#SermosGaliza
O #SermosGaliza desta semana recolle o vindeiro libro de Carlos López Bernárdez: INTELIXENCIA E CREACIÓN. A OBRA PLÁSTICA DE FRANCISCO MIGUEL, publicado por #Laiovento. Necesaria recuperación da vida e obra deste artista vítima do fascismo
February 7, 2026 at 10:52 AM
No #SermosGaliza dan conta do último título da colección 'VentoaLto Poesía', que publica #Laiovento: o libro de Xerardo Quintiá e Baldo Ramos UMBILICAL
January 24, 2026 at 1:35 PM
Cándido Pazó, achegándose ao xuízo a Curros Enríquez e á biografía de Carlos Díaz, o Xestal, fai unha cousa moi súa que é interpelarnos directamente sobre un pasado que segue moi presente #sermosgaliza @nosdiario.gal.web.brid.gy
January 9, 2026 at 8:45 AM
Andrés Castro: "'Pelerinaxes' é un canto de amora Galiza a partir da investigación, memoria, cultura, as paisaxes e as súas xentes" #sermosgaliza @nosdiario.bsky.social
January 9, 2026 at 8:42 AM
Anxo González Guerra: "Uns relatos que me acompañan desde 1979 e que volvo a eles cada certo tempo porque son uns clásicos. Como non o van ser se na primeira páxina un cabalo lle pregunta ao dono 'Como vai o mundo?'. E nesas andamos, mirando o mundo" #sermosgaliza @nosdiario.bsky.social
December 22, 2025 at 10:45 AM
O #SermosGaliza recolleu nas súas páxinas unha das últimas novidades de #Laiovento: o libro de Bieito Alanso CRÓNICAS TRANSATLÁNTICAS. DE CINZA E SAL; unha obra que destaca o protagonismo dos galegos no sindicalismo marítimo en América, unha nova achega á historia da emigración galega
December 16, 2025 at 7:08 PM
Armando Requeixo: "O mundo novo vai ter que convivir co vello e o realmente intelixente será axudar a que se ensamblen polo ben da literatura galega e en xeral." @nosdiario.bsky.social #sermosgaliza
December 2, 2025 at 12:40 PM
A semana qu vén comeza a distribución da obra de Étienne de La Boétie DISCURSO DA SERVIDUME VOLUNTÁRIA, publicado por #Laiovento en tradución de Claudio López Garrido. Unha obra escrita no século XVI que trata de explicar por que os pobos aceptan voluntariamente a servidume. Nova do #SermosGaliza
November 30, 2025 at 7:20 PM
O #SermosGaliza desta semana dá conta da novela de Rebekka Salm AS COUSAS POLO NOME, publicada por #Laiovento en tradución de @laureanoaraujo.bsky.social. Noticia dunha Suíza non tan feliz
November 29, 2025 at 11:49 AM
O #SermosGaliza desta semana destaca o libro de Fernando Dacosta EMPATÍAS, unha obra que vén de publicar #Laiovento
November 16, 2025 at 7:43 AM
O crítico literario Mario Regueira salienta, no suplemento #SermosGaliza de @nosdiario.bsky.social , a lectura de "Odio", de Gabriel Romero de Ávila
November 7, 2025 at 9:07 AM
Teresa Seara salienta, no suplemento #SermosGaliza de @nosdiario.bsky.social , a lectura de "Bosque", Premio Victoriano Taibo 2024, de Antón Blanco Casas
October 20, 2025 at 8:54 AM
Anxo González Guerra recomenda, no suplemento #SermosGaliza de @nosdiario.bsky.social , a lectura de "Xente ao lonxe", de Eduardo Blanco Amor
October 20, 2025 at 8:53 AM
Esta semana saímos na capa do SermosGaliza! E con entrevista a 3 páxinas!
October 19, 2025 at 6:23 AM
O #SermosGaliza desta semana dá conta da última novidade editorial de #Laiovento: o libro de Miguel Barros SOBRE VILANOVA DE ALBA. ENSAIO DE CRÍTICA LITERARIA. Unha arqueoloxía cultural de extraordinaria profundidade, diseccionando a triloxía de Víctor F. Freixanes
September 6, 2025 at 9:17 AM
O #SermosGaliza desta semana dá conta da última novidade editorial de #Laiovento: o libro de Xosé Lois García REFERENTIAS, un novo título da colección 'VentoaLto Poesía'
August 23, 2025 at 4:39 PM
O #SermosGaliza desta semana recolle a última novidade editorial de #Laiovento: o libro de Héitor Picallo Fontes CARTOGRAFÍA IDEOLÓXICA DE XOSÉ LOIS GARCÍA. ANÁLISES, EPISTOLARIO E ENTREVISTAS
August 9, 2025 at 9:57 AM
Anxo González Guerra recomenda, no suplemento #SermosGaliza de @nosdiario.bsky.social, a lectura de "Anagnórise", de María Victoria Moreno.
July 30, 2025 at 7:17 AM
No #SermosGaliza desta semana fanse eco da última novidade editorial de #Laiovento: o libro de Carlos L. Bernárdez NOVO DIÁLOGO. ACHEGAS Á OBRA PLÁSTICA DE CASTELAO, que recolle dous estudos sobre a obra plástica de Castelao anterior a 1936 e sobre os debuxos de negros
July 19, 2025 at 10:32 AM
No último número do #SermosGaliza Teresa Seara achégase ao poemario de @sofiaruvira.bsky.social CANÍCULA, que publicamos en #Laiovento na colección 'VentoaLto Poesía' #poesíagalega
July 15, 2025 at 9:07 AM
Inma Otero Varela destaca, no suplemento #SermosGaliza de @nosdiario.gal.web.brid.gy, a lectura do poemario "As flores do baleiro", de Medos Romero
July 7, 2025 at 12:17 PM
🌞 📰Bon día! Eis a capa do #SermosGaliza, aínda á venda este domingo, 15 de xuño

🛒Podes atopalo nos quiosques ou na nosa loxa en liña bit.ly/3saIH3Q

📝Tamén podes subscribirte a 'Nós Diario' bit.ly/3GACRNg
June 15, 2025 at 8:00 AM
Hoxe os xornais en español fan a capa en galego como un ritualismo... Para sorpresa de ninguén, no 17 de maio @nosdiario.bsky.social non muda de idioma, hoxe e cada día facemos xornalismo en galego, prestixiamos o idioma. Ademais, hoxe #SermosGaliza das #cantareiras #DíaDasLetrasGalegas
May 17, 2025 at 8:33 AM
Teresa Seara recomenda, no suplemento #sermosgaliza de @nosdiario.gal.web.brid.gy, a lectura de "As poetas da colección Salnés", escolma de Patricia Arias Chachero.
May 16, 2025 at 4:47 PM