#andrómenasdebuxadas
Este ano colaborei de novo co fanzine que edita no verán a boa xente de Edicións Baixo Terra. Fixen unha historia curta lembrando cando me invitaron ás festas de Becerreá hai unha chea de tempo pero que índa lembro con agarimo 💗

#andrómenasdebuxadas #fanzines #engalego
#cómic #bandadeseñada
September 23, 2025 at 3:42 PM
🌟 O Camiño 🌟

Sempre lle dixeran que non fixera caso das criaturas do mar, pois viven de afundir barcos e homes. Pero no medio daquela escuridade, por onde seguir sen un guía?

#andrómenasdebuxadas #engalego #ilustración #illustration #bosquexos
April 17, 2025 at 4:14 PM
🌟 Crueis Intencións 🌟

Dalgunha forma a copa que levaba a filla do marqués acabara no seu vestido. A punzada no peito púxoa furiosa -e peor aínda, con gana de chorar!-, pero sorríu como unha boneca e saíu da sala. Na escuridade comezou a maquiná-la súa vinganza.
#andrómenasdebuxadas #ilustración
February 13, 2025 at 6:42 PM
❇️ INDIANO ❇️

As faladurías inventan moito, pero aquel recén chegado tiña a mala sorte do seu lado: todo o que dicían del era certo. Marchara décadas atrás mais os habitantes das aldeas do norte nunca esquecen.

#andrómenasdebuxadas #bosquexos #engalego #ilustración
January 28, 2025 at 6:27 PM
A Rá

Os seus irmáns dixéranlle que para atopar unha princesa só tiña que baixar ao regato do final do xardín. A rá comezara a falar da súa familia, de que non tiña tempo para bromas de nenos e que as princesas non andaban con estas lerias. Non soubo qué responder.

#andrómenasdebuxadas #bosquexos
January 8, 2025 at 6:06 PM
A ver se podemos facer historias novas para o 2025!

#andrómenasdebuxadas #bosquexos #bandadeseñada #engalego
December 30, 2024 at 5:16 PM
Agardo que teñades unhas Boas Festas!!

(Déixovos coa postal que fixen para este ano)💗

#andrómenasdebuxadas #bonadal #engalego
December 23, 2024 at 7:01 PM
◇ O pequeno Lord non ten medo. Nin de cómo o miran cando tapa o brazo tolleito, nin de cómo falan del as súas costas con mágoa. Ten o corazón duro e poucas esperanzas. ◇

Foron uns meses duros pero aquí seguimos a contar historias!

#andrómenasdebuxadas #bosquexos #ilustración #engalego
December 18, 2024 at 5:01 PM