Dous anos despois da edición anotada de 'Emma' publicamos unha breve guía pola vida e obra de Jane Austen, grazas ao traballo de Raquel C. Pico. 'O mundo de Jane Austen' chega no 250 aniversario da autora e inclúe a súa árbore xenealóxica e un mapa co que seguir os seus pasos.
'Os nenos do ferrocarril', de Edith Nesbit, e mais 'A abella Maia e as súas aventuras', de Waldemar Bonsels, no andel da fantasía: biosbardia.org/andel-de-fan...
Ben estraña moitísimo a súa avoa, a ladroa de xoias internacional que actuaba baixo a identidade secreta do Gato Negro. No seu cabodano, unha onda de espectaculares roubos sacode Londres e todo apunta a que o Gato Negro. ataca de novo. Como é posible?
Se vos gustou 'A avoa gánster'… non perdades 'A avoa gánster ataca de novo'! David Walliams contraataca cunha das súas disparatadas historias, ilustradas por Tony Ross e traducidas ó galego por Eva Almazán.
Pequeno teaser de algo que está a piques de chegar en @sushibooks.bsky.social! Neste 250 aniversario de #JaneAusten veño falar das súas novelas, a súa vida, os lugares nos que pasou tempo (e aos que fun de peregrina!) e os mitos que aínda cremos sobre ela. Próximamente!!
O que máis me gusta de setembro é... facer listas para a #rentrée! En @disquecool.bsky.social unha selección das novidades literarias que están por chegar/xa chegaron
Nada menos que a sexta entrega de Amelia Fang, cos seus gaticornios travesos (e un irmanciño en camiño), traducido por Eva Almazán: rinoceronte.gal/sushibooks/p...
Unha banda de ladróns anda facendo das súas e planean levar do museo o tesouro da momia, obxecto dunha maldición ancestral. Zafaranse Ben Pole e o Rei Cuu?
Por fin a segunda entrega do Rei Cuu en galego! 'A maldición do tesouro da momia', de Adam Stower xa está nas librarías, traducido por Estela Villar Nogueira.
'Gnomos', "un clásico que sigue vigente. No solo por su belleza, sino porque propone una mirada lenta y cómplice. Un libro para todas las edades, para mirar en compañía, para dejar en una mesa y volver a él una y otra vez." revistababar.com/wp/los-gnomo...
Amelia e os seus mellores amigos celebran unha noite de anos moi especial cun superfestón nas profundidades da Montaña dos Yetis! Mais cando empezan a faltar tesouros e as fosas comezan a esboroarse, Amelia ten que descubrir o que ocorre… antes de que sexa tarde!
Para que non teñades que acender o aire acondicionado, levámosvos á Montaña dos Yetis na quinta aventura de Amelia Fang, de Laura Ellen Anderson, traducida do inglés por Eva Almazán.
"Aínda que destinado á infancia, Pearson non infantiliza o seu público e deixa espazo á reflexión. Un cómic que esperta a imaxinación e lémbranos a importancia da curiosidade e de mirarmos o mundo con ollos novos." Raquel López publica no Faro da Cultura sobre 'Hilda e Twig resgárdanse da chuvia'.