#xeneraisdaulla
Comezan os días grandes de #Entroido con altos dos #XeneraisdaUlla en case todos os concellos (nas parroquias estradenses adiáronse):

- sábado 14: en A Bandeira, Fonte Díaz, Aríns, Cacheiras e Sta. Mª Teo.
- domingo 15: Piloño, Sta. Lucía, Cacheiras e Sergude.
- martes 17: Fao.
February 14, 2026 at 7:54 AM
Fin de semana de #Entroido con atranques dos #XeneraisdaUlla en case todos os concellos:

- sábado 14: en A Bandeira, Fonte Díaz, Aríns, Cacheiras e Sta. Mª Teo.
- domingo 15: Piloño, Couso, Sta. Lucía, Sta. Cristina de Vea, Cacheiras e Sergude.
- martes 17: no desfile municipal da Estrada e en Fao.
February 12, 2026 at 2:06 PM
Se a metereoloxía o permite, hoxe haberá atranques dos #XeneraisdaUlla nas parroquias de #Lamela (Silleda), #Marrozos (Compostela) e #Vilanova (Vedra), que #Reis (Teo xa o adiou para dentro dun mes
February 7, 2026 at 9:22 AM
O Telexornal mediodía da @tvgalicia.bsky.social falou do #atranque dos #XeneraisdaUlla de onte na parroquia teense de Lucí.

Grazas á organización e a todos os participantes que se achegaron coñecer este #entroidorural tradicional.

E a vindeira fin de semana chegan o sábado e domingo corredoiro.
February 1, 2026 at 7:24 PM
Esta fin de semana xa foi cancelado in dos atranques, por mor da metereoloxía.

Haberá que estar atento dos acontecementos

#XeneraisdaUlla
January 29, 2026 at 10:30 AM
The Xenerais da Ulla welcome the Carnival. Enjoy this
rural tradition from our region. Check locations and
schedules to fully experience this festival

www.santiagoturismo.com/festas-e-tra...

#WorldHeritage #Entroido #Carnaval #XeneraisdaUlla
Xenerais da Ulla - Carnaval Rural Tradicional [17 de enero-22 de febrero 2026] | Web Oficial de Turismo de Santiago de Compostela y sus Alrededores
Los Xenerais da Ulla  es el espectáculo más destacado del Carnaval tradicional de la comarca del Ulla, que se lleva a cabo en las inmediaciones de la ciudad de Santiago desde la primera mitad del sigl...
www.santiagoturismo.com
January 28, 2026 at 8:31 AM
Esta fin de semana comezou o #Entroido dos #XeneraisdaUlla.

O sábado 24 continuaron os obradoiros creativos na Casa común de Rarís (en Teo), e ás 18:30 foi o 1º atranque en San Miguel de Sarandón (Vedra).

Hoxe, domingo 25, ás 20 horas é a quenda de Oza (en Teo).

#moicercadeSantiago
January 25, 2026 at 9:09 AM
Eis aquí unha pequena representación duns Vivas a cargo do dos Xeneraliñxs da Bandeira.

#XeneraisdaUlla
January 17, 2026 at 10:20 PM
Esta mañá no Auditorio Manuel Dopazo, de A Bandeira (Silleda) apresentouse oficialmente o #Entroido dos #XeneraisdaUlla de 2026.

Tras a benvida aos asistentes foron os discursos dos representantes institucionais. O acto rematou cuns vivas a cargo dos Xenerais da Bandeira e da súa Escola.
January 17, 2026 at 10:18 PM
O Entroido dos Xenerais da Ulla, recoñecido como Ben de Interese Cultural, é memoria, identidade e futuro 🎭✨
Vémonos para dar comezo a unha das celebracións máis singulares de Galicia!

#XeneraisDaUlla #BIC #EntroidoRural #Canteira #Bandeira #TradiciónViva
January 13, 2026 at 4:19 PM
🎺✨Arranca o Entroido dos #XeneraisdaUlla! ✨🎺

Os xenerais das diferentes parroquias dos 8 concellos do Ulla reúnense para dar comezo a unha nova edición desta festa única 💥🐴

📍 A Estrada, Boqueixón, Santiago de Compostela, Silleda, Teo, Touro, Vedra e Vila de Cruces.
January 13, 2026 at 4:18 PM
Esta precioso mural, sito en Concello de Vedra é a imaxe do cartaz do #Entroido Rural tradicional dos #XeneraisdaUlla de 2026.

O seu autor é Diego As, o muralista lugués autor do Xulio César, escollido como o mellor mural do mundo de 2021 por @streetartcities.bsky.social
January 12, 2026 at 10:17 PM
⏳ En nada entramos no tempo dos entroidos...

📅 O vindeiro sábado o Concello de Teo programa unha experiencia creada para achegarnos ao Entroido dos #XeneraisdaUlla e explorar a creatividade creando un tricornio de xeneral ao ritmo de inxeniosas coplas!

✍️ Anotádevos en www.teo.gal/gl/inscricio...
January 12, 2026 at 12:37 PM
CONTA ATRÁS PARA O ENTROIDO RURAL TRADICIONAL DA ULLA

Xa está actualizado na nosa web o calendario de eventos dos #XeneraisdaUlla con todos os eventos asociados á nosa tradición: altos ou atranques, desfiles e demais festas.

VER: xeneraisdaulla.gal/calendario/

@turismodesantiago.bsky.social
January 8, 2026 at 2:32 PM
Este sábado temos unha cita polas rúas de Compostela co resto de entroidos tradicionais do País. Achegádevos ver o Desfile, organizado un ano máis por @turismodegalicia que imos pasear pola capital enchendo a zona vella de ruido e cor!!

#xeneraisdaulla
September 1, 2025 at 1:22 PM
Pensábades que xa rematáramos, pois non! Se a meteoroloxía o permite este sábado 22 serán os #XeneraisdaUlla na parroquia estradense de Arnois, con desfile e atranques a partir das 18 horas no campo da festa.

#Entroido #moicercadeSantiago
March 19, 2025 at 9:36 AM
Resumo fotográfico da presenza dos #XeneraisdaUlla na #Festadafilloa de #Lestedo 😁😁

Gran día, bonito desfile e grandes atranques!!🐴🐴🐎🐎🦸‍♀️👹👺

📸: Patri Figueiras (grazas!! 😍)
March 10, 2025 at 8:20 AM
Adiado por razóns metereolóxicas o #Entroido en #Arnois no Concello da Estrada.

#XeneraisdaUlla #moicercadeSantiago
March 6, 2025 at 11:17 AM
Onte, domingo de Entroido, os #XeneraisdaUlla volvimos ser nova na TVG.

Vía @g24noticias

#Entroido #moicercadesantiago

www.facebook.com/share/v/1F3a...
Redirecting...
www.facebook.com
March 3, 2025 at 5:44 PM
Viva o Entroido!! Vivan os Xenerais da Ulla!! Libro de Eutropio Rodríguez e Javier Iglesias Ramos. @xeneraisdaulla.bsky.social

xeneraisdaulla.gal/productos/vi...

#Antroido
#Entroido
#XeneraisdaUlla
#agasallacogalego
#agasallaengalego
March 3, 2025 at 10:26 AM
E hoxe, Domingo de Entroido, os #XeneraisdaUlla temos traballo no Eixo (Compostela), Couso (A Estrada), Sergude (Boqueixón) e repetimos en Cacheiras (Teo).

#Entroido #moicercadeSantiago

@concellosantiago.bsky.social @turismodesantiago.bsky.social
March 2, 2025 at 8:27 AM
Piripipí pirí pipí, o #Entroido xa está aquí, o Entroido xa está aquí!! Chegan os días centrais tamén para os #XeneraisdaUlla, e aquí, nesta bisbarra, xa comeza mañá, co entroido en Fonte Díaz (Concello de Touro), con desfile e atranques matinais.

#moicercadeSantiago
February 27, 2025 at 9:56 AM
Novas presentacións do fotolibro “VIVA! Os Xenerais da Ulla”, de Eutropio Rodríguez (fotos) e Javier Iglesias Ramos (textos).

Hoxe: en A Estrada.
Mañá: en Dombodán (Arzúa).

#XeneraisdaUlla
February 27, 2025 at 8:04 AM
Este domingo 23 foi a quenda dos entroidos de Bama, Merza, Angrois e Reis.

Vía G24noticias

www.instagram.com/reel/DGcsmqJtaQ3/?igsh=MWZpZGd2enk5dW42dQ==

#XeneraisdaUlla #Entroido #moicercadeSantiago
Login • Instagram
Welcome back to Instagram. Sign in to check out what your friends, family & interests have been capturing & sharing around the world.
www.instagram.com
February 24, 2025 at 8:21 AM