Saúde Mental FEAFES Galicia
banner
feafesgalicia.bsky.social
Saúde Mental FEAFES Galicia
@feafesgalicia.bsky.social
Traballamos para mellorar a calidade de vida das persoas con problemas de saúde mental e as súas familias.
O noso desexo? Que non falte a saúde mental.

Bo Nadal! 🎄💚
December 23, 2025 at 11:35 AM
🗞️Queremos dar os nosos parabéns a todas as persoas participantes que onte recolleron o seu diploma! E tamén agradecer a participación das empresas que colaboraron con nós para facer posible este proxecto.
December 11, 2025 at 11:34 AM
Seguimos camiñando cara a inclusión social das persoas con problemas de #saúdemental.

👉🏾110 persoas desempregadas, en risco de exclusión e con problemas de saúde mental participan no noso programa de Inclusión Social no que buscamos que acaden estabilidade laboral e social.
December 9, 2025 at 12:00 PM
💛 Somos xente con moito valor, con ideas, con ilusións e, por suposto, con dereito a ter a vida que queremos. Somos #Xente10

#diamundialdiscapacidad
December 3, 2025 at 12:53 PM
➡️ Baixo o lema #Xente10, máis de 100 entidades sociais de toda Galicia xuntámonos en diversas cidades para defender os dereitos do colectivo e tamén para esixir igualdade, apoio das administracións e máis recursos e investigación.

#diamundialdiscapacidad
December 3, 2025 at 12:53 PM
☂️Hoxe, 3 de decembro, reunímonos un ano máis para conmemorar o Día Mundial das Persoas con Discapacidade na iniciativa "Baixo o Mesmo Paraugas" de #GaliciaDiversa, que este ano ademais celebra o seu décimo aniversario.

#Xente10 #Discapacidade #diamundialdiscapacidad
December 3, 2025 at 12:53 PM
Coas 10 persoas asistentes falamos de saúde mental e boas prácticas. Unha formación que lles axudará a prestar un mellor apoio ás persoas con dificultades para realizar de forma autónoma actividades do día a día e favorecer a súa vida activa e integrada no barrio.💚🫂
December 3, 2025 at 10:01 AM
➡️A semana pasada en Vigo, o noso compañeiro Daniel Lomba impartíu unha formación para os Coidadores de Barrio, un servizo xestionado pola Empresa de Inserción Laboral Cormo Integral que busca mellorar a calidade de vida das persoas que están en situación de vulnerabilidade. 🤝
December 3, 2025 at 10:01 AM
Esta iniciativa é un programa de interese xeral para fins de carácter social a cargo da asignación tributaria do 0,7% do IRPF da Xunta de Galicia a través da Consellería de Política Social e Igualdade @igualdadegal

Coñece máis sobre o programa⬇️ feafesgalicia.org/gl/novas/pen...
December 2, 2025 at 12:30 PM
🤝📱O obxectivo era que as persoas participantes coñecesen e aprendesen a empregar diferentes ferramentas de IA para poder así mellorar a súa empregabilidade, favorecer unha vida independente e activa e fortalecer a súa inclusión na comunidade. #actívate #Mapfre #IA
December 1, 2025 at 11:21 AM
📲 A semana pasada, Fundación MAPFRE organizou o Evento Actívate para toda España. Varias persoas usuarias de @FEAFESGalicia e das asociacións Saúde Mental Ferrol, Aspaneps e Andaina, asistiron telemáticamente a esta xornada sobre intelixencia artificial.
December 1, 2025 at 11:21 AM
💼 Cristina Rivas leva 14 anos informando e asesorando ás persoas con problemas de saúde mental no seu proceso de busca de emprego a través dos nosos programas de orientación laboral que desenvolvemos grazas á Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e ao Servizo Público de Emprego
November 27, 2025 at 12:28 PM
Este Foro pretende ser un encontro de colaboración e transformación onde activistas, organizacións e referentes institucionais compartan un espazo de debate e información que permita xestar o avance en políticas efectivas fronte a todas as violencias.
#VIIIForoDiscapacidad #25N
November 26, 2025 at 10:14 AM
Desde este luns, Nerea e Patricia, usuarias dos nosos programas, están a participar no "VIII Foro Social de Mulleres con Discapacidad. Mujeres valientes, mujeres sin límites", organizado por @FCERMIMujeres y @CERMICV en Valencia.

#MujeresSinLímites #VIIIForoDiscapacidad #25N
November 26, 2025 at 10:14 AM
💼 Un ano máis poñemos en marcha o Programa Integrado de Emprego de Saúde Mental FEAFES Galicia 2025/26, financiado por @empregogal da @Xunta e o @empleo_SEPE
November 12, 2025 at 12:00 PM
ℹ️ Esta iniciativa, financiada pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia, permitíunos mellorar a empregabilidade de 100 persoas demandantes de emprego cunha discapacidade a causa dun problema de saúde mental.

#saúdemental #emprego #discapacidade
November 6, 2025 at 11:39 AM
emos ofertas para Vigo, Pontevedra, Ourense, A Coruña e Santiago.

Envíanos o teu CV! ➡️ feafesgalicia.org/gl/novas/ofe...
November 5, 2025 at 10:02 AM
📍Percorremos 28km desde Salceda ata Compostela. Unha peregrinaxe que realizamos para amosar á sociedade unha imaxe normalizada e integradora das persoas con problemas de #saúdemental, combatendo de modo activo os estereotipos negativos e falsos prexuízos.
October 30, 2025 at 1:48 PM
🚶‍🚶‍♀️‍As persoas participantes procedían das asociacións DOA Saúde Mental, Andaina Pro Saúde Mental, Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal e Alume Saúde Mental.
October 30, 2025 at 1:48 PM
🏆Coa personalización mensual dos brazaletes de capitán nos partidos oficiais dos primeiros equipos masculino e feminino e nos do Dépor Genuine, preténdese xerar conciencia, empatía e compromiso ao redor de problemáticas sociais de relevancia local, nacional e internacional.
October 24, 2025 at 10:47 AM
⚽🧠💚 @FEAFESGalicia será a primeira entidade seleccionada pola Fundación RC Deportivo para participar no seu proxecto Brazaletes Solidarios. Esta iniciativa, que presentaron onte, busca dar visibilidade a distintas causas solidarias ao longo dos 10 meses de competición.
October 24, 2025 at 10:47 AM
Máis de 700 persoas serán atendidas este ano a través do noso programa "Mans con Mans".

Esta iniciativa, que realizamos coa colaboración da Consellería de Sanidade, busca mellorar a calidade de vida o exercicio efectivo dos dereitos das persoas con problemas de saúde mental.
October 22, 2025 at 10:20 AM
Para eliminar as barreiras, as asociacións Lenda e Saúde Mental Ferrol, xunto con @feafesgalicia.bsky.social , levamos a cabo o programa “Pontes de Inclusión”. Unha iniciativa para facilitar a inclusión e o acceso aos servizos de saúde e emprego así como para loitar contra o estigma.
October 21, 2025 at 11:33 AM
@eapngal.bsky.social sinalan que, aínda que celebramos que a pobreza en Galicia baixou notablemente, quedan retos por afrontar. Como a modificación da Lei de Inclusión Social para facilitar o acceso á RISGA, e o apoio ás familias monoparentais, das que 35.000 están na pobreza.
October 20, 2025 at 7:56 AM
No informe constátase por primeira vez dende a perspectiva galega, que a discapacidade é un factor determinante para estar en risco de pobreza e exclusión social. Así, as persoas que teñen algunha discapacidade teñen unha taxa AROPE do 28,7%, fronte o 15,8% das persoas sen discapacidade.
October 20, 2025 at 7:56 AM