Moisés Barcia
mbarcia.bsky.social
Moisés Barcia
@mbarcia.bsky.social
Tradutor e editor galego
Ultimamente óese empregar moito a palabra "ventorro", que non ten nada que ver con "vento", senón con "venta".
November 24, 2025 at 4:11 PM
Acabado de chegar da imprenta.
November 24, 2025 at 11:46 AM
Paga a pena visitar a sala Lugrís que acaba de abrir o museo Massó de Bueu, e logo visitar na mesma vila a capela dos Santos Reis e ver en pedra os deseños que antes fixo o artista en papel.
November 22, 2025 at 5:51 PM
Fóra/dentro SEN CALEFACCIÓN de ningún tipo. #passivhaus
November 22, 2025 at 9:07 AM
Estes exemplos, collidos dunha obra castelá recentísima, mostran o avance da elipse verbal, calco sintáctico inglés cada vez máis presente en textos concibidos en castelán ou galego por autores que adoptan a sintaxe inglesa como elemento estilístico. #efectoanagrama
November 22, 2025 at 8:18 AM
Saír da baiuca e lembrar quen te vai levar de volta á casa.
November 21, 2025 at 7:59 PM
Hoxe hai que ter o estómago de aceiro inoxidable para ler Coz sen botar a papa.
November 21, 2025 at 12:53 PM
Reposted by Moisés Barcia
'Con e de curcuspín', de Mario Obrero (trad. do castelán de @mbarcia.bsky.social). Esta obra coouse 'in extremis' e por méritos propios no plan editorial deste ano. rinoceronte.gal/produto/con-...
November 20, 2025 at 11:53 AM
Bo día! Este mes o rinodicionario pasou das 32.000 entradas.
November 18, 2025 at 9:23 AM
Acabado de chegar da imprenta.
November 11, 2025 at 12:26 PM
A finesse das definicións da RAE en pleno século XXI.
November 11, 2025 at 9:17 AM
Se hai mellor metáfora do país ca un tractor John Deere embarrancado cun eucaliptal de fondo non se me ocorre agora mesmo. O concepto debémosllo ó gran Fran Ferreiro, o primeiro galego que merecerá as Letras Galegas polos seus artigos xornalísticos.
November 7, 2025 at 9:47 PM
Intuías que era imbécil? Aquí tes a confirmación.
November 7, 2025 at 7:47 PM
Reposted by Moisés Barcia
O venres estrouse nos cines esta película baseada no libro de Max Porter 'O loito é esa cousa con plumas'. O difícil vai ser vela dobrada ou subtitulada en galego, pero sempre podedes ler a tradución de @mbarcia.bsky.social
November 6, 2025 at 10:49 AM
Hoxe cóntovos que a palabra "vigorexia" vén do inglés "bigorexia" (de "big" + "anorexia"), pero a maioría das linguas latinas decidiu escribila con v- para emparentala con "vigor".
November 4, 2025 at 10:30 AM
Que porcentaxe do PIB e do emprego galegos vos parece que cabería agardar deste nivel de ocupación do territorio por parte das plantacións masivas de eucalipto? Resposta no seguinte chío.
November 2, 2025 at 7:35 PM
Algúns vían nisto unha árbore (xenealóxica), pero os franceses vían o pé dun grou: "pied de grue". Os anglosaxóns leron e escribiron ese concepto ó seu xeito, e hoxe temos o "pedigree".
November 2, 2025 at 8:23 AM
Pois resulta que este libro non se pode utilizar nos centros galegos porque hai unha lexislación de “neutralidade ideolóxica” e cuestionar que se mate xente seica é ideolóxico.
October 31, 2025 at 6:39 PM
Pero máis ou menos «inexplicable» que procesar o Fiscal Xeral do Estado sen ningún motivo? 🤔
October 31, 2025 at 11:56 AM
Reposted by Moisés Barcia
Velaquí van as presentacións programadas de «O mundo de Jane Austen», en @sushibooks.bsky.social! Deixo o link con máis info raquelcpico.com/2025/10/02/p... (e algunha máis pode que haxa!)
October 30, 2025 at 10:08 AM
Un consello para os que traducides do inglés: non traduzades "somehow" como "dalgunha maneira". Podedes traducilo como "por algún motivo", "non sei ben por que", "en certo modo", "vai ti saber por que", "curiosamente", "estrañamente"… ou por nada en absoluto, que ninguén vai notar a falta.
October 27, 2025 at 12:20 PM
Na sanidade privada téñeno clarísimo, e é o que máis impacta a quen vén da pública e a proba.
October 26, 2025 at 2:10 PM
É marabilloso ver análises de estranxeiros sobre a economía española, mentres aquí un sector da poboación cre vivir nun país arruinado. As medidas máis gabadas son precisamente aquelas máis deostadas por PPVox: renovables, inmigración, salario mínimo, etc.
October 23, 2025 at 11:05 AM
To hell this way.
October 20, 2025 at 1:11 PM