A Hedreira
@hedreira.bsky.social
97 followers 36 following 370 posts
Centro social autoxestionado en Lugo. Móvenos a cultura alternativa, a creación colectiva, a xustiza social e a defensa do territorio. Podes informarte e afiliarte en: ahedreira.noblogs.org Rúa Catasol, 17 (LUGO)
Posts Media Videos Starter Packs
Pinned
hedreira.bsky.social
Actividades de outubro
hedreira.bsky.social
E despois... Aprendemos catalán coa práctica. Faladoiro en catalán os martes de 20:15 a 21:30. I tant que sí!
hedreira.bsky.social
Mañá volven as clases de galego, orientadas para persoas procedentes de fóra de Galiza. Desta vez, os martes de 18:45 a 20:15. Pásallo as túas amizades inmigrantes!
hedreira.bsky.social
Actividades de outubro
hedreira.bsky.social
Charla-degustación: A Landra (belota) como alimento ecolóxico, rico e nutritivo.

Agora que comeza a tempada de landras, explicaranse varios métodos de preparación deste alimento silvestre adecuados para o consumo humano. Tamén faremos unha tortas de landra para degustalas.
hedreira.bsky.social
🔭🧪 II XORNADAS DE DIVULGACIÓN 📚🧬

Se te frustra que ninguén coñeza o teu TFG/TFM/..., isto é para ti 🫵

📆 Acolleremos unha nova edición os próximos 23 e 27 de outubro.

📩 Envíanos a túa proposta a [email protected]
II XORNADAS DE DIVULGACIÓN

Se te frustra que ninguén coñeza o teu TFG/TFM/..., isto é para ti
*e se che interesa coñecer o que investigaron outras persoas tamén

Xornadas para divulgar coñecemento

Quedamos tan satisfeitas coa primeira edición que imos repetir! Queremos aprender de ti, e seguro que non somos as únicas. É unha sensación compartida por moitas que é unha mágoa que investigacións interesantes, do ámbito académico ou non, rematen ignoradas nun caixón. Se ti tamén botas en falta ocasións para achegar o que sabes á sociedade, esta é a túa oportunidade. O centro social A Hedreira (r/Catasol, 17) acollerá unhas novas xornadas de divulgación os días 23 e 27 de outubro. Concretaremos o horario e títulos das exposicións nas nosas redes sociais (Instagram, Facebook, Telegram, Bluesky) en función das propostas recibidas.

Envíanos a túa proposta!

Se estás desexando presentar o teu TFG, TFM, tese, PFC ou investigación doutro tipo, envía canto antes a csahedreira@riseup.net un resumo do traballo, requisitos materiais e a túa dispoñibilidade. Temos ordenador e proxector. Priorizaremos aqueles traballos que aborden temáticas con impacto social.
hedreira.bsky.social
Nesta proposta, queremos darlle unha volta á forma que temos de desfrutar das películas (caladiños e portándonos ben) para ensalzar así a experiencia de ver cine compartindo análises, risas e opinións.
hedreira.bsky.social
🔥🎬CINEFORUM QUENTE, XOVES 25 ÁS 18:30:

Nesta primeira edición do coñecido como cine quente veremos unha película onde en canto de facer calar aos expectadores e odiar os comentarios polo baixiño das nosas acompañantes, os espectadores interrumpirán a película cantas veces o consideren oportuno.
hedreira.bsky.social
Para a xente que só teña curiosidade, pero que non queira ou poda participar activamente no grupo, non vos preocupedes, faremos algunhas actividades abertas máis adiante 😊

Esperamoste na Hedreira ás 19h 🪩
hedreira.bsky.social
Algunhas das próximas xuntanzas serán pechadas (só para integrantes do grupo), polo que se estás interesade en participar no grupo, pero non podes asistir, ponte en contacto connosco 💌
hedreira.bsky.social
O vindeiro xoves 18 de setembro terá lugar a primeira reunión aberta de Lugo non monógamo

Aproveitaremos para organizarnos un pouquiño e acabar de decidir cal vai ser o camiño a seguir nas próximas reunións e o enfoque do grupo. Se queres participar achegate a coñecernos 🤗
hedreira.bsky.social
📢 En Lugo, este xoves 4 de setembro!

Na Hedreira argallamos este preevento ben chulo para apoiar a recadación de fondos para o III Encontro Burla Verde.

Achégate!
hedreira.bsky.social
Non paran os festivais en Galiza. Este venres o “Vegan Culinary Fest”.... E fuck KKR. 🥗 Reserva!
hedreira.bsky.social
Imos recoller e enviar material para os incendios de Ourense na Hedreira. Estaremos abertas hoxe de 17.00 a 21.30 e mañá xoves de 13.30 a 15.00.
NOVO PUNTO DE RECOLLIDA DE MATERIAL EN LUGO FRONTE AOS INCENDIOS DE OURENSE:

CS A HEDREIRA (R/Catasol, 17) – mércores de 17:00 a 21:30 e xoves de 13:30 a 15:00

Fai falla:
- Máscaras certificadas contra lumes forestais (FFP2, FFP3)
- Roupa e botas ignífugas, luvas ignífugas, de xardín ou de soldadura
- Gafas de protección
- Mangueiras de 24 mm con racor tipo Barcelona para enganchar aos camións
- Colirio, soro fisiolóxico, gasas, desinfectante, tiritas, botiquíns
Batelumes (mercados ou caseiros: alfombras de coche...)
Paus gordos tipo sacho, cubos, rastrillos, capachos, pas
Roupa para doar a familias que perderon todo
Auga (non só garrafas, tamén botellas pequenas)
Para animais domésticos e salvaxes:
- Penso de gatos, cans, paxaros, comida húmida, froita
- Letrinas planas para auga, bebedeiros, comedeiros
- Feo, palla, cereais

Xa NON fai falla:
- Comida
hedreira.bsky.social
Este domingo na Hedreira obradoiro de adestramento visual para a detección de IA.
hedreira.bsky.social
Cinefórum este xoves ás 20h
hedreira.bsky.social
Actividades de agosto
hedreira.bsky.social
No vrao haberá que comer tamén. Cea vegana o venres 8 ás 21:30. Reserva por IG ou email. Data límite para reservar: venres 14:00
hedreira.bsky.social
Para isto, utilizaremos: unha pequena mesa de misturas, micros e un programa informático para editar audio.

Podes participar, aportando a túa voz, ideas ou algún tema musical* que acompañe as cuñas.

*neste caso trae a música nun lapiz de memoria, xa que na Hedreira non temos internet.
hedreira.bsky.social
Obradoiro de elaboración de cuñas para o Podcast da Hedreira.

O obxectivo deste obradoiro é elaborar unhas "cuñas" radiofónicas para elaborar os programas que serán incluídos no podcast da Hedreira.

⬇️
Reposted by A Hedreira
avantelgbtlugo.bsky.social
Atención todes! 📣🔔
Compartimos a información sobre a programación para o sábado 28 de xuño, día do Orgullo LGBT+ 2025 🏳️‍🌈🏳️‍⚧️
Este ano, coma sempre, comezaremos dende a Praza Horta do Seminario (ás 12h00) a manifestación, que rematará na Praza de San Marcos.
O orgullo facémolo xuntas! Esperámosvos 🙌🏳️‍⚧️🏳️‍🌈
hedreira.bsky.social
Temos que suspender a proxección de hoxe. Sentímolo 🙏
hedreira.bsky.social
Este mes de xuño temos este ciclo de cine-documental "A banca non sempre gaña"!! Non fai falta inscripción, esperámosvos
hedreira.bsky.social
👁️📍Ollo! Será pola mesma zona, pero desprazámonos un pouco, ata abaixo da Rúa das Artes (entre o Mctrolas e o Burroking). E por certo, xa que estamos: Boicot a McDonalds!! 🇵🇸
hedreira.bsky.social
🔥🔥Lume novo 2025!!

Concerto de Manukasoaparte 🎸, recollida de herbas 🌿, cacharela miúda para as máis cativas 👧🏼, conxuro 🧙 e a gran fogueira 🔥🙇🏼

🥛 Trae o teu copo!

Pois veña, a queimar os apuntes, os infortunios, a Netanyahu ou o que che dea malas vibras.

Vivan as festa populares!
hedreira.bsky.social
Estades todxs convidadxs a participar nesta asamblea aberta. Nela tratarase temas como partillar saberes prácticos, protocolos de acción en caso de emerxencia, crear tecido social e difundir a idea do decrecentismo.

Organízate, difunde, actúa!📣📣📣📣