña #BancoAngloSudAmericano
February 4, 2025 at 9:09 AM
Na fachada traballan os Talleres Escuderos, mentres que da carpintería interior e exterior fíxose cargo Hijos de Emilio Cervigón Carreiras.

📷 1922. Galiciana. América-Galicia revista, año II, nº 69
📷 1915-1925. Biblioteca Estudos Locais

#Arquitecturacoruñesa #HistoriadaCoruña
February 4, 2025 at 9:09 AM
Na construción do edificio interveñen varias empresas coruñesas, como a de Ángel Martínez Figueroa, que colabora na pintura do edificio como deixa constancia na propaganda de 1927.

📷 1927. Galiciana. Domecq en Galicia, nº 2

#Arquitecturacoruñesa #HistoriadaCoruña
February 4, 2025 at 9:09 AM
O edificio contaba cos avances dun espazo destinado ás operacións bancarias:

“o seu exterior, de severo estilo e sobriedade de liñas sen recargas e adornos, e un acerto do arquitecto D. Eduardo Losada”.

📷 1926. Galiciana. Galicia Industrial y comercial, nº 1

#HistoriadaCoruña
February 4, 2025 at 9:09 AM
En 1927 abre o Banco Anglo-Sud Americano, fito da arquitectura bancaria da época. A revista Galicia Industrial e Comercial describíao como un dos máis luxosos e elegantes da Coruña, destacando o seu sobrio estilo arquitectónico.

📷 Galiciana

#Arquitecturacoruñesa #HistoriadaCoruña
February 4, 2025 at 9:09 AM
No corazón da Coruña atópase un edificio testemuña da evolución da cidade ao longo dos anos. Un inmoble que volve a estar en boca de todos tras a apertura, peche e reapertura de Primor
(1/8)

📷 19-?. BEstudiosLocais

#EdificiosCoruña #Arquitecturacoruñesa #HistoriadaCoruña
February 4, 2025 at 9:09 AM
As imaxes que quedan do desastre, son unha lembranza do día no que as lapas cambiaron o rumbo da historia da estación de trens coruñesa.

📷 Fotografías de Fotoblanco extraídas do libro La Coruña entre siglos: 1899-2000.

#BEstudosLocais #EstaciónNorte #ACoruña #IncendiosCoruña #historiadacoruña
January 27, 2025 at 10:35 AM
Aínda así, o tren non detivo o seu camiño. 🚂 Ás 23:20, o “Shanghai”, con destino León, partiu puntual. O servizo ferroviario non se interrompeu a pesar da traxedia.

#BEstudosLocais #EstaciónNorte #ACoruña #IncendiosCoruña #EstacióndeFerrocarriles #Trens #Trenes #efemerides #historiadacoruña
January 27, 2025 at 10:35 AM
O lume, visible desde moitos barrios, atraeu a centos de curiosos que se achegaron á estación para presenciar o desastre. Entre as perdas, houbo unha especialmente dolorosa: os arquivos de inspección da provincia, gardados desde 1883, quedaron feitos cinzas

#EstaciónNorte #ACoruña #historiadacoruña
January 27, 2025 at 10:35 AM
As mangueiras dos bombeiros non encaixaban coas bocas de auga da estación. 🧯 Para recargar, tiveron que percorrer distintos puntos da cidade. A axuda do servizo de “Petrolíber” chegou tarde, e ás 11 da noite só quedaban en pé as paredes do edificio.

#EstaciónNorte #ACoruña #historiadacoruña
January 27, 2025 at 10:35 AM
Era un luns pola noite. O incendio comezou na planta principal, entre o tellado de uralita e o ceo raso. As lapas propagáronse tan rápido que, malia a chegada dos bombeiros, non se puido controlar a tempo. ¿O motivo? Unha incompatibilidade fatal nas bocas de rego. 😱

#Coruña #historiadacoruña
January 27, 2025 at 10:35 AM
🔥 Tal día como hoxe, o 27 de xaneiro de 1964, a Estación do Norte de A Coruña viviu un dos maiores incendios da súa historia. En apenas dúas horas, o lume arrasou case por completo o edificio. Aquí che contamos a historia dun desastre que cambiou a cidade. 🧵⬇️

#BEstudosLocais #historiadacoruña
January 27, 2025 at 10:35 AM
Estes documentos son unha mostra máis da riqueza da nosa memoria local. 📚

Ven á Biblioteca de Estudos Locais e descobre todo o que gardamos sobre a historia da Coruña. 🌟

#ACoruñaNoTempo #HistoriaLocal #BibliotecasMunicipais #HistoriadaCoruña
December 30, 2024 at 8:45 AM
A súa figura está profundamente ligada á modernización da Coruña e ao progreso social da cidade. Grazas a persoas como Marchesi, a nosa cidade avanzou cara a un futuro máis próspero e conectado.

#HistoriaDaCoruña #MarchesiAldau #Alcaldecoruñes
December 17, 2024 at 7:48 AM
Como filántropo, fundou o Monte de Piedad e foi protector da Cociña Económica. Tamén colaborou con figuras como Eusebio da Guarda, albaceando o seu legado, e participou na creación de institucións educativas como o Instituto onde estudou Pablo Picasso.

#HistoriaDaCoruña #MarchesiAldau
December 17, 2024 at 7:48 AM
Como filántropo, fundou o Monte de Piedad e foi protector da Cociña Económica. Tamén colaborou con figuras como Eusebio da Guarda, albaceando o seu legado, e participou na creación de institucións educativas como o Instituto onde estudou Pablo Picasso.

#HistoriaDaCoruña #MarchesiAldau
December 17, 2024 at 7:48 AM
José Marchesi Dalmau: O alcalde que iluminou A Coruña nacía tal día coma hoxe de 1827. Clave na transformación da #Coruña a finais do XIX. Promotor de proxectos que aínda hoxe definen a cidade, visionario tanto en política como no ámbito social.

Dentro 🧵 👇

#HistoriaDaCoruña #MarchesiAldau
December 17, 2024 at 7:48 AM
Queremos que sexas parte desta viaxe no tempo, compartindo recordos ou fotografías dos comercios e que formen parte da narrativa colectiva que constrúe a nosa identidade como cidade.

Que comercio tes na memoria?

#ComerciodaCoruña #HistoriadaCoruña #BEstudosLocais #EstablecimientosComerciais
December 9, 2024 at 11:47 AM
Desde as antigas tendas de ultramarinos ata os modernos comercios que ocupan os seus lugares, cada edificio ten unha historia que merece ser contada.

📷 do Arquivo do Reino de Galicia. Galiciana

#ComerciodaCoruña #HistoriadaCoruña #BEstudosLocais #EstablecimientosComerciais
December 9, 2024 at 11:47 AM
A Biblioteca de Estudos Locais, conserva a memoria vida da cidade. #ComerciodaCoruña #HistoriadaCoruña #FotografiasCoruña #BEstudosLocais #EstablecimientosComerciais
December 9, 2024 at 11:47 AM