Avante LGBT+
@avantelgbt.bsky.social
76 followers 31 following 8 posts
Organización LGBT+ anticapitalista, feminista e galega. | FB: Avante LGBT+ | IG: avantelgbt | 📩 [email protected]
Posts Media Videos Starter Packs
Reposted by Avante LGBT+
avantelgbtlugo.bsky.social
Achégase unha asemblea aberta!

O vindeiro xoves 25 de setembro ás 18h00 teremos unha asemblea aberta no C.S. Madia Leva, na Rúa Serra dos Ancares n°18.

Esperámosvos! ✊🏳️‍⚧️🏳️‍🌈
avantelgbt.bsky.social
Xa chega a II Escola de Verán! Os días 30 e 31 de agosto vémonos no CS A Desviada en Vigo nas xornadas de formación organizadas por Avante LGBT+.

Inscríbete no enlace!
forms.gle/J67kVwu8yA2A...
Reposted by Avante LGBT+
Reposted by Avante LGBT+
avantecompos.bsky.social
Os días que se levará a cabo son:
Xoves 4 de setembro
Xoves 11 de setembro
Xoves 18 de setembro
Xoves 25 de setembro
Martes 30 de setembro
Dende as 17h ata ás 20h

Levaremos a cabo a presentación do curso o mércores 30 de xullo. Contacta se queres máis información. Agardámoste!
Reposted by Avante LGBT+
avantecompos.bsky.social
Este mes de setembro estamos organizando un curso sobre traballo sexual.

A autoorganización de les putes cunha visión Anticapitalista, Antirracista, Interseccional e Transfeminista.
Reposted by Avante LGBT+
avantelgbtponte.bsky.social
🚨 AGRESIÓN HOMÓFOBA EN PONTEVEDRA

Este luns 11 ás 20.00h na Praza de España, concentrámonos para denunciar a agresión homófoba sufrida por 2 rapaces na rúa Benito Corbal, á altura de Mango.

Se estiveches por alí o pasado sábado sobre as 6.30 AM e podes achegar información, contacta connosco 🙏
Cartaz dunha convocatoria a unha concentración. No fondo, degradado de cor rosa a negro. Aparece o seguinte texto en letras grandes e claras:

«Nin un paso atrás!
Concentración en repulsa á agresión homófoba en Pontevedra»

As palabras “agresión homófoba” destacan nun rectángulo branco con letras rosas. Ao lado dereito superior, aparece unha icona dun megáfono rosa.

Na parte inferior, indícanse os detalles da convocatoria:
📍Praza de España
📅 11 de agosto
🕗 20:00

En pequeno, no canto inferior dereito, indícase a organización convocante: “Convoca: Avante LGBT+ Pontevedra”
Reposted by Avante LGBT+
avantevigo.bsky.social
Asemblea aberta de xullo 📢🏳️‍🌈🏳️‍⚧️

Este domingo reunímonos de novo no @cs-adesviada.bsky.social ás 19h. Achégate!!

📍Avenida Fragoso, 47
Reposted by Avante LGBT+
avantevigo.bsky.social
Este sábado volvemos a investigar outro caso! Achégate e axudanos a resolver os asasinatos que Holmes non acepta. Vémonos no @cs-adesviada.bsky.social !
Cartaz que anuncia unha actividade de xogos de investigación o día 26 de xullo no CS A Desviada ás 18:00.
Reposted by Avante LGBT+
avantevigo.bsky.social
Este 23 de xullo viviremos una tarde de xogos e diversión no parque de Castrelos as 19:00. Xogaremos ao fut-ioga e o brilé nunha xornada chea de actividade.
Cartaz no que se ve un un grupo de xente facendo distintos deportes co titulo chorrideportes, subtitulo fut-ioga e brilé, no lugar as canchas do parque de Castrelos, o 23 de xullo de 2025 as 19:00.
Reposted by Avante LGBT+
avantelgbtlugo.bsky.social
Achégase unha asemblea aberta!

O vindeiro martes 15 de xullo ás 20h00 teremos unha asemblea aberta no C.S. Vagalume, na Rúa das Nóreas n°5.

Esperámosvos! ✊🏳️‍⚧️🏳️‍🌈
Reposted by Avante LGBT+
avantevigo.bsky.social
O próximo sábado 19 teremos no @cs-adesviada.bsky.social a nosa cea temática, esta vez centrada na comida Hawaiana. Anímate a compartir connosco os pratos tradicionais do paraiso Hawaiano!!
Anótate na ligazón da bio!
Cartaz que anuncia a Cea temática centrada en Hawaii o día 19 de xullo de 2025 ás 21:00 no CS A Desviada en fragoso 47. Ademais, anuncia o menú que é un primeiro a escoller entre Saimin que é sopa de fideos con diferente guarnición e Lomi Lomi que é salmón asado ou alternativa vegana con cebola e tomate. De prato principal hai Poke, atún marinado ou alternativa vegana con arroz mango e verduriñas. Finalmente de postre haberá malasadas, que son panciños recheos de chocolate ou crema.
Reposted by Avante LGBT+
avantevigo.bsky.social
Volve o obradoiro de escritura creativa! 🖋️
O xoves 17 ás 19:00 reunirémonos no @cs-adesviada.bsky.social para aprender a crear personaxes e liberar a nosa imaxinación en grupo. Non faltes!
Cartel da actividade, imitando unha folla dun xornal.
Reposted by Avante LGBT+
avantelgbtponte.bsky.social
📚🌈 Este domingo 6 de xullo, ás 12.30h, temos vermú literario na Festa dos Libros (praza da Ferraría)!

🍸 Será unha conversa con @antoniomfraga.bsky.social, autor de “Askja”, a obra gañadora do Premio Pinto e Maragota pola diversidade sexual e de xénero.

🎶 Con acompañamento musical de Tania Zaref.
Cartaz anunciando o Vermú literario organizado por Pinto e Maragota na Festa dos Libros. Na parte superior esquerda, sobre fondo vermello, aparece o texto:
Domingo 6 de xullo de 2025, ás 12.30 h, na Festa dos Libros (praza da Ferraría).

Logo aparece o título en grande: VERMÚ literario.

A continuación, o texto principal:
Conversa de Sara Vila, Eva Mejuto e Anxos Rial con Antonio M. Fraga, autor de “Askja”, obra gañadora do premio Pinto e Maragota 2025.

Presenta Anabel Gulías, concelleira de Igualdade
Acompañamento musical de Tania Zaref

Na parte inferior hai formas xeométricas coloridas e os logotipos de:
Os Vermús de Pinto e Maragota, Xerais e Concello de Pontevedra.
Na parte superior dereita está o logotipo de Pinto e Maragota, con dous peixes estilizados nas cores da bandeira LGBTIQA+ e o texto: Programa municipal pola diversidade sexual e de xénero.
Reposted by Avante LGBT+
avantelgbtponte.bsky.social
🎧 Novo episodio de REFERENTES: memoria LGBTIQA+ galega!

🌈 Con Laura Bugalho, muller trans e activista chave na loita LGBTIQA+ e das persoas migrantes

🗣️ Do franquismo á utopía ARELAS, pasando pola loita trans a comezos dos 2000 no Parlamento galego

🔗 Escóitao aquí: open.spotify.com/episode/63vF...
04 | Visibilidade trans na Galiza dos 90 con Laura Bugalho: "Se algo aprendín é que somos rede"
REFERENTES: Memoria LGBTIQA+ Galega · Episode
open.spotify.com
Reposted by Avante LGBT+
avantevigo.bsky.social
Vén con nós á praia! O domingo 20 ás 16:30 iremos á praia o grupo de Dexenerades! Se queres vir escríbenos e dirémosche o lugar de encontro. Tamén se queres vir máis tarde podes escribirnos para preguntar onde estamos.
É unha actividade non mixta, só poden vir persoas trans e NB 🏳‍⚧💛🤍💜🖤
Cartel anunciando o día de encontro non mixto na praia do grupo de Dexenerades.
Reposted by Avante LGBT+
avantevigo.bsky.social
Este xoves, 10 de xuño, volvemos con outra edición do café desviado! A nosa actividade de debate sosegado no que aprendemos unhas das outras. Desta volta debateremos sobre o capitalismo rosa. Vémonos no @cs-adesviada.bsky.social en Fragoso 47 ás 20:00 h.
Cartaz titulado como café desviado e co subtítulo de capitalismo rosa. Baixo un fondo rosa e branco, no centro do cartaz atopamos o logo de Avante LGBT+ e unha imaxe central dun café coa bandeira cuir como se fose o líquido. Abaixo do cartaz indícase o resto de información: o centro social a desviada como dirección e a data e hora, o dez de xuño ás 20:00 h
Reposted by Avante LGBT+
avantevigo.bsky.social
O vindeiro 24 de xullo ás 20:00, conversaremos no noso clube de lectura no @cs-adesviada.bsky.social sobre un texto fundamental do pensamento contemporáneo: El género en disputa de Judith Butler, e reflexionar xuntes sobre identidade, xénero e política desde unha mirada crítica e colectiva.
Cartaz anunciando o clube de lectura organizado por Avante LGBT+. Nel aparece a portada do libro proposto: El género en disputa de Judith Butler. O encontro terá lugar o 24 de xullo de 2025 ás 20:00h no Centro Social A Desviada.
Reposted by Avante LGBT+
avantevigo.bsky.social
Se tes unha camisola á que lle queiras dar un toque, axéndate o 9 de xuño, ás 19:00h, pois quedamos no @cs-adesviada.bsky.social para pintar camisolas. Farémolo principalmente a través de plantillas Stencil e o único que terías que traer é a camisola que queiras pintar. Vémonos aló!
Imaxe dunha camisola branca nunha percha coa bandeira LGBT+ pintada no seu interior e o logo de Avante LGBT+, todo isto sobre un fondo negro. Enriba da mesma pon a información da actividade, titulada obradoiro pintura de camisolas. O lugar é o Centro Social A desviada, a data o nove de xuño de 2025 e a hora ás 19:00h.
Reposted by Avante LGBT+
avantecompos.bsky.social
Vémonos o mércores 9 na próxima asamblea aberta ás 19h30 na Casa Xohana Torres.

Se podes confirma asistencia por MD.

Agardámoste!
Reposted by Avante LGBT+
avantecompos.bsky.social
O próximo martes 8 de xullo temos un obradoiro da man de Mari Fidalgo.

Un espazo de ternura, botrato e descanso para cultivar prácticas de (auto)coidados emocionais desde unha abordaxe vivencial e interseccional na que os corpos, os sentipensares e as experiências +
Reposted by Avante LGBT+
avantecompos.bsky.social
das persoas participantes serán as protagonistas.

Agardámoste nas 17h no Centro Sociocultural Maruxa e Coralia.

Inscríbete no formulario que aparece no qr!
Reposted by Avante LGBT+
avantelgbtponte.bsky.social
🎂 Estes días fanse 20 anos da aprobación do matrimonio igualitario no Estado español

🎙️ Entrevistamos a Guillermina, unha das protagonistas da primeira voda lésbica na Galiza despois da lei. Foi no programa “REFERENTES: memoria LGBTIQA+ galega”

👉 Escoita a conversa: open.spotify.com/episode/4O4B...
03 | Chámome Guillermina, son a vosa profesora e son lesbiana. A primeira voda de mulleres na Galiza
REFERENTES: Memoria LGBTIQA+ Galega · Episode
open.spotify.com
Reposted by Avante LGBT+
avantevigo.bsky.social
Actividades de xullo 🏳️‍🌈🏳️‍⚧️

Rematou o orgullo, pero seguimos a tope. Temos un mes cargado de actividades variadas coa mellor compaña.
Cartel coas actividades de xullo de Avante Vigo. O cartel é laranxa, cun sol amarelo e ondas azúis abaixo á dereita. As actividades son:
5 do 7 ás 20:00 Cineforo: 20.000 especies de abejas
9 do 7 ás 19:00 Obradoiro de pintura de camisolas
10 do 7 ás 20:00 Café desviado: Capitalismo rosa
12 do 7 ás 19:00 Xornada de xogos de mesa
17 do 7 ás 19:00 Taller de escritura creativa
19 do 7 ás 21:00 Cea temática: Hawai
24 do 7 ás 20:00 Clube de lectura: El género en disputa
26 do 7 ás 18:00 Clube de detectives
27 do 7 ás 19:00 Asemblea aberta de Avante LGBT+

Tódolos martes ás 11:00 Clube de calceta
Reposted by Avante LGBT+
avantevigo.bsky.social
O próximo sábado 05/07 as 20:00h proxectaremos no @cs-adesviada.bsky.social a película 20.000 especies de abejas. Achégate a vela e comentala connosco.
🗓 5-7-2025
🕗 20:00
📍C. S. A Desviada, Av. de Fragoso 47
Cartaz anunciando a proxección da película 20.000 especies de abejas. No cartel aparece a carátula da película acompañanda cos datos que están na descrición da publicación.