Saúde Mental FEAFES Galicia
banner
feafesgalicia.bsky.social
Saúde Mental FEAFES Galicia
@feafesgalicia.bsky.social
Traballamos para mellorar a calidade de vida das persoas con problemas de saúde mental e as súas familias.
O noso desexo? Que non falte a saúde mental.

Bo Nadal! 🎄💚
December 23, 2025 at 11:35 AM
🗣️"Grazas a este traballo encontrei amizades, son capaz de desenvolverme mellor, traballo e gaño cartos. Estou ben".- Manuel Márquez.

👉🏻Desde o 2017, Andaina Pro Saúde Mental xestiona un CEE para persoas con problemas de saúde mental en Dodro.

feafesgalicia.org/gl/novas/zum...
Zume Social. Un proxecto de Andaina para o emprego
A asociación Andaina xestiona desde o 2017 un Centro Especial de Emprego para persoas con problemas de saúde mental en Dodro.
feafesgalicia.org
December 18, 2025 at 9:43 AM
🏓44 xogadoras e xogadores participaron no XXI Torneo de Tenis de Mesa pola saúde mental que organizamos xunto con Always Tenis de Mesa

🏆Salustiano Rivera, da asociación Alume proclamouse campión deste torneo

Parabéns a todas as persoas participantes!
feafesgalicia.org/gl/novas/xxi...
Salustiano Rivera,primeiro premio del XXI Torneo de Tenis de Mesa
Máis de 40 xogadoras e xogadores competiron no XXI Torneo de Tenis de Mesa organizado por Saúde Mental FEAFES Galicia e Always Tenis de Mesa en Mos.
feafesgalicia.org
December 15, 2025 at 11:48 AM
🎓Onte celebramos a clausura do Proxecto Practicum. Nesta iniciativa, confinanciada pola @depo_es , as persoas con problemas de #saúdemental poden mellorar as súa empregabilidade, acostumarse a un entorno de traballo e realizar prácticas non laborais.

feafesgalicia.org/gl/novas/fin...
Finalizamos un novo ano do Proxecto Practicum en Vigo
14 persoas usuarias da provincia de Vigo, Pontevedra, Redondela, Nigrán e Moaña, participaron no Proxecto Practicum, no que logramos unha inserción do 35%.
feafesgalicia.org
December 11, 2025 at 11:34 AM
Seguimos camiñando cara a inclusión social das persoas con problemas de #saúdemental.

👉🏾110 persoas desempregadas, en risco de exclusión e con problemas de saúde mental participan no noso programa de Inclusión Social no que buscamos que acaden estabilidade laboral e social.
December 9, 2025 at 12:00 PM
☂️Hoxe, 3 de decembro, reunímonos un ano máis para conmemorar o Día Mundial das Persoas con Discapacidade na iniciativa "Baixo o Mesmo Paraugas" de #GaliciaDiversa, que este ano ademais celebra o seu décimo aniversario.

#Xente10 #Discapacidade #diamundialdiscapacidad
December 3, 2025 at 12:53 PM
➡️A semana pasada en Vigo, o noso compañeiro Daniel Lomba impartíu unha formación para os Coidadores de Barrio, un servizo xestionado pola Empresa de Inserción Laboral Cormo Integral que busca mellorar a calidade de vida das persoas que están en situación de vulnerabilidade. 🤝
December 3, 2025 at 10:01 AM
A exclusión social é un fenómeno multidimensional que afecta gavemente ás persoas con problemas de saúde mental.

Para reverter os procesos de exclusión social @feafesgalicia.bsky.social a e as entidades asocidadas puxeron en marcha o programa “Pendentes de ti”.

feafesgalicia.org/gl/novas/pen...
Pendentes de ti
En “Pendentes de ti” buscamos reverter os procesos de exclusión social que afectan ás persoas con problemas de saúde mental usuarias do noso programa.
feafesgalicia.org
December 2, 2025 at 12:30 PM
📲 A semana pasada, Fundación MAPFRE organizou o Evento Actívate para toda España. Varias persoas usuarias de @FEAFESGalicia e das asociacións Saúde Mental Ferrol, Aspaneps e Andaina, asistiron telemáticamente a esta xornada sobre intelixencia artificial.
December 1, 2025 at 11:21 AM
👉"Cada persoa é única, ten competencias, habilidades e cualidades, e isto é o que a converte nunha traballadora máis. A súa enfermidade é unicamente unha condición que non a define nin como persoa, nin por suposto como traballadora”

feafesgalicia.org/gl/novas/o-c...
O camiño cara o emprego a través da orientación laboral
As nosas accións de orientación laboral axudan a unhas 1.000 persoas con problemas de saúde mental a acceder a un posto de traballo cada ano.
feafesgalicia.org
November 27, 2025 at 12:28 PM
Desde este luns, Nerea e Patricia, usuarias dos nosos programas, están a participar no "VIII Foro Social de Mulleres con Discapacidad. Mujeres valientes, mujeres sin límites", organizado por @FCERMIMujeres y @CERMICV en Valencia.

#MujeresSinLímites #VIIIForoDiscapacidad #25N
November 26, 2025 at 10:14 AM
Reposted by Saúde Mental FEAFES Galicia
📣 #25N, romper a desigualdade, acabar coas violencias.
A igualdade real esixe políticas públicas con perspectiva de xénero e interseccionalidade. Desde a Rede traballamos por unha sociedade libre de violencias e desigualdades, onde todas as mulleres vivan con dignidade e dereitos.
November 25, 2025 at 10:37 AM
💼 Un ano máis poñemos en marcha o Programa Integrado de Emprego de Saúde Mental FEAFES Galicia 2025/26, financiado por @empregogal da @Xunta e o @empleo_SEPE
November 12, 2025 at 12:00 PM
📣📣 Abrimos procesos de selección ao abeiro do programa de Cooperación!! 📣📣

Consulta as ofertas completas na nosa páxina web! ➡️ feafesgalicia.org/gl/novas/ofe...
Ofertas de emprego ao abeiro do programa de Cooperación
Saúde Mental FEAFES Galicia abre varios procesos de selección no marco do Programa de Cooperación destinado a entidades sen ánimo de lucro
feafesgalicia.org
November 5, 2025 at 10:02 AM
🥾 Durante os últimos tres días, 40 peregrinas e peregrinos entre os que se atopan persoas con problemas de saúde mental, realizaron o XV Camiño de Santiago pola saúde mental que organizamos desde Saúde Mental Feafes Galicia

feafesgalicia.org/gl/novas/xv-...
XV Camiño de Santiago pola saúde mental
Realizamos o Camiño de Santiago con 40 peregrinas e peregrinos entre os que se atopan persoas con problemas de saúde mental.
feafesgalicia.org
October 30, 2025 at 1:48 PM
Reposted by Saúde Mental FEAFES Galicia
🟠 SEMINARIO WEB | Estado da Pobreza en Galicia 2025

💡 Queres afondar nos datos sobre pobreza e exclusión social en Galicia?

Incríbete xa!
📅 6 de novembro | 10:00-11:30 horas
📍 Online vía Zoom
📲 Inscríbete aquí! 👇https://forms.office.com/e/YL2CzdMfF6?origin=lprLink

#EstadoDePobreza #PobrezaGalicia
October 27, 2025 at 1:23 PM
⚽🧠💚 @FEAFESGalicia será a primeira entidade seleccionada pola Fundación RC Deportivo para participar no seu proxecto Brazaletes Solidarios. Esta iniciativa, que presentaron onte, busca dar visibilidade a distintas causas solidarias ao longo dos 10 meses de competición.
October 24, 2025 at 10:47 AM
Máis de 700 persoas serán atendidas este ano a través do noso programa "Mans con Mans".

Esta iniciativa, que realizamos coa colaboración da Consellería de Sanidade, busca mellorar a calidade de vida o exercicio efectivo dos dereitos das persoas con problemas de saúde mental.
October 22, 2025 at 10:20 AM
As persoas con problemas de #saúdemental, adoitan atopar obstáculos para a súa integración social e laboral. Isto agrávase espacialmente se son ademais estranxeiras ou están xudicializadas.

feafesgalicia.org/gl/novas/ten...
Tendendo "Pontes de Inclusión"
En Pontes de inclusión traballamos con persoas con trastorno mental que están xudicializadas ou son de procedencia estranxeira.
feafesgalicia.org
October 21, 2025 at 11:33 AM
@eapngal.bsky.social sinala no seu informe "O Estado da Pobreza en Galicia 2025" que 509.000 persoas residentes en Galicia viven en risco de pobreza e exclusión social, pero sen as axudas das administracións públicas a cifra elevaríase ás 1.144.000 persoas en total.

👉 bit.ly/3KYoN80
O clima político galego, onde non hai cabida para o odio, favorece unha redución significativa da pobreza | EAPN Galicia – Rede galega contra a pobreza
bit.ly
October 20, 2025 at 7:44 AM
🤍🩵🤍 Desde Saúde Mental FEAFES Galicia e as nosas entidades asociadas apoiamos o uso do galego no deporte. Por iso nos sumamos á campaña ✨Ficha polo galego!✨ que hoxe lanzou o Concello de Santiago.

#fichapologalego

Máis info en: delingua.santiagodecompostela.gal/ficha-polo-g...
Ficha polo galego | Lingua
Ficha polo galego! é un programa de sensibilización lingüística deseñado para fomentar e reforzar o uso do galego no ámbito deportivo de Santiago de Compostela.
delingua.santiagodecompostela.gal
October 16, 2025 at 12:51 PM
Para as persoas con problemas de #saúdemental, atopar e manter un posto de traballo non é doado.

💼A través do programa "Inclúe Emprego e Saúde Mental" acompañamos a persoas cun diagnóstico de saúde mental no se camiño de acceso ao emprego.
October 16, 2025 at 12:01 PM
Reposted by Saúde Mental FEAFES Galicia
🧠 O estudantado de terceiro ano do Grao en Enfermería tivo a oportunidade de asistir a unha sesión de "Detección e intervención en conduta suicida" impartido pola psicóloga Olalla Villaronga, integrante do equipo da asociación Andaina Pro Saúde Mental. Grazas pola achega!
@feafesgalicia.bsky.social
October 13, 2025 at 5:44 PM
O pasado mércores día 8, 180 persoas congregáronse na Facultade de Psicoloxia da USC, con motivo do #DíaMundialDaSaúdeMental (10 de outubro), para asistir as xornadas "Saúde Mental e Mocidade: coidar o presente para construír o futuro".

feafesgalicia.org/gl/non-categ...
Preto de 200 persoas xuntáronse en Compostela para reflexionar e aprender sobre saúde mental e mocidade
A Facultade de Psicoloxía acolleu un encontro no que se abordou a prevención e coidado da saúde mental na etapa adolescente.
feafesgalicia.org
October 10, 2025 at 8:54 AM