Odafé
banner
odafe.gal
Odafé
@odafe.gal
Arrombador de bits e acumulador irredento de coñecemento inútil. Roñón experto. Repítome en @danfenz.dev
Gustaríame volver 20 anos atrás e ver a miña reacción cando me dixese a min mesmo que algún día tería que apagar o forno porque está o coche cargando.
December 23, 2025 at 9:28 AM
Nestas datas, cada vez que me amola o meu traballo, penso nos que se pasan a mañá do día 22 tecleando nunha base de datos os 1.807 números de 5 cifras que cantan os nenos do sorteo.
December 22, 2025 at 11:37 AM
Moita leria con que os españois traballamos poucos días, pero cando traballas con clientes americanos ves que o 15 de decembro desaparecen pase o que pase, e non volven dar sinais de vida até o 2 de xaneiro.
December 22, 2025 at 9:34 AM
Non hai ningunha "caída" do equipo. O Dépor está colleitando agora os resultados que se corresponden co seu xogo dende hai bastante tempo.
December 20, 2025 at 2:56 PM
Pero a orde de prioridade é comezar polo último da lista.
No mercado de inverno o Deportivo necesita fichar un lateral dereito, un central, un mediocentro e un adestrador.
December 20, 2025 at 2:38 PM
Isto si que non o vin vir.
December 17, 2025 at 10:07 AM
No mercado de inverno o Deportivo necesita fichar un lateral dereito, un central, un mediocentro e un adestrador.
December 13, 2025 at 10:50 PM
O Dépor deste ano pode ter a peor saída de balón dende que baixamos a Segunda B.
December 13, 2025 at 8:47 PM
O Dépor ten á xente tan atrapada que agora se lles dá por invitarnos a pagar 90€ para vestir como os kinkis da miña adolescencia, e aínda van esgotar as existencias...

www.lavozdegalicia.es/noticia/torr...
El Deportivo saca su lado más ochentero y crea una nueva colección de prendas retro
El club apuesta por unas camisetas, chaquetas y pantalones con estilo «vintage»; los precios oscilan entre los 45 y 99 euros
www.lavozdegalicia.es
December 13, 2025 at 10:59 AM
Casa del Libro da Coruña: nos estantes unha morea duns 30 exemplares de "Astérix en Lusitania". Todos en castelán. Teñen a edición en galego de Xerais, mais non a atoparás por ti mesmo na tenda: tes que pedila e que cha traian porque a teñen… "detrás".

Xa sei, culpa miña por comprar aí. Pero joder.
Xa está a nova entrega de Astérix nas librarías! 📚
December 12, 2025 at 11:44 AM
Cometín o erro de darlle o meu número de teléfono a dúas aseguradoras para que me fixesen un orzamento, e agora vou ter que comprar un móbil con máis memoria para almacenar a lista de números de spam bloqueados.
December 11, 2025 at 7:05 PM
E a Gioconda non estará máis segura no meu trasteiro?
Inundação no Louvre danifica centenas de obras de arte e documentos antigos
Inundação no Louvre danifica centenas de obras de arte e documentos antigos
expresso.pt
December 8, 2025 at 7:37 AM
A megafonía de Riazor debe estar secretamente patrocinada por unha clínica audiolóxica. Que auténticos bestias.
December 7, 2025 at 5:09 PM
Cada un ten o coche que pode, quere, e lle parece, por suposto que si. Ou non ten coche. Pero se aparcas o teu coche de combustión bloqueando un punto de recarga de vehículos eléctricos, o que é innegábel é que resultas ser un imbécil, amigo.
December 6, 2025 at 5:28 PM
Existen un par de xeracións de españois que van por Portugal falándolles castelán a toda tralla aos portugueses e considerando case ofensivo que non os entendan.
November 29, 2025 at 5:02 PM
Kappa acaba de facerme vir a Riazor a ver un partido do Fuenlabrada.
November 23, 2025 at 1:07 PM
Ía queixarme dos partidos ás 14:00 e os desfalcos dos ambigús, pero entón lembrei que onte nunha estación de servizo da autopista vin bocadillos a 9€ e xa me parece ben todo.
November 23, 2025 at 1:04 PM
Todo neste artigo mete medo, pero esta frase case me provoca un ataque:

"En el electorado del PP, la respuesta mayoritaria (44,4%) apunta a la II República como responsable; un 29,3% señala el golpe de Estado de Franco como origen de la guerra y un 26,4% lo desconoce."

elpais.com/espana/2025-...
Una cuarta parte de los jóvenes ve preferible en determinadas circunstancias un régimen autoritario
Casi la mitad desconocen cómo murió Lorca. En el electorado de Vox hay más simpatizantes que detractores del franquismo
elpais.com
November 20, 2025 at 2:21 PM
Leo sobre a existencia dun concepto chamado "taxa single" que, aparentemente, representa as penurias económicas asociadas a vivir só. E como pai de familia numerosa, o ataque de risa case me provoca un infarto.
November 14, 2025 at 8:26 AM
Unha consecuencia curiosa de ter nenos pequenos é que cando o robot aspirador remata o seu traballo non podes simplemente tirar no lixo o contido do depósito: antes diso tes que revisar minuciosamente o que aspirou, para rescatar as pezas de LEGO que estaban onde non debían. Óptimo para alérxicos.
November 12, 2025 at 8:29 PM
Levo tempo preguntándome se na Coruña os radares son carcasas baleiras, ou se polo contrario os taxistas gozan de inmunidade diplomática.
November 11, 2025 at 2:57 PM
Nas fotos do marketing de coches, que se ensina? O exterior e o posto de conducción.

Que parte deles non se ensina, non se dan datos sobre ela, e é sempre a menos coidada do coche e a feita cos peores materiais? Os asentos de atrás.

Que parte é a máis importante para as familias numerosas.
Exacto.
November 9, 2025 at 3:16 PM
Un dos momentos máis curiosos dos partidos en Riazor é cando poñen nos videomarcadores a cifra exacta de asistencia e un montón de miles de persoas berran "uuyyyy!!" como se o Dépor acabase de fallar unha ocasión.

Demasiado visio.
November 8, 2025 at 9:17 PM
E falando de libros e despois do fío de audiolibros do outro día, agora vai un de libros dixitais e de como abandonei hai algúns anos a plataforma Kindle e estou encantado de telo feito:
November 3, 2025 at 6:24 PM
Reposted by Odafé
Xa está a nova entrega de Astérix nas librarías! 📚
November 3, 2025 at 2:22 PM