#laioventolembra
Hoxe finalizamos o #laioventolembra, que puxemos en marcha co gallo dos 35 anos de Laiovento. Facémolo cun libro que nos fixo moi felices publicar: A VONTADE DE CAMBIAR, obra na que bell hooks convoca os homes para o cambio, para deixar atrás a sociedade patriarcal. Un libro útil e necesario
December 26, 2025 at 7:22 AM
Imaxinades a Domingo Fontán e a Xosé Dionisio Valladares percorrendo a provincia de Tui en 1829? Pois iso foi o que fixo Alberto Fortes no seu libro A VIAXE XEOMÉTRICA DE DOMINGO FONTÁN, unha obra que combina ficción e realidade publicada en 2021. Recuperámola no #laioventolembra desta semana
December 19, 2025 at 5:34 AM
No #laioventolembra desta semana recuperamos o libro OS MONOS DE LAXEIRO. OBRA HUMORISTA EN PRENSA, un volume publicado en 2018 que xunta os debuxos publicados nos xornais por este pintor entre 1928 e 1930
December 12, 2025 at 5:39 AM
No #laioventolembra desta semana recuperamos o libro de Xosé Manuel Beiras NUREDÍN O TAXISTA E AMEDINE O PINTOR. CRÓNICAS E FIGURACIÓNS DUN TRANSMUNDO COLONIAL, unha obra que publicamos en 2019. Un conxunto de textos escritos a raiz de duas xuntanzas do Consello Internacional do Foro Social Mundial
December 5, 2025 at 7:56 PM
No #laioventolembra desta semana recuperamos a tradución dun clásico: A GUERRA DA GALIA, de Galio Xulio César, en tradución de Alfonso Blanco Quintela. Publicado en 2019, con esta obra favorecemos que o público lector puidese dispor dun dos grandes clásicos da literatura universal en galego
November 28, 2025 at 4:27 AM
Aló van 50 anos da morte do ditador, infelizmente non podemos dicir a mesmo do franquismo, que segue demasiado presente entre nós. No #laioventolembra desta semana recuperamos o libro de Manuel Monge OS RESTOS DO FRANQUISMO EN GALIZA, publicado en 2020, que repasaba as pervivencias da ditadura
November 21, 2025 at 11:13 AM
Esta semana tomou posesión a nova presidenta de Irlanda, Catherine Connolly, e o seu apelido lembrounos outro dos grandes líderes da independencia irlandesa: James Connolly. Por iso no #laioventolembra recuperamos o libro NACIONALISMO E IMPERIALISMO, publicado en 1993 en tradución de Abel López
November 14, 2025 at 12:39 PM
No #laioventolembra desta semana recuperamos o libro de Emilio Xosé Ínsua DÍAZ CATRO: POETA EN FORMACIÓN (1914-1939), publicado no ano 2017 co gallo do Día das Letras Galegas dedicado a Xosé María Díaz Castro. O libro estuda unha primeira etapa deste autor, diferente do seu galeguismo posterior
November 7, 2025 at 3:20 PM
No #laioventolembra desta semana recuperamos o libro de Borxa Commenero VIDAS CULPÁVEIS. O CONTROLO NEOLIBERAL DO CRIME, un volume publicado en 2017
October 31, 2025 at 10:11 AM
No #laioventolembra desta semana recuperamos o libro de Camilo Nogueira A ROTA DO SOL. UNHA MIRADA NO QUE PASA, unha obra publicada en 2011 que trataba o estado da cuestión nacional e do mundo naquel tempo de crise económica e política
October 24, 2025 at 9:36 AM
No #laioventolembra desta semana recuperamos o libro de Francisco Xavier Redondo Abal ARELAS DE LIBERDADE NA GALIZA. GALEGOS PERANTE O TRIBUNAL DE ORDE PÚBLICA, un libro que publicamos en 2017 e que estuda a represión do TOP no noso país. O TOP desapareceu en 1977 para dar paso á Audiencia Nacional
October 17, 2025 at 8:26 AM
No #laioventolembra desta semana recuperamos o libro do profesor Manuel Ferreiro EDUARDO PONDAL, O CANTOR DO EIDO NOSO, un libro publicado en 2017 co gallo do centenario do pasamento de Eduardo Pondal
October 10, 2025 at 12:54 PM
No #laioventolembra desta semana recuperamos o libro de Javier del Valle-Inclán Alsina RAMÓN DEL VALLE-INCLÁN. ENTRE GALIZA E MADRID (1912-1925), un libro publicado en 2016 no que se detalla a andaina de Valle neses anos
October 3, 2025 at 8:18 AM
No #laioventolembra desta semana recuperamos o libro coordinado por María Xosé Agra Romero CORPO DE MULLER, publicado en 1997. Este libro achegábase a problemas como a persecución do corpo, a politización do sexo, a democracia e a xustiza e á imaxe da muller que agochan os contos fantásticos
September 26, 2025 at 8:25 AM
No #laioventolembra desta semana recuperamos o libro de Mercedes Queixas Zas RAMÓN PIÑEIRO. A EXPRESIÓN CULTURAL DUNHA ESTRATEXIA POLÍTICA, unha obra que publicamos en 2009 co gallo do Día das Letras Galegas dedicado a Ramón Piñeiro
September 19, 2025 at 8:51 AM
No #laioventolembra desta semana recuperamos o libro de Xavier Seoane A DAMA DA NOITE, publicado no ano 2013, tal e como o definiu no seu día o crítico Ramón Nicolás "a primeira biografía ficcional de Rosalía de Castro"
September 12, 2025 at 9:26 AM
Recuperamos no #laioventolembra desta semana o libro de Xosé Manuel Beiras EXHORTACIÓN Á DESOBEDIENCIA, unha obra que publicamos en 2013 que recolle o pensamento sociopolítico de #Beiras máis recente
September 5, 2025 at 6:56 AM
No #laioventolembra desta semana recuperamos o libro de Francisco Sampedro A VIOLENCIA EXCEDENTE, que publicamos en 2006. Esta obra non trata de todo o fenómeno da violencia, limítase a analizar toda esa agresividade desproporcionada e irracional que o autor cualifica de violencia excedente
August 22, 2025 at 6:33 AM
No #laioventolembra desta semana recuperamos o libro de Rafael L. Ninyoles IDIOMA E PODER SOCIAL, un libro publicado en 2005
August 15, 2025 at 6:39 AM
No #laioventolembra desta semana recuperamos o CURSO DE LINGÜÍSTICA XERAL, de Ferdinand de Saussure. En tradución de Xosé Manuel Sánchez Rei, autor tamén do estudo introdutorio deste clásico
August 8, 2025 at 8:12 AM
Rescatamos no #laioventolembra desta semana a obra de Voltaire EXAME IMPORTANTE DE LORD BOLINGBROKE OU A TUMBA DO FANATISMO, un libro publicado en 2005 en tradución do francés de Rafael Álvarez Blanc, todo un chamamento á tolerancia no ámbito da relixión
August 1, 2025 at 9:20 AM
No #laioventolembra desta semana, e coincidindo co #DíadaPatria2025, recuperamos o libro de Uxío-Breogán Diéguez Cequiel NACIONALISMO GALEGO DE AQUÉN E ALÉN MAR. DESARTICULACIÓN, RESISTENCIA E REARTICULACIÓN (1936-1975), unha obra que publicamos en 2015
July 25, 2025 at 9:47 AM
No #laioventolembra desta semana rescatamos o libro do profesor Francisco Salinas Portugal ENTRE O PRÓSPERO E CALIBAN. LITERATURAS AFRICANAS DE LÍNGUA PORTUGUESA, publicado en 1999 na colección 'Vento do Sul'
July 18, 2025 at 7:10 AM
No #laioventolembra desta semana recuperamos o libro de 2005 Á MAN ESQUERDA, onde Marcos Mariño Beiras e Araceli Varela Sánchez entrevistaron a oito relevantes pensadores da esquerda. Seguen vixentes as diagnoses vinte anos despois? Animádevos a (re)ler o libro e comprobalo
July 11, 2025 at 2:00 PM
No #laioventolembra desta semana recuperamos unha obra dun dos sociólogos contemporáneos máis influentes: en 2004 publicamos o volume de Pierre Bourdieu O CAMPO LITERARIO, en tradución de Carlos Pérez Varela
July 4, 2025 at 8:01 AM