Instituto da Lingua Galega
@ilgusc.bsky.social
320 followers 61 following 170 posts
Conta oficial do Instituto da Lingua Galega (USC)
Posts Media Videos Starter Packs
ilgusc.bsky.social
💻Hoxe continúa no ILG o curso introdutorio ao sistema de composición de textos LATEX, impartido polo investigador do ILG Vítor Míguez.

👥👥👥👥Nesta formación están a participar membros do noso centro e estudantes de doutoramento da Facultade de Filoloxía da @usc.gal.
ilgusc.bsky.social
☕Onte tivemos un novo encontro de "Visita e café" con Celineide dos Santos, da Universidade Estadual de Feira de Santana.

🗣️A investigadora vai desenvolver o proxecto "As denominações para doenças oculares no Brasil e na Galiza”, baixo a orientación de Francisco Dubert, durante a súa estadía no ILG.
ilgusc.bsky.social
✍ Leticia Santín, da @uneduniv.bsky.social, asina o artigo "Zoónimos en el Atlas Lingüístico de El Bierzo: variación semántico-motivacional" en 'Estudos de Lingüística Galega'.

🧐Analiza os zoónimos cabaliño do demo, xoaniña, lucecú, bolboreta, cobra, cágado, doniña e curuxa.
doi.org/10.15304/elg...
ilgusc.bsky.social
📢 Chega un novo simposio do ILG!! Baixo o título 'A intelixencia artificial e a lingua galega: oportunidades e riscos', ofrecerase unha ocasión para reflexionar sobre o presente e o futuro da lingua galega na era dixital.

📅 18-20/11
📍 Fac. de Filoloxía
✍ Ata o 13/11

ilg.usc.gal/gl/actividad...
ilgusc.bsky.social
Moitas grazas pola difusión!!
ilgusc.bsky.social
🗣 O ILG acolle a charla 'Women on record: stories from the gramophone era', da musicóloga india Vidya Shah. Shah falará sobre o proxecto Women on record, que rescata e pon en valor o papel das primeiras mulleres que gravaron discos de gramófono na India.

📅 26/09
⌚ 18:30 h
📍 ILG
ilgusc.bsky.social
Que ten esa voz que me gusta tanto? Participa na investigación!🎙️

🎧 Participa nun test perceptivo para a avaliación de voces naturais. Levarache 15 min.
✅ Valora 6 criterios segundo a túa intuición. Non hai respostas (in)correctas!
📝 Rexístrate e fai o test: ilg.usc.gal/folerpa/test...

Grazas!
ilgusc.bsky.social
📅Ata o 2️⃣6️⃣ de setembro está aberto o prazo para que os centros de ensino se inscriban no #PlanProxecta, iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. O ILG participa con 2️⃣programas:

- Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional
- Fitofaladoiro

www.edu.xunta.gal/portal/planp...
ilgusc.bsky.social
📘 Onte tivo lugar na Fac. de Filoloxía a presentación do n.° especial 'New Developments in Galician Linguistics' da revista 'Languages'.

Os editores Elisa Fdez. Rei e Xosé L. Regueira estiveron acompañados das autoras Alba Aguete, María Álvarez de la Granja, Natalia Jardón e Vanesa Rguez. Tembrás.
ilgusc.bsky.social
Ana Boullón e Luz Méndez, membros do ILG, organizan a décima edición da 'Xornada de Onomástica Galega' da @realacademiagalega.bsky.social.

Inscrición aberta ata o 3️⃣0️⃣ de setembro.

O evento terá lugar o 4 de outubro no Museo de Pontevedra.
realacademiagalega.bsky.social
O mar é o protagonista da X Xornada de Onomástica Galega. Xa podedes inscribirvos para asistir ao encontro. Agardámosvos o sábado 4 de outubro no Museo de Pontevedra.
📌Programa e inscrición 👇
academia.gal/formulario-d...
ilgusc.bsky.social
📘Onte tivo lugar na Fac. de Filoloxía a presentación da 1.ª gramática de galego para checos, do lingüista Bohumil Zavadil. Petr Čermak, da Univerzita Karlova, encargouse da súa presentación.

🤝Esta obra contribuirá a reforzar os lazos culturais e científicos entre Galicia e a República Checa.
Reposted by Instituto da Lingua Galega
cvalcarcel.bsky.social
Chega o outono e com ele a 5ª edição do Lexicography on the Road, organizado polo mestrado EMLex Erasmus Mundus da @usc.gal, cos seus seminários, conferências e encontros. Como sempre, estou felizmente envolvido nesta alhada coa Majo Domínguez, o @ivanariasarias.bsky.social e muitas outras colegas.
ilgusc.bsky.social
📢 Os membros do ILG Elisa Fdez. Rei e Xosé L. Regueira presentan o n.º especial da revista 'Languages' baixo o título 'New Developments in Galician Linguistics'.

✍ Os editores estarán acompañados dalgúns autores e autoras do volume.

📅18/09
⌚12 h
📍Fac. de Filoloxía
www.mdpi.com/journal/lang...
ilgusc.bsky.social
Os membros do ILG Estela Fidalgo e Miguel Guisantes asinan o artigo "Reflexións da mocidade galega universitaria ante a dominación lingüística" na revista en liña ELG.

Este estudo explora as ideoloxías lingüísticas da mocidade galega fronte á crecente hexemonía do inglés.

doi.org/10.15304/elg...
ilgusc.bsky.social
📢 O profesor Petr Čermak, da @unikarlova.cuni.cz, presenta o 16/09 a 1.ª gramática do galego para checofalantes, da que é autor o lingüista Bohumil Zavadil.
Katerina Vlasakova, directora do CLM da USC, e Xosé Luís Regueira, membro do ILG, encargáronse da revisión da obra.
www.usc.gal/gl/xornal/ev...
ilgusc.bsky.social
📢 Sae á luz a versión 5.0 do corpus #ParlaMint, na que o ILG e o @nos.gal participan coa compilación e anotación dos datos do Parlamento galego.

Esta nova versión permite a anotación automática por temas e a anotación automática dos 🙂😐😠 sentimentos nas intervencións.

ilg.usc.gal/gl/novidades...
Reposted by Instituto da Lingua Galega
iegps.bsky.social
O noso compañeiro @miguelgcia-fdez.bsky.social publica xunto a Ricardo Pichel (da @uneduniv.bsky.social e @ilgusc.bsky.social) un traballo sobre a edición (dixital) das fontes documentais da Galicia medieval como recurso para a inclusión da perspectiva de xénero na Educación Secundaria.
ilgusc.bsky.social
Queres que o teu GPS, por exemplo, fale galego? Se es galegofalante, podes axudar a conseguilo! Non importa a idade que teñas!

Só tes que entrar en doagalego.nos.gal e responder as preguntas que preparou o ILG dentro do proxecto @nos.gal. Trátase de que fales coa túa variedade dialectal. Anímate!!
Pídense doazóns de voz para fomentar a presenza do galego no mundo dixital - G24
O Instituto da Lingua Galega introduce preguntas na plataforma Common Voice para recoller a fala espontánea
www.g24.gal
ilgusc.bsky.social
📢 Convocatoria dun contrato de investigación para traballar no @nos.gal. Valorarase doutoramento en ciencias da computación, intelixencia artificial ou en enxeñaría TIC e inglés nivel B1 ou equivalente.

📆Presentación de solicitudes: 24/07-01/08/2025

📎https://acortar.link/9HxGi1

@usc.gal
ilgusc.bsky.social
🗣️ Queres que as máquinas falen con gheada, seseo e/ou rotacismo? Queres que digan irmao ou pantalois? Agora xa é posible!!

O ILG, a través do Proxecto Nós, colaborou coa redacción do 1.º conxunto de preguntas para a recolla de fala espontánea en galego.

🎤 Entra en doagalego.nos.gal e proba!!
ilgusc.bsky.social
🚌 O día 10 fomos de excursión ás Terras de Celanova e á Baixa Limia. Visitamos Castromao, a capela de San Miguel, o mosteiro de San Salvador (Celanova), Entrimo e a aldea abandonada do Salgueiro no parque natural da serra do Xurés.

Moitas grazas ás persoas que nos guiaron polos distintos lugares!!
ilgusc.bsky.social
O alumnado do curso #GalegosenFronteiras puido escoitar onte a Antón Santamarina, quen lles 🗣️ falou sobre os cancioneiros históricos. 🎵
@usc.gal
realacademiagalega.bsky.social
Antón Santamarina impartiu nos cursos #GalegoSenFronteiras un relatorio sobre os cancioneiros históricos, que contaron con importantes achegas de xente de fóra de Galicia. O académico lembrou especialmente a Dorothé Schubarth: “Tiña un entusiasmo enorme pola música".
i.gal/antonsantama...
Antón Santamarina: “A recompilación do noso cancioneiro case lles debe tanto, mesmo máis, ás persoas de fóra de Galicia cás locais”
i.gal
ilgusc.bsky.social
Os membros do ILG Francisco Dubert, Elisa Fdez. Rei e Xulio Sousa participaron a pasada semana no 'IV Congresso Internacional em Variação Linguística nas Línguas Românicas', organizado polo Dpto. de Línguas, Literaturas e Culturas da Universidade de Aveiro.

@uaveiro.bsky.social @usc.gal