Facultade ADE de Lugo - USC
facultadadelugo.bsky.social
Facultade ADE de Lugo - USC
@facultadadelugo.bsky.social
Na Facultade de Administración e Dirección de Empresas despedimos o ano con moita actividade: mañá de reunións, pinchos de Nadal e pola tarde curso de IA aplicada á docencia e á investigación a cargo de Raúl Ordóñez, todo un luxo. 🎄🤖
Felices festas e hasta o 2026!
#campusterra #USC
December 19, 2025 at 5:17 PM
Parabéns a José Manuel Amoedo Meijide, profesor da nosa facultade, polo premio recibido pola súa tese doutoral, recoñecendo o seu excelente traballo investigador.

Máis información 👉 www.usc.gal/gl/xornal/no...

#campusterra #usc
Accesibilidade, distribución da renda e pesca na Galicia cantábrica, liñas de investigación premiadas nos Valentín Paz Andrade | Universidade de Santiago de Compostela
A décima segunda edición dos Premios Valentín Paz Andrade de Investigación en Economía de Galicia acaba de recoñecer tres estudos que abordan, respectivamente, a accesibilidade, a distribución da rend...
www.usc.gal
December 16, 2025 at 12:14 PM
O xoves pasado, o noso decano visitou o IES A Pinguela para impartir a charla “Científicos ou pitonisos: como a economía axuda a predicir o futuro”.

Actividade de divulgación e achegamento aos centros de ensino medio da nosa facultade, co apoio do Programa A Ponte. 📊✨
#visitascentrosensino #USC
December 15, 2025 at 11:31 AM
Parabéns, Ada Pérez Pico, pola túa praza de profesora titular! 🎉 Un recoñecemento máis que merecido ao teu traballo e dedicación. Para a nosa facultade é clave que o talento poida promocionar e desenvolverse desde dentro. Moitísimas felicidades! 👏📚
#promocións #campusterra
December 13, 2025 at 8:18 AM
Hoxe en ADE, María e Teo presentaron Mundo Mullu en Fundamentos de Dirección de Empresas: peluches que coidan das emocións e do planeta. 🧸🌍
O proxecto foi premiado no programa Explorer polo seu impacto e innovación.
Parabéns! 👏✨
#emprendemento #campusterra #USC
December 11, 2025 at 12:29 PM
✨🎄 Na Facultade de ADE xa cheira a Nadal! 🎄✨
O noso día a día énchese de luz, ilusión e moita enerxía para encarar a recta final do semestre.
Que esta época nos lembre a importancia de compartir, celebrar e seguir medrando xuntos como comunidade.

🎅💫 Boas festas a todos e todas!

#CampusTerra #USC
December 11, 2025 at 9:52 AM
🔸 O alumnado do Máster Universitario en Dirección de Empresas visitou Innolact!

Unha experiencia enriquecedora que conecta formación e realidade empresarial 💼✨

#visitasaempresas #campusterra #USC
December 9, 2025 at 12:38 PM
Novo curso de IA para PDI na Facultade de ADE 🎓🤖
18-19 dec, 16:00-20:00 (Lugo).
Formador: Raúl Ordóñez.
Inscrición obrigatoria ata o 12/12 ás 15:00 en [email protected]

Explora como a IA pode impulsar a túa docencia e investigación 🚀
#facultadadelugo #campusterra #USC
December 4, 2025 at 12:03 PM
Onte clausuramos o programa TROYA, formación para persoas con síndrome de Down.
Grazas ao alumnado e profesorado da USC, ás familias, empresas e institucións polo seu apoio. Parabéns aos “troyanos” polo seu esforzo e ilusión! 💪✨
www.elprogreso.es/.../20251203...

#inclusion #campusterra #USC
www.elprogreso.es
December 3, 2025 at 4:36 PM
Moi agradecidos pola visita de Jorge Matute. A súa conferencia de neuromarketing, a participación no Seminario de Investigación e os seus consellos foron de gran utilidade. Grazas por compartir coñecemento e inspiración! 🙌✨
#neuromarketing #CampusTerra #USC
December 2, 2025 at 5:18 PM
🎯 ¿Quieres aplicar IA en tu negocio sin saber programar?
La Facultad de ADE (USC) lanza una Microcredencial en IA aplicada a la empresa: taller práctico, herramientas gratuitas y proyecto para tu pyme.

📅 2, 9 y 23 feb · Lugo · 12h · 38,71 €
🔗 Info/inscrición: www.usc.gal/gl/estudos/p...
Microcredencial Universitaria en Intelixencia Artificial (IA) aplicada á empresa | Universidade de Santiago de Compostela
www.usc.gal
December 1, 2025 at 3:54 PM
📢 O 2 de decembro ás 13:30 arrinca o ciclo de seminarios en ADE! Contaremos con Jorge Matute (IQS–URL), experto en neuromárketing.

www.usc.gal/gl/xornal/ev...
📍 Sala de Xuntas. Aberto a toda a comunidade investigadora. Non faltedes!
#investigacion #campusterra #USC
I Seminario de Investigación de ADE, a cargo de Jorge Matute
A Facultade de Administración e Dirección de Empresas do Campus de Lugo impulsa o primeiro seminario de investigación deste curso académico, un encontro que abre un novo ciclo dedicado á difusión, aná...
www.usc.gal
November 26, 2025 at 8:43 AM
Representantes do noso centro participaron hoxe na lectura do Manifesto 25N da RUIGEU e na performance “Demasiado”, reafirmando o noso compromiso contra a violencia machista.
#campusterra #USC
November 25, 2025 at 12:37 PM
🎓 Este 2 de decembro ás 12:00 no Salón de Graos: charla de Jorge Matute (IQS).
🧠 "Emocións, decisións e Neuromarketing: de Inside Out a Black Mirror"
Unha mirada sorprendente ao papel das emocións na toma de decisións.
📍 Non faltedes!
November 21, 2025 at 11:15 AM
A USC volve destacar no prestixoso ranking de Shanghai, situándose no rango 9–13 a nivel estatal e no 401–500 a nivel mundial na disciplina de Management.

Estamos profundamente satisfeitos e orgullosos deste fito. eguimos avanzando! 💙📚🌍

#Campusterra #USC
November 19, 2025 at 9:48 AM
Na edición do @elprogresodelugo.bsky.social de hoxe aparece unha entrevista a Carlos Figeiroa, un profesor da nosa facultade, onde fala, dun xeito claro e inspirador, sobre a utilidade e o impacto da IA 🤖 no presente e no futuro.

📚💡 Non volo perdades!

www.elprogreso.es/articulo/lug...
November 17, 2025 at 12:22 PM
📢 Por motivos de seguridade, tivemos que pechar o acceso á facultade pola esplanada, que permanecerá cortado ata que se levante a alerta amarela por ventos.

🌳 Moitas grazas ao Corpo de Bombeiros do Concello de Lugo polo seu excelente traballo, retirando as polas soltas que supuñan un perigo.
November 12, 2025 at 11:46 AM
📢 Xa temos data para as reunións informativas sobre as prácticas externas curriculares!
Non perdas esta cita imprescindible para coñecer todos os detalles sobre as túas prácticas externas: prazos, procedementos e outra información de utilidade 💼✨
#PracticasProfesionales #campusterra #usc
November 3, 2025 at 5:02 PM
📚 Alta participación do noso PDI na III Xornada Interuniversitaria Galega de Innovación Docente! 👏 O que reflicte a clara aposta do noso centro polas metodoloxías innovadoras que contribúen a mellorar o proceso de ensino-aprendizaxe do noso alumnado. 🌱✨

#innovaciondocente #campusterra #USC #SUG
November 3, 2025 at 10:35 AM
🎉 Hoxe o persoal da Facultade de ADE celebramos a tradicional pulpada de San Froilán 🐙. Unha xornada de confraternización na que non podían faltar os nosos compañeiros e compañeiras xa xubilados, que seguen sendo parte da nosa gran familia 💙.
#Confraternización #facultadadelugo #CampusTerra #USC
October 31, 2025 at 8:20 PM
💫 Orgullo máximo!! 💫

David Portillo, egresado de Administración e Dirección de Empresas, e Bruno Alonso, egresado de Empresa e Tecnoloxía, foron a nosa representación na ceremonia de entrega dos Premios Ángela Ruiz Robles, que recoñecen a excelencia académica.

#campusterra #USC
October 24, 2025 at 10:27 AM
🎙️
Hoxe, xoves 23 de outubro, celebramos no Salón de Graos da Facultade de Administración e Dirección de Empresas (Campus Terra) unha inspiradora mesa redonda titulada “A innovación na industria agroalimentaria vista dende varias ópticas”.
#campusterra #USC
October 23, 2025 at 3:32 PM
🔬✨ Onte celebrouse unha nova sesión do DivulgaT, faladoiros científicos en galego que levan a investigación universitaria á sociedade.
👩‍🏫 Nesta ocasión, a nosa compañeira Paula Vázquez presentou o faladoiro titulado “MONSTRUOS, S.A. Acosas ou traballas?”, onde abordou o tema do acoso laboral.
October 23, 2025 at 8:39 AM
🔬 Divulga T 2025 chega a O Vello Cárcere!
Investigadoras e investigadores do Campus contarán —en galego e en só 10 minutos— o que están a descubrir e investigar 🔍

📅 Mércores 22 e xoves 30 de outubro
🕢 19:00 h
📍 O Vello Cárcere

Achega a ciencia, deixa que a curiosidade te guíe…
💫
#Campusterra #USC
October 21, 2025 at 4:16 PM
Reposted by Facultade ADE de Lugo - USC
🌱💡 Esta fin de sema tivo lugar o TERRA Creative Jam, un hackaton no que máis de 50 mozos e mozas traballaron arreo para crear solucións innovadoras con impacto real no rural dende a @facultadadelugo.bsky.social.

Moitas grazas a todas a persoas participantes. Vémonos no seguinte! 🚀
October 20, 2025 at 9:14 AM