Xornalistas Galegas
@xornalistasgalegas.bsky.social
440 followers 88 following 21 posts
Colectivo de profesionais das ciencias da información e da comunicación que desenvolven actividade en Galicia na defensa dun xornalismo con perspectiva feminista.
Posts Media Videos Starter Packs
xornalistasgalegas.bsky.social
Dárlle voz así a Francesco Arcuri a esta altura, con todo o que sabemos dende a Xustiza e a propia voz das vítimas, é unha dobre violencia: á nai dos seus dous fillos e a eles mesmos. Branquea e revitimiza, sen aportar valor informativo #asíNON
xornalistasgalegas.bsky.social
Diante dun novo crime machista, esta vez no Bolo, observamos con preocupación como moitos medios asumen o discurso normalizado do alcoholismo como atenuante. Nos próximos días lanzaremos unha serie de recomendacións. Namentres, velaquí a nosa guía
xornalistasgalegas.org/wp-content/u...
Reposted by Xornalistas Galegas
elimaral.bsky.social
Nin alcolismo, nin unha discusión que se vai das mans. Nas manifestacións máis graves da violencia machista vemos exemplos así nos que as boas prácticas desaparecen. Necesitamos formación desde a base para integrar as recomendacións e non recuncar en erros así no tratamento informativo.
xornalistasgalegas.bsky.social
'Xornalistas contra o teito de cristal e o chan pegañento', un debate necesario que organizamos na @casaxohanatorres do que sairon moitas reflexións importantes coas que traballar.
xornalistasgalegas.bsky.social
Ao coincidir co Día Mundial da Poesía, recitaremos o poema ‘Nós ensinamos vida, señor’ da poeta e xornalista palestina Rafeef Ziadah, en apoio a todas as compañeiras palestinas 🇵🇸💜
xornalistasgalegas.bsky.social
O 21 de marzo na Xohana Torres de Compostela.

Xornalistas Galegas presentamos:

Xornalistas contra o teito de cristal e o chan pegañento.

Un debate no que participan

Sonia Vizoso
Antía Díaz
María Varela
Rosa Veiga
María Obelleiro

Modera
Marga Tojo
xornalistasgalegas.bsky.social
#8M e cada día en defensa dun xornalismo feminista.
xornalistasgalegas.bsky.social
#8M e cada día en defensa dun xornalismo feminista.
xornalistasgalegas.bsky.social
Onte @claudiamoran90.bsky.social, a nosa cofundadora, abordou o tratamento das violencias sexuais nos medios na @acalexandreboveda.bsky.social con @ghanito.bsky.social @luzes.gal

Asina, xunto con @mvizaguirre.bsky.social e @oterotuitea.bsky.social a reportaxe central da revista Luzes, #onoxo
Reposted by Xornalistas Galegas
luzes.gal
O venres 21 de febreiro ás 19:30 estaremos un mes máis na ACAB, na rúa Santo André nº36 1º da Coruña, para o ciclo #RevisarOsMarcos da Fundación Luzes.
Esta vez con @claudiamoran90.bsky.social falaremos sobre o tratamento da violencia sexual nos medios.
xornalistasgalegas.bsky.social
Participamos na plenaria de ULEPICC-España na @facom-usc.bsky.social sobre “Comunicación de servicio público: sinerxias entre o público, o privado e o comunitario” contra a desinformación, defendendo a formación xornalística en xénero e a figura da #redactoraxefadexénero #editoradexénero
Reposted by Xornalistas Galegas
claudiamoran90.bsky.social
No novo número da @luzes.gal achegamos 6 testemuños de galegas que sufriron violencia sexual, canda as análises de expertas na materia. "Por riba do que nos pasa, témonos que sentir culpables de non actuar como se supón que debemos, aínda sen ter ningunha garantía de que vaia ser bo para nós"
xornalistasgalegas.bsky.social
Parabéns á nosa socia @elimaral.bsky.social coordinadora deste proxecto galardoado e ás demais compañeiras do equipo de @xornalistas.bsky.social por este premio 💜
xornalistas.bsky.social
O VI Premio Luísa Villalta concedido ao CPXG pola Deputación da Coruña foi recollido esta mañá por @elimaral.bsky.social, coordinadora do proxecto galardoado. Martíns definiu a iniciativa como "un diálogo entre o pasado e o presente" das xornalistas galegas.
xornalistas.gal/novas-evento...
Eliana Martíns e Sonia Vizoso, coa obra 'Isto', de Xurxo Gómez-Chao que acompaña o galardón.
xornalistasgalegas.bsky.social
Contra todas as formas da violencia machista. Hoxe marchamos en Compostela. #ninunhamenos #25N
xornalistasgalegas.bsky.social
Aquí úsase cultura na acepción "conxunto de modos de vida, costumes e valores". Cultura da violación é un concepto acuñado polas feministas dos 70.
xornalistasgalegas.bsky.social
Ante o incumprimento da legalidade dos medios de comunicación en materia de violencia de xénero, reflexionamos 👇

#25N #culturadaviolación #ninunhamenos #contraasviolenciasmachistas #violenciadexénero
xornalistasgalegas.bsky.social
Malia que o panorama non é bo, cada día son máis as persoas profesionais da información e da comunicación que procuran facer xornalismo con enfoque de xénero.

Como combaten os medios a cultura da violación? 👇
xornalistasgalegas.bsky.social
Que é a cultura da violación?

Atopamos enfoques en titulares que a reproducen. Como? 👇
xornalistasgalegas.bsky.social
Este #25N analizamos un (novo) ano de cultura da violación nos medios 👇
xornalistasgalegas.bsky.social
Estreamos conta participando na celebración dos 20 anos da Lei Orgánica 1/2004 contra a Violencia de Xénero nunha mesa de traballo coordinada pola Subdelegación do Goberno na Coruña, presidida pola Valedora do Pobo, Mª Dolores Fernández Galiño, e a maxistrada Paz Filgueira. #25N