Manuel Gago
banner
magago.bsky.social
Manuel Gago
@magago.bsky.social
Director de @culturagalega.bsky.social no Consello da Cultura Galega e profesor na Universidade de Santiago de Compostela. Xornalista, escritor e comisario de exposicións. Podcast: https://open.spotify.com/show/0gS1jq3ITle9QFTwQEqoz1
“Hai tempo que as comarcas funcionan na práctica como concellos grandes polos que os cidadáns se moven para acceder a servizos, lecer ou para desenvolver as súas redes. Porén, as reticencias a transformar as vellas estruturas para adaptarse a esas novas realides son enormes,”
November 27, 2025 at 8:15 AM
Reposted by Manuel Gago
To celebrate #HillfortsWednesday, here's a fantastic recreation of the ramparts of Cadbury Castle in #Somerset under construction in the Iron Age, painted by the late great Victor Ambrus 🤩

From the cover of *Drawing Somerset's Past* published by #HistoryPress and @museumofsomerset.bsky.social
November 26, 2025 at 9:14 AM
Hai dous anos amosabamos na expo 'Ferrol no tempo' este marabilloso cadro de Segura Torrella: 'Cara a Fisterra' (1978), obra fundamental da pintura social da Galicia da Transición. Faciámolo canda os buzos dos obreiros da cidade, pendurados da reixa como nas protestas de Bazán.
November 26, 2025 at 6:43 AM
As artistadas do mestre Mateo na cripta do Pórtico da Gloria, rebautizada no XIX como ‘catedral vella’. Unha marabillosa representación do bosque terrenal por baixo da Gloria dos ceos.
November 25, 2025 at 8:47 PM
"Con estos pequeños ejercicios pretende reivindicar la diversidad del pasado. "¿Cantos cadros que mostran o pasado histórico temos en Galicia?", pregunta. Quitando un par no hay ninguno, a diferencia dos que sí inmortalizan romarías ou mariñeiras"

www.elcorreogallego.es/santiago/202...
De Castro de Baroña a la Batalla de Rande: el vídeo que reconstruye los hitos más destacados de la historia de Galicia
El profesor de la USC y divulgador Manuel Gago recrea, ayudándose de la Inteligencia Artificial, algunos de los acontecimientos más emblemáticos del pasado gallego
www.elcorreogallego.es
November 25, 2025 at 6:34 PM
Pedinlle a NanoBanana que me representara estas coordenadas 43°00'36.2"N 7°33'21.7"W (a Praza Maior de Lugo) en catro momentos: anos 33, 233, 433, 833.
November 25, 2025 at 12:53 AM
Se no ano 1924 andabas por Vigo, sempre podías ir achegarte á fastuosa inauguración da sala Ku Klus Klan, en Guixar. Ademais, nos entreactos ía actuar a parella de baile Queixumes dos Pinos acompañada do seu afamado gaiteiro!
November 24, 2025 at 3:47 PM
Un vídeo con escenas da historia de Galicia e algunhas máis que non estaban no fío. Gozade como mínimo o mesmo que gocei eu facéndoo.
November 23, 2025 at 11:04 AM
Porque a esencia da tradición é o cambio e é no cambio onde a tradición perdura.
November 22, 2025 at 10:49 AM
Onte abarrotamento ao redor da igrexa da USC -unha rapazada moi nova que se contaba por centos- para escoitar a 9louro, un rapaz de Muros que canta en galego. A nova música na nosa lingua creba moitos discursos automáticos e obriga a pensar como aprender dese éxito para outros ámbitos.
November 21, 2025 at 6:27 AM
Reposted by Manuel Gago
Memoria, emigración, arquiveiras do pasado, Ernes, encoro de Grandas.
Que preto todo e as veces que lonxe.
Que sorte poder volver
"Visitando o famoso Museo da Emigración irlandesa, decatámonos dun fenómeno intrigante. Non había nada dedicado ao retorno dos emigrados. Nin escolas, nin casas indianas, nin ferrocarril. E logo os irlandeses ou escoceses non fixeron coma nós por desenvolver o país?"
www.galiciae.com/blog/manuel-...
Aí vos quedades
As paisaxes rexistran con precisión, de moitos xeitos posibles, as partidas e chegadas dos seus habitantes
www.galiciae.com
November 19, 2025 at 4:02 PM
"Visitando o famoso Museo da Emigración irlandesa, decatámonos dun fenómeno intrigante. Non había nada dedicado ao retorno dos emigrados. Nin escolas, nin casas indianas, nin ferrocarril. E logo os irlandeses ou escoceses non fixeron coma nós por desenvolver o país?"
www.galiciae.com/blog/manuel-...
Aí vos quedades
As paisaxes rexistran con precisión, de moitos xeitos posibles, as partidas e chegadas dos seus habitantes
www.galiciae.com
November 19, 2025 at 9:54 AM
No primeiro episodio pensaba que Pluribus era unha sátira sobre o comunismo. Pero cando no segundo a prota lle pregunta a un neno (varón) de 10 anos como se fai el as exploracións de solo pélvico e el contesta que "depende" xa entendín de que ía todo.
November 19, 2025 at 7:06 AM
Eu por min xa as deixaba así.
November 18, 2025 at 3:20 PM
Rostros de Asorey.
November 17, 2025 at 7:18 AM
Moi ben o restaurante Niño Corvo en Vigo. Fusión galaico-asiática, produto de primeira, unha moi reducida pero moi selecta carta de viños do país (pidan o Anne do Ricón, de Arbo) e por riba en galego.
November 16, 2025 at 9:59 AM
Probando a ia de Grok. No seguinte chío as imaxes empregadas do mosteiro de Ferreira de Pallares.
November 15, 2025 at 8:58 PM
O vodka Pascual Veiga é o bum cerebral co que hoxe non contabas.
November 15, 2025 at 12:29 PM
November 15, 2025 at 10:47 AM
Moi agradecido. Continuamos no traballo!
November 13, 2025 at 1:55 PM
"Malia a seren durante anos un contexto hostil á cultura tradicional, as urbes galegas constitúense como focos imprescindibles para entendermos a tradición. Desde as iniciativas que valorizan as cantareiras ata novos espazos para a nosa música e baile"
culturagalega.gal/noticia.php?...
Cantareiras nas cidades do silencio (II). As urbes galegas pasaron de ser espazos marxinais a auténticos focos de recuperación da música tradicional
As urbes galegas pasaron de ser espazos marxinais a auténticos focos de recuperación da música tradicional
culturagalega.gal
November 13, 2025 at 9:34 AM
Ti podes dicir "Alfonso IX de León" porque che sae do duodeno ou podes dicir o que realmente conta o documento no sigillum do rei:

AFONSO REI DE LEÓN E GALICIA
November 12, 2025 at 11:05 PM
"Mentres a Galicia interior peneiraba os bosques, foi a costa galega o último refuxio da fungocracia. Desde alí insensibles e opulentos cidadáns publicaban sen piedade en Facebook espectaculares boletus edulis e pinarius ou níscalos para a desesperación dos micófilos do país".
November 12, 2025 at 7:43 AM
Onte descubrín que os coches Tesla botan peidos e que controlas esa emisión (unicamente sonora) de gas desde o móbil e penso que a humanidade só pode retroceder a partir deste momento.
November 12, 2025 at 7:39 AM
Esta anécdota de Manolo Vilar en @nosdiario.bsky.social.
November 11, 2025 at 8:44 PM