ceosgalegos.bsky.social
@ceosgalegos.bsky.social
A Coruña, sábado 13 ás 12:00 h na librería Perseida.

Estrelas e versos e ciencia e paxaros e... coa @estibalizespinosa.bsky.social mailo @dosiveiga.bsky.social

Ímolo pasar ben, moi ben.

Despois desta só queda a de Chantada. Vós veredes. 😘
December 12, 2025 at 8:45 PM
Grandes lembranzas as daquela eclipse 😍
December 12, 2025 at 3:56 PM
Pontevedra.

Estrelas, mar de ardora, sol, castros... Ciencia e astronomía hoxe (mércores 10) na libraría Paz ás 19:00 horas.

Algo de humos, sempre.

Algo aprenderemos, sempre.

E ambiente excelente. Invitamos a AstroBolachas ;-)
December 10, 2025 at 12:11 PM
O mércores toca a vila bonita: Pontevedra.

Falaremos de astronomía, ciencia, historia, mitoloxía, de... Coa excusa dunhas fotiños que editamos en forma de calendario coa colaboración de 12 fotógrafos/as, o @jorgemirausc.bsky.social maila @estibalizespinosa.bsky.social

E si, asino exemplares😎
December 1, 2025 at 8:26 PM
Non coñeces o noso proxecto? REGALAMOS lote completo: edicións de 2018 a 2025. Máis dun cento de fotografías fermosas, textos e poesías (desde 2021), con forma de calendario.

Só tes que mercar #CeosGalegos26 co cupón "Hemeroteca" ou pór nota de compra "Hemeroteca".
ceosgalegos.com/produto/ceos...
November 28, 2025 at 8:22 PM
Sabías que temos unha tendiña na web? Alí podes mercar o noso fermosísimo calendario anual, que vimos de sacar do prelo. Tamén unha listaxe coas mellores librarías do país (onde estamos nós ☺️)

E tamén temos libriños moi interesantes.

A as AstroBolachas 😍. E...

ceosgalegos.com
November 27, 2025 at 11:48 AM
Tralo solpor... Ciencia e astronomía na Follas Novas de Compostela.

Da man do noso editor @dosiveiga.bsky.social 🥳
November 25, 2025 at 1:32 PM
Nunhas horas andaremos pola Libraría Follas Novas para falar de astronomía.

A excusa, se é que se precisa excusa para falar das estrelas (de verdade), a presentación dos #CeosGalegos26. Acceso libre e sen compromiso. E con sorpresas. Sempre temos sorpresas nestas cousas. 🥳

Martes 25, 19 horas.
November 24, 2025 at 12:58 PM
Martes 25 de novembro, ás 19:00 horas na Follas Novas (Santiago de Compostela).

Falaremos de astronomía nos nosos ceos co noso editor @dosiveiga.bsky.social

E con algunha sorpresiña ☺️

Haberá oportunidade noutras cidades, de certo 😎
November 20, 2025 at 1:55 PM
Temos a web en reparacións. Ata o luns non sabemos se estará operativa de todo.

Desculpas.
November 13, 2025 at 12:38 PM
Os nosos primeiros envíos, antes de repartir entre as librarías galegas 😍

Hai un paquete con 14 unidades. Alguén está a preparar os regalos do Nadal 🥳

ceosgalegos.com/produto/ceos...
November 9, 2025 at 12:12 PM
Sabedes que é isto?

As nosas AstroBolachas. O produto máis rico da nosa tendiña en liña. De feito, acompaña moi ben ir papando nelas mentres miramos os #CeosGalegos26 en primicia.

ceosgalegos.com/produto/ceos...
November 7, 2025 at 1:54 PM
-Oes, que vos levo un palé. Que é, un baixo?
-Non. Un 1°.
-Pero é un palé!!
-Si, si. Como nos últimos 8 anos. Xa xestionamos.

Ordiá, esquecín traer o carro.🥴
Como chova!?
November 7, 2025 at 10:36 AM
Neste local vemos un futuro local de venda de #CeosGalegos26

Apostades? 😁
November 6, 2025 at 12:13 PM
Todos os anos, por estas datas, temos o mesmo dilema: a escolla das imaxes para a edición #CeosGalegos26

Recibimos 85 orixinais de 19 autores/as diferentes.

Nun primeiro peneirado quedaron 36. Nun segundo quedan 20. Só pode haber 13. SÓ PODE HABER 13. Isto é máis duro do que pensades.
October 7, 2025 at 11:33 AM