Avante LGBT+ Lugo
@avantelgbtlugo.bsky.social
30 followers 13 following 33 posts
Organización LGBT+ anticapitalista, feminista e galega. Somos @avantelgbt na comarca de Lugo 📢🌈✊ 📩: [email protected] 📍Lugo, Galiza
Posts Media Videos Starter Packs
avantelgbtlugo.bsky.social
Achégase unha asemblea aberta!

O vindeiro xoves 25 de setembro ás 18h00 teremos unha asemblea aberta no C.S. Madia Leva, na Rúa Serra dos Ancares n°18.

Esperámosvos! ✊🏳️‍⚧️🏳️‍🌈
avantelgbtlugo.bsky.social
Xa chega a II Escola de Verán! Os días 30 e 31 de agosto vémonos no CS A Desviada en Vigo nas xornadas de formación organizadas por Avante LGBT+.
Inscríbete no enlace!
forms.gle/J67kVwu8yA2A...
avantelgbtlugo.bsky.social
Achégase unha asemblea aberta!

O vindeiro martes 15 de xullo ás 20h00 teremos unha asemblea aberta no C.S. Vagalume, na Rúa das Nóreas n°5.

Esperámosvos! ✊🏳️‍⚧️🏳️‍🌈
avantelgbtlugo.bsky.social
*** De seguido teremos unha Foliada no CSA Mádia Leva, empezando aproximada ás 13h00, na Rúa Serra dos Ancares, 18.
avantelgbtlugo.bsky.social
Atención todes! 📣🔔
Compartimos a información sobre a programación para o sábado 28 de xuño, día do Orgullo LGBT+ 2025 🏳️‍🌈🏳️‍⚧️
Este ano, coma sempre, comezaremos dende a Praza Horta do Seminario (ás 12h00) a manifestación, que rematará na Praza de San Marcos.
O orgullo facémolo xuntas! Esperámosvos 🙌🏳️‍⚧️🏳️‍🌈
avantelgbtlugo.bsky.social
O venres 27 de xuño a partir das 18h00 estaremos levando a cabo a segunda xornada de traballo de cara o Orgullo LGBT+ 2025, no CSA Madia Leva, na Rúa Serra dos Ancares nº 18.
Sigamos construíndo entre todes un Orgullo Cuir en Lugo! 🏳️‍🌈🏳️‍⚧️
avantelgbtlugo.bsky.social
Este xoves 19 de xuño a partir das 18h00 estaremos levando a cabo unha xornada de traballo de cara o Orgullo LGBT+ 2025, no CSA Madia Leva, na Rúa Serra dos Ancares nº 18.
Construamos entre todes un Orgullo Cuir en Lugo! 🏳️‍🌈🏳️‍⚧️
Reposted by Avante LGBT+ Lugo
avantelgbtlugo.bsky.social
O vindeiro mércores 11 de xuño ás 19h00 terá lugar a segunda asemblea aberta para falar sobre o Orgullo LGBT+ 2025, no CSA A Hedreira, na Rúa Catasol nº 17.
Construamos entre todes un Orgullo Cuir en Lugo! 🏳️‍🌈🏳️‍⚧️
avantelgbtlugo.bsky.social
O vindeiro mércores 28 de maio ás 19h30 no CSA A Hedreira (Rúa Catasol, 17) teremos a presentación dos comics “Chico!” xunto co autor da obra, Pablo Carreiro.

Esperámosvos! 🙌🏳️‍🌈🏳️‍⚧️
avantelgbtlugo.bsky.social
O vindeiro xoves 22 de maio ás 19h00 terá lugar unha asemblea aberta para falar sobre o Orgullo LGBT+ 2025, no CSA A Hedreira, na Rúa Catasol nº 17.
Construamos entre todes un Orgullo Cuir en Lugo! 🏳️‍🌈🏳️‍⚧️
Reposted by Avante LGBT+ Lugo
avantelgbt.bsky.social
17 de maio: día internacional contra a LGBTIfobia

Hoxe celébrase o día internacional contra a LGBTIfobia, nun momento no que o seu impacto é máis visible ca nunca. No último ano vimos como o odio cara o colectivo se usou como motor da dereita para impulsar o seu discurso.
17 DE MAIO
DÍA INTERNACIONAL CONTRA A LGBTIFOBIA Hoxe celébrase o día internacional contra a LGBTIfobia, nun momento no que o seu impacto é máis visible ca nunca. No último ano vimos como o odio cara o colectivo se usou como motor da dereita para impulsar o seu discurso.

En EE. UU. foi parte fundamental da campaña de Trump, e en Francia e Reino Unido tamén tivo un papel protagonista nas campañas electorais. Neste último vimos como o partido Laborista, supostamente de centro esquerda, adoptou a transfobia no seu discurso e o Tribunal Supremo emitiu unha sentencia transfóbica histórica. E en España tamén temos exemplos de sobra de como o odio gaña forza. O PSOE borrando a Q e o + e a Comunidade Valenciana querendo eliminar a súa lei trans son só dous exemplos recentes.

Constantemente estamos vendo como os dereitos que conquistamos se nos poden arrebatar nun instante cando é beneficioso á hora de conseguir apoio de certos elementos, e non poucas veces o odio vén das mesmas institucións que usan ó colectivo como ferramenta para ofrecer unha imaxe progresista e amable. O maior exemplo disto último o temos no estado xenocida de Israel, que combina ao mesmo tempo políticas LGBTIfóbicas con pinkwashing; e no seu fiel altofalante para o lavado de cara, o festival de Eurovisión, no que este ano se prohibiu o uso de bandeiras LGBT+ a pesar de venderse como un bastión cultural da comunidade.

Temos que loitar contra a LGBTIfobia, tanto a gran escala como a pequena. Tódolos actos de loita contan. Por iso, como primeiro paso, hoxe pedimos o boicot contra o festival de Eurovisión, no que a LGBTIfobia e o apoio ao xenocidio se dan a man.
avantelgbtlugo.bsky.social
O vindeiro martes 23 de abril ás 21:00h teremos unha asemblea aberta no C.S. Madia Leva, na Rúa Serra dos Ancares n°18. Nela xestionaremos as actividades que imos levar a cabo este e os seguintes meses e falaremos sobre o comezo da organización do Orgullo LGBT+ deste ano.

Esperámosvos! ✊🏳️‍🌈
avantelgbtlugo.bsky.social
Achégate a compartir ideas sobre o Orgullo LGTB+ 2025 en Lugo!
avantelgbtlugo.bsky.social
Comenzaremos coas proxeccións dos musicais “Hedwig and the Angry Inch” e “Emo the Musical”. Dende as 21h30 teremos un bingo musical e remataremos a xornada cunha cea vegana colaborativa. Convidámosvos a traer algo para compartir! 💜

Continuemos enfrontando este xenocidio.
Esperámosvos! ✊🇵🇸🏳️‍🌈🏳‍⚧
avantelgbtlugo.bsky.social
Este sábado 17 de maio: Eurovision’t. Acompañádenos neste Boicot a Eurovisión a partir das 17h00 no C.S. A Hedreira, na Rúa Catasol n°17.
avantelgbtlugo.bsky.social
**Ademais, antes terá lugar a celebración do III Aniversario do CSA A Hedreira (Rúa Catasol, 17).
avantelgbtlugo.bsky.social
Festa Cuir! Este sábado 3 de maio a partires das 23h30 esperámosvos no CSA Vagalume, na Rúa das Nóreas, 18.
Haberá música diversa, brebaxes varios, xogos e sorteos.
Vide a pasar unha noite divertida connosco. Esperámosvos 🎉🏳️‍🌈🪅🏳️‍⚧️
avantelgbtlugo.bsky.social
**Ademais, antes terá lugar a celebración do III Aniversario do CSA A Hedreira (Rúa Catasol, 17).
avantelgbtlugo.bsky.social
Festa Cuir! Este sábado 3 de maio a partires das 23h30 esperámosvos no CSA Vagalume, na Rúa das Nóreas, 18.
Haberá música diversa, brebaxes varios, xogos e sorteos.
Vide a pasar unha noite divertida connosco. Esperámosvos 🎉🏳️‍🌈🪅🏳️‍⚧️
Reposted by Avante LGBT+ Lugo
avantelgbt.bsky.social
Día da Visibilidade Lésbica 📢🏳️‍🌈
26 de abril, día da Visibilidade Lésbica. Avante LGBT+. Foto de Elisa e Marcela. Día da Visibilidade Lésbica 📢🏳️‍🌈

O 26 de abril é un día para visibilizar e lembrar a necesaria representación das lesbianas dentro do colectivo LGBT+, de loitar pola dobre violencia que sofren, tanto polo seu xénero como pola súa orientación sexual. 

Esta falta de visibilidade é a que dificulta en moitos casos o recoñecemento dos seus dereitos, como a correcta atención médica ou o acceso á educación sexual. 

Este xuño lembremos que non é o Orgullo Gai, que o Orgullo é para todas, e que aínda queda moito camiño por percorrer.
avantelgbtlugo.bsky.social
Achégase unha asemblea aberta!

O vindeiro mércores 23 de abril ás 20h00 teremos unha asemblea aberta no C.S. A Hedreira, na Rúa Catasol n°17.

Esperámosvos! ✊🏳️‍⚧️🏳️‍🌈
avantelgbtlugo.bsky.social
🔊🔊🔊O próximo sábado 12 de abril a partires das 18h00 tedes unha cita coa nosa segunda foliada aberta no Mádia Leva (Rúa Serra dos Ancares 18).
Esperámosvos! 🎶✨
Reposted by Avante LGBT+ Lugo
avantelgbt.bsky.social
Día Mundial da Visibilidade Trans 🏳️‍🌈🏳️‍⚧️

Reclamamos unha vida digna, sen medo e con dereitos reais. Sempre estivemos aquí e aquí seguimos, esixindo xustiza e igualdade.

Os nosos dereitos non son negociables!
31/03 Día Internacional da Visibilidade Trans. Cores da bandeira trans. Logo Avante LGBT+ Hoxe é un día para lembrar que a visibilidade é só o primeiro paso. Ser visibles é importante para combater a desinformación e os prexuízos, pero non chega se non vai acompañada de cambios reais. Sen políticas efectivas en saúde, educación e emprego, a discriminación estrutural segue presente.

E se na cidade xa hai barreiras, no rural as dificultades multiplícanse. Moitas persoas trans e non binarias en zonas rurais enfróntanse a unha dobre loita: a da falta de acceso a servizos específicos e a do illamento social. A atención sanitaria especializada obriga a desprazamentos interminables, os recursos son escasos e a presión social para encaixar nun rol normativo pode ser asfixiante.

Pero tamén no rural hai resistencia e comunidade. A diversidade non é só unha realidade urbana. A Galiza non será verdadeiramente diversa ata que o sexa en todas partes! 

É urxente garantir que as políticas de igualdade e os servizos de atención á diversidade de xénero cheguen tamén ao rural, sen discriminación por código postal. 🔹 A atención sanitaria segue sendo un labirinto de esperas e trabas burocráticas, cunha falta alarmante de profesionais formados na realidade trans e cun sistema que obriga á derivación masiva á unidade de xénero, dificultando o acceso a tratamentos esenciais.

🔹 O sistema educativo segue fallando á infancia e á mocidade trans, cun protocolo obsoleto na Galiza e moitos centros sen medidas efectivas contra o acoso escolar. As crianzas e adolescentes trans seguen atopando máis obstáculos que apoios na súa etapa educativa.

🔹 O ámbito laboral continúa sendo un espazo de exclusión, con taxas de desemprego altísimas entre as persoas trans, especialmente entre as mulleres trans. A discriminación nas entrevistas de traballo ou no ambiente laboral segue sendo unha realidade cotiá.

🔹 O discurso de odio aumenta nos medios de comunicación e na política, mentres colectivos reaccionarios tentan borrar dereitos xa conquistados e sementan medo con falsidades sobre as persoas trans. Non fai falta ser activista para apoiar os dereitos trans. No día a día, podemos facer moito:

     Usa os nomes e pronomes correctos das persoas trans, sen excepcións nin escusas.
     Denuncia comentarios e actitudes transfóbicas.
O silencio tamén é cómplice.
     Infórmate e combate a desinformación, non compartas bulos e apoia fontes fiables sobre identidade de xénero.
     Esixe políticas públicas que garantan dereitos reais, que a nosa visibilidade non quede en mera representación sen cambios estruturais.
     Escoita ás persoas trans, en vez de falar por elas. Pregúntalles que necesitan e como podes axudar. 

Reclamamos unha vida digna, sen medo e con dereitos reais. Sempre estivemos aquí e aquí seguimos, esixindo xustiza e igualdade. 

Os nosos dereitos,
non son negociables!
avantelgbtlugo.bsky.social
Cambio de ubicación de última hora!

Finalmente a asemblea de hoxe venres 28 de marzo ás 19h30 terá lugar no C.S. Madia Leva, na Rúa dos Ancares n°18.

Esperámosvos! ✊🏳️‍⚧️🏳️‍🌈