Rinoceronte Editora
banner
rinoceronteeditora.bsky.social
Rinoceronte Editora
@rinoceronteeditora.bsky.social
Editora especializada na tradución ao galego de literatura de todo o mundo. Dende 2005.
💚 'Senilidade', de Italo Svevo, trad. do italiano de @mbarcia.bsky.social (revisión actualizada da tradución publicada en 2010 co título 'Senectude'). Emilio Brentani, oficinista e escritor, está condenado a vivir baixo o sufocante ambiente provinciano da cidade de Trieste.
February 12, 2026 at 11:14 AM
❤️ 'O amor dos homes avulsos', de Victor Heringer (trad. do portugués de @mbarcia.bsky.social). Na década de 1970, Camilo vive nunha vila burguesa dentro dun dos suburbios máis pobres do Río de Xaneiro. Un día chega á súa casa Cosme, un rapaz da súa idade, apadriñado polo seu pai.
February 12, 2026 at 11:14 AM
Dende o casamento dos paxaros a San Valentín imprimíronse estes dous novos títulos.

O luns sairán os paquetes de subscrición (estás a tempo de recibir o teu) e partir do mércores, nas librarías e na tenda web.
February 12, 2026 at 11:14 AM
February 11, 2026 at 10:01 AM
'Correr', de Jean Echenoz, "un texto híbrido próximo á biografía novelada e segunda dunha triloxía que tamén dirixe o foco argumental ás vidas de Ravel e Nikola Tesla, adéntrase na traxectoria persoal de Emil Zátopek: un dos grandes atletas das probas de fondo do século XX."
February 9, 2026 at 9:19 AM
"O dó toma a forma dun corvo, que visita a familia, como unha ameaza emplumada que pon en cuestión todo o seu mundo. Mais alén do orixinal da trama, Max Porter propón unha obra de alta esixencia expresiva que acada alto brillo." @biosbardia.bsky.social
rinoceronte.gal/produto/o-lo...
February 3, 2026 at 9:34 AM
'Edipo. As Fenicias', de Séneca, traducido por Félix Boullosa, no Faro da Cultura o pasado venres 23 de xaneiro: "As dúas obras, impregnadas de fatalidade, mergúllannos en reflexións sobre o poder, a culpa, a fatalidade e a fraxilidade humana, que sempre compensa ler."
January 27, 2026 at 1:47 PM
O pasado venres publicouse no suplemento Faro da Cultura esta reseña da tradución de 'Medea. Heracles' de Eurípides a cargo de @iriapedreira.bsky.social
January 22, 2026 at 1:10 PM
Esta semana chegan ás librarías os dous primeiros títulos do ano: 'Mulleres empilladas', da autora brasileira Patrícia Melo, e mais 'Correr', do francés Jean Echenoz, traducidos por @mbarcia.bsky.social do portugués e francés, respectivamente.
January 20, 2026 at 4:48 PM
Este venres 16 ás 19 horas presentamos na librería Brañas Verdes de Carballo a 'Eneida', co seu tradutor Alfonso Blanco Quintela. Estará acompañado polo director da colección Vétera Raúl Gómez Pato e mais o escritor Pepe Carballude.
January 12, 2026 at 2:19 PM
'Medio sol amarelo', de Chimamanda N. Adichie, "denuncia as orixes da guerra: o colonialismo, o papel das potencias estranxeiras e o silencio internacional ante a fame usada como arma de guerra, a violencia e as inxustizas que perduran despois do conflito…
January 9, 2026 at 1:30 PM
December 30, 2025 at 5:30 PM
December 30, 2025 at 5:30 PM
December 30, 2025 at 5:30 PM
December 30, 2025 at 5:30 PM
December 30, 2025 at 5:30 PM
December 30, 2025 at 5:30 PM
December 30, 2025 at 5:30 PM
December 30, 2025 at 5:30 PM
December 30, 2025 at 5:30 PM
December 30, 2025 at 5:30 PM
December 30, 2025 at 5:30 PM
December 30, 2025 at 5:30 PM
Dende Rinoceronte, @sushibooks.bsky.social e @morganteedicions.bsky.social desexámosvos unhas felices festas.
December 23, 2025 at 10:40 AM
“A herdanza dos pobres son as palabras”. ‘Con e de curcuspín’, de Mario Obrero, no comentario de libros de Malores Villanueva no Galicia por diante.
www.agalegaaudio.gal/videos/30502...
December 18, 2025 at 12:51 PM